CABO VILAN , CAMARIÑAS ( COSTA DA MORTE )
O cabo Vilán é un cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas. O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é Monumento Natural. Con todo, a escasa distancia do cabo hai instalado un parque eólico e unha piscifactoría de cría de rodaballo.
VER OUTRO VIDEO ¡ ,
O faro de cabo Vilán sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis fermosos. Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar os 55 km. É o faro eléctrico máis antigo de España.Piscifactoría de rodaballo no cabo.
Para acceder ao cabo hai que ir dende A Coruña a Vimianzo pola C-552 e desviarse pola AC-432 ata Camariñas. Hai unha estrada desde o porto de Camariñas ao faro. Outra ruta costeira, desde Arou e Camelle, percorre por pista de terra por unha das paraxes máis agrestes e fermosas da costa galega.
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/ E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

Ningún comentario :
Publicar un comentario