Enlaces o Documental por Capitulos :
CAPITULO 1/5 https://www.youtube.com/watch?v=3kbOY6P5vDECAPITULO 2/5 https://www.youtube.com/watch?v=BkEQ7kGDhdg
CAPITULO 3/5 https://www.youtube.com/watch?v=7OzPCp42J58
CAPITULO 4/5 https://www.youtube.com/watch?v=vqgRSGW7Ut4
CAPITULO 5/5 https://www.youtube.com/watch?v=I_nTnFzruc4&feature=youtu.be
Siguenos en Facebook https://www.facebook.com/GalizaOficial/
Suscribete a nosa canle https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
A HISTORIA
O Cason foi un cargueiro panameño que o 5 de decembro de 1987, mentres navegaba fronte as costas galegas, sufriu un accidente por mor dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco terminou varando nas costas de Fisterra, na punta do Castelo da praia do Rostro, e morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.FACEBOOK GALIZA https://www.facebook.com/GalizaOficial/
O Cason foi un cargueiro de bandeira panameña o 5 - 12- 1987 , cando navegaba fronte as costas de Galiza , sufre un accidente causa dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco terminou varando nas costas de Fisterra, na punta do Castelo da praia do Rostro, e morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.
- VER CAPITULO 1/5 DO DOCUMENTAL -
Características
O barco fora botado en 1969. Tiña unhas dimensións de 137 metros de eslora e 21 metros de manga. Navegaba desde Rotterdam ó porto chinés de Shangai transportando unha carga de 1.100 toneladas de produtos químicos, distribuídos en 5.000 bidóns, sacos e contedores, clasificados como inflamables (xileno, butanol, butil de acrilato, ciclohexanona, sodio), tóxicos (aceite de anilina, difenilmetano, ortocresol, dibutilfalato, formaldehido) e corrosivos (ácido fosfórico, anhídrido alifático), que se embarcaran nos portos de Hamburgo e Antuerpen e a propia Rotterdam.
- VER CAPITULO 2/5 DO DOCUMENTAL -
O accidente
A solicitude de socorro foi lanzado ás 7:45 horas da mañá e atendida pola Axudantía de Mariña de Corcubión. Ás 10:30 chegaron xunto ó barco os servizos de salvamento, cando xa estaba a unhas cinco millas da costa, e observaron unha columna de fume que xurdía dunha das súas adegas. Os mariñeiros saltaran á auga e comezaron a recollerse os primeiros oito cadáveres.Ás 8 da tarde embarrancaba preto da praia do Rostro, na contorna da Punta do Castelo , sospeitouse que o barco foi encallado deliberadamente polo remolcador español Remolcanosa 5, despois de que o armador se negase a responder economicamente do custo do rescate .
- VER CAPITULO 3/5 DO DOCUMENTAL -
Nas poboacións costeiras xorde inmediatamente a inquietude ante o descoñecemento das características da carga que transportaba. O capitán, único membro da tripulación que coñecía esta información, morrera nas primeiras horas do accidente. O xefe de máquinas advertíu da existencia de bidóns marcados co símbolo de produto tóxico da clase 6 . O feito de que os mariñeiros saltaran á mar en vez de permanecer a bordo, tendo en conta que o incendio era local e non semellaba de gravedade, facía pensar nun grave perigo da posible explosión do barco e da súa carga. Todo o anterior, unido á falta de información oficial e ó confuso que era a información existente, fai que nas vilas próximas se sucedan as asembleas populares pero non serven para dar a información que esixen os veciños nin moito menos para tranquilizalos. O gobernador civil da Coruña, Andrés Moreno Aguilar, insistía en que a situación estaba controlada pero, simultaneamente, a Consellería de Educación ordenaba suspender as clases nos colexios da zona.
A mesma falta de información sobre as características da carga e sobre as causas do incendio afecta tamén ás autoridades, que non teñen elementos para adoptar decisións sobre o rescate. O que publican os medios, moitas veces contraditorio, tamén colabora fomentar a confusión e a desconfianza entre os veciños.
- VER CAPITULO 4/5 DO DOCUMENTAL -
Cando por fin se coñeceu o manifesto de carga, o día 7, cos produtos transportados e as súas cantidades exactas, tampouco se conseguiu tranquilizar á poboación, estendéndose os rumores da posible existencia de armas químicas ou materiais para fabricalas, ou mesmo material radioactivo. Anos despois, o propio Xosé Manuel Beiras Torrado, daquela parlamentario do BNG, dicía nun programa de televisión que "Aínda hoxe non se sabe se había elementos radioactivos dentro do Casón" (TVG: A caixa negra, 2009). Para xestionar a recollida da carga, veñen varios expertos holandeses mandados pola Unión Europea , pero os políticos locais e algúns medios de comunicación cuestionaron a súa experiencia e a veracidade da información que proporcionaban.
