GALIZA

mércores, 1 de marzo de 2017

QUEN FOI ... ISAAC DIAZ PARDO ?

ISAAC DIAZ PARDO



 

 Isaac Díaz Pardo naceu en Compostela en 1920. A súa educación estivo marcada polo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento (Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, Risco...), reunidos no obradoiro do seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño (membro activo das Irmandades da Fala asasinado en 1936), ou na imprensa de Ánxel Casal, amigo da familia. O seu compromiso con Galiza iníciase en 1936, cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.
 
   Entre 1939 (ano en que gaña unha bolsa de Artes Plásticas da Deputación Provincial da Coruña) e 1942, estudiou Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid, participando nunha experiencia pioneira sobre deseño industrial. Completaría a súa formación cunha viaxe de final de carreira a Italia. Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría (en pleno recoñecemento do seu labor) en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internacionalización da nosa cultura e, por outro, a rexeneración da desarticulada historia do noso país. Con todo, a pintura vai continuar presente no seu labor creativo posterior (escenografías, obra gráfica...)
     Un ano antes puxera xa en andamento unha pequena fábrica de cerámica no Castro de Samoedo (Sada - A Coruña), explotando as materias primas do primitivo complexo de Sargadelos (Cervo - Lugo) creado no século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez.
     En Arxentina, a onde se dislocou por primeira vez en 1955, coñeceu os galeguistas exiliados. Alí montou unha nova fábrica de cerámica e entablou amizade con Luís Seoane e a revista Galicia Emigrante, en que participaría co pseudónimo Ollarnovo.
     Desde este momento, Seoane convertiuse nun estreito colaborador nas iniciativas culturais e empresariais do compostelán. Así, co apoio de outros galeguistas (Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco-Amor, Laxeiro...), fundaron en 1963 o Laboratorio de Formas, ao que se incorporaría posteriormente o arquitecto Andrés Albalat. Desde esta institución irían tomando forma proxectos como o Complexo Industrial Sargadelos (en convenio con Cerámicas do Castro) e Ediciós do Castro (ambos en 1963), o Real Patronato de Sargadelos (encargado da protección do recinto do primitivo complexo, declarado en 1972 conxunto histórico-artístico), o Museo Carlos Maside (1970), o Instituto Galego de Información (a partir dunha idea do xornalista Lorenzo Varela) ou o novo Seminario de Estudos Galegos.
 Isaac Díaz Pardo naceu en Compostela en 1920. A súa educación estivo marcada polo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento (Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, Risco...), reunidos no obradoiro do seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño (membro activo das Irmandades da Fala asasinado en 1936), ou na imprensa de Ánxel Casal, amigo da familia. O seu compromiso con Galiza iníciase en 1936, cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.   A inxente actividade rexeneradora promovida por Isaac Díaz Pardo atinxe todo tipo de actos e iniciativas en que se plasma a súa idea, afastada das visións folcloristas, dunha nación galega proxectada cara o futuro.
     No campo literario, o labor do galeguista non se limitou a soster unha plataforma editorial: el propio cultivaría varios xéneros, desde o teatro, a crítica e o ensaio ou os cartaces de cego, para alén dunha continuada presenza nos medios xornalísticos.
     En xaneiro de 2007 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.


SUSCRIBETE A ESTA CANLE PARA VER MAIS VIDEOS SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/ E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

Ningún comentario :

Publicar un comentario