UNHA VIAXE POR GALIZA
Realizado en tres etapas, entre 1953 e 1958, na medida en que o autor viaxaba a Galicia e ía recompilando material. A película arranca en Bos Aires, sendo unha excursión polas catro provincias galegas, onde non faltan festas e romarías. Restaurado polo CGAI.
https://www.youtube.com/watch?v=dnnyICQQiSI
Manuel Arís Torres naceu en Poio o 26 de setembro de 1920, os nove anos
emigra cos seus pais a Montevideo, fai estudos de torneiro e colabora no
Centro Galego.Coñece ó cineasta uruguaio Daniel Spósito Pereira
colaborando na realización de dúas películas: El pibe Carlitos (1950) e
El desembarco de los treita y tres orientales (1952). Entre 1952 e 1973
coordinará o programa de radio “ Por los caminos de España”. Elabora
documentais realizados nas viaxes a España e Galicia que terán grande
éxito na poboación emigrante de Uruguai e Arxentina.Ten catalogadas
preto de cincuenta documentais relacionados con Galicia. Os máis
importantes son: CAMINO DE ESPAÑA EN EL URUGUAY(1954-1959) recolle
actividades festivas dos emigrantes galegos en Montevideo, UN VIAJE POR
GALICIA (1953-1958) guía audiovisual polas catro provincias con festas,
romarías e espectáculos incluídos, POR LOS CAMINOS DE ESPAÑA (1959)
escenas mariñeiras e agrícolas e vistas de distintas vilas comezando por
Galicia e continuando por diversa provincias españolas, TIERRA DE
NUESTROS MAYORES (1959) a película e un semidocumental, pois conta con
varias escenas interpretadas por Amalia Sánchez Ariño e por Francisco
Fernández.Ten como sipnose a chegada de América do fillo rico co obxecto
de visitar a súa nai na Galicia, feito adornado con imaxes de paisaxes e
vilas. O Concello de Poio fixo unha homenaxe a Manuel Arís consistente
na proxección de dúas películas os días 10 e 11 de agosto de 1997.
No vídeo unha selección da longametraxe UNHA VIAXE POR GALIZA con imaxes da Lanzada, Portonovo, Sanxenxo e Combarro. É pena a mala calidade da copia.
No vídeo unha selección da longametraxe UNHA VIAXE POR GALIZA con imaxes da Lanzada, Portonovo, Sanxenxo e Combarro. É pena a mala calidade da copia.
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Ningún comentario :
Publicar un comentario