Durante os días 9 e 10, os remolcadores Punta Salinas e Alonso de Chaves comezaron a retirar bidóns das adegas do barco. O día 10 empeorou o tempo e as ondas terminaron por mollar a carga que aínda permanecía no barco e, con ela, os bidóns de sodio. O sodio, en contacto coa auga, dá lugar a sosa cáustica e libera hidróxeno, que é inflamable e explosivo. Iso explica que comezaran a producirse numerosas explosións no barco e un violento incendio que provocou unha grande alarma social ante a posibilidade de que a nube tóxica que se formou sobre o barco e que avanzaba cara a costa puidese caer sobre os habitantes dos pobos costeiros. A TVG retransmitiu o momento en directo.
Inmediatamente, o medo ante as explosións e a densa nube que se levantaba do barco apoderouse da maioría dos veciños e moitos deles abandonaron a zona cara o interior. As informacións confusas que daban as autoridades nacionais, autonómicas e locais e os medios contribuíron a crear unha situación que se deu en chamar de "histeria colectiva".
- VER CAPITULO 5/5 DO DOCUMENTAL -
Por fin, na noite do día 10, o Goberno central, de Felipe González, e mais o galego, presidido por Fernando González Laxe, que acababa de tomar posesión había poucas semanas, decidiron evacuar a poboación de Fisterra, Cee e Corcubión (unhas 15.000 persoas) cara á Coruña, Santiago de Compostela etc. . Domingo García-Sabell, entón delegado do Goberno en Galicia, afirmou que non se sabía a toxicidade das emisións que saen do barco pero que a posibilidade de que sexa tóxico aconsellaba tomar esa medida, e anunciou o envío de 300 autobuses (cifra que prometeu aumentar a 700 se fixeran falta). En calquera caso, os veciños de Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía, Camariñas etc. comezaron a abandonar as súas casas polos seus propios medios cara distintas poboacións do interior, nunha fuxida masiva durante unha noite caótica que provocou numerosos problemas de circulación; mesmo houbo quen escapou nos barcos pesqueiros. Só tres horas despois de comunicar a necesidade de evacuar a zona, o Goberno anulouna explicando que novas análises demostraran que non existía ningún perigo para as persoas: os niveis de contaminación non eran tóxicos, asegurou. Como era esperable, a coexistencia destas mensaxes contraditorias por parte das autoridades non fixo senón incrementar a desconfianza.
Nos días seguintes foise recuperando a tranquilidade e os veciños foron regresando paulatinamente ás súas casas, aínda que primeiro o fixeron os adultos, deixando os meniños nos distintos puntos de acollida .
"Estoy contenta de
haber podido volver a casa. Cuando nos marchamos mi marido y yo,
teníamos la sensación de que no íbamos a poder volver a nuestra casa.
Pensábamos que el barco podría explotar y que esta zona podía quedar
contaminada y que no podríamos volver en varios años. No entiendo cómo
no ha habido ninguna autoridad que informara claramente de lo que
podíamos y de lo que no podíamos hacer"
Anos despois correron os rumores de que aumentaran considerablemente os casos de cancro
entre os habitantes da zona, especialmente o cancro de estómago, pero
ningún estudo conseguiu evidenciar nin o incremento desta patoloxía nin
que os casos que se deron tivesen relación co Cason.
El País, 13.12.1987.
Retirada dos bidóns recollidos
Durante os primeiros días sacáronse do barco 255 bidóns de distintos produtos que se almacenaron no porto de Brens, en Cee, pero o Goberno central decidiu levar a carga lonxe, ante a sensibilización da poboación. O destino inicialmente previsto foi unha base que o Exército tiña en Parga, no concello de Guitiriz, unhas antigas instalacións militares nas que a carga tóxica estaría segura.Os veciños de Guitiriz tampouco aceptaron ser o depósito dos bidóns tóxicos e interceptaron o convoi, que viña protexido pola Garda Civil, colocando barricadas nas estradas e parándose diante dos camións , polo que se decidiu entón trasladar a carga ó peirao de Alumina-Aluminio (hoxe Alcoa) en San Cibrao.
Ó ser rexeitada a carga en Alúmina-Aluminio, os camións foron descargar ó porto de Morás, en Xove, onde se repetiron as protestas e as concentracións de veciños.
Ó ser rexeitada a carga en Alúmina-Aluminio, os camións foron descargar ó porto de Morás, en Xove, onde se repetiron as protestas e as concentracións de veciños. Finalmente a carga foi embarcada o día 12 no barco Galerna e trasladada a Antuerpen, onde foi descargada sen que se producise conflito ningún . A citada reportaxe sobre o informe da Comisión parlamentaria concluía dicindo que "la comisión, con todos sus parlamentarios, que son nuestros representantes democráticos, desconoce hoy día la carga exacta del Cason y duda que la Administración sepa más que ellos" .
Conflito laboral en Alúmina-Aluminio
Na noite do día 11, o Gobernador Civil de Lugo comunica ó director da empresa que ía recibir unha "carga reservada" que sería cargada nun barco á medianoite dese mesmo día. Os camións non chegaron ata as 8:45 horas do día 12 e do barco non se sabía aínda nada, e o director da planta, cando comprobou que o que transportaban os camións se trataba da carga do Casón prohíbe a súa entrada nas instalacións, e quedan aparcados a uns 600 metros da entrada, cerca do porto de Morás.Na factoría reprodúcense os enfrontamentos e o Comité de Empresa acorda rexeitar a entrada dos camións, para o que coloca maquinaria pesada obstruíndo os accesos, á vez que ameaza con impedir que o Goberno Civil use o porto con este fin e co abandono das instalacións polos traballadores Os intentos da dirección, de membros de Protección Civil e do mesmo Gobernador Civil en persoa, desplazado ante o Comité, de obxectivizar o risco (os produtos transportados nos bidóns non representaban perigo ningún) foron infrutuosos, así como as propostas ó gobernador de efectuar a carga no porto de Morás ou noutros portos próximos (ó que opoñen terminantemente as autoridades locais correspondentes).
Finalmente, na mañá do día 13 parece chegarse ó acordo de facer a carga en Morás, sen entrar na factoría nin usar o porto da empresa, sen necesitar que ningún dos operarios da empresa tivesen que intervir na operación da carga no barco. Non obstante, na mañá do día 14, cando os camións se poñen en marcha, os traballadores abandonan a fábrica sen cubrir os servizos mínimos. Os mandos da planta intentan manter as cubas en funcionamento.
Con toda a rapidez posible o Galerna entra no porto de Morás e remátase a carga ás 21:30 horas, para abandonar o porto menos de unha hora despois. O xefe de Protección Civil expide un certificado de non contaminación. Pero aínda así, os traballadores non se reincorporan ós seus postos pois esixen que non se tomen represalias nin se lles desconten as horas non traballadas, condicións que a dirección da empresa non acepta, á vez que advirte que a situación das cubas é crítica e que existe o perigo de paralización. As negociacións sucédense durante toda a mañá do día 15, sen que ninguén se reincorpore ó traballo, e prodúcese a paralización, apagándose liñas que alimentan as cubas de electrólise sen aplicar o procedemento de parada establecido, polo que o aluminio se solidifica no seu interior.
O custo da avaría provocada e os derivados de poñer de novo a factoría en funcionamento estimouse en máis de 20.000 millóns de pesetas, aínda que a aseguradora estatal Musini só recoñeceu 3.300 millóns. Unha vez paralizada irreversiblemente a liña de fabricación, a empresa endurece a súa postura e adopta medidas disciplinarias: o despido de 111 traballadores por non prestar os servizos mínimos necesarios e apertura de expediente disciplinario ós 23 membros do Comité de Empresa, que tamén se resolveu no seu despido, neste caso, procedente.
Un dos membros do Comité explicaba anos despois que a empresa aproveitou a ocasión para desfacerse do Comité e acabar co conflito laboral que viña xestándose desde un ano antes para evitar unha reconversión
En 2008, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha iniciativa proposta polo BNG un recoñecemento explícito do labor sindical dos 23 despedidos .
Final do Cason
O barco foi parcialmente despezado no lugar onde varou, aínda que boa parte da súa estrutura permanece aínda baixo as augas da praia do Rostro. Unha áncora do Cason foi colocada no peirao de Fisterra .SIGUENOS EN FACEBOOK : https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN SUSCRIBETE A NOSA CANLE EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Ningún comentario :
Publicar un comentario