En 1866 inaugurouse o Faro Silleiro, situado no Cabo Silleiro. O primeiro combustible que utilizou foi unha lámpada de mecha de aceite vexetal e en 1909 pasou a funcionar cunha lámpada de petróleo. En agosto de 1924 inaugurouse o novo edificio que albergaría o faro a 85 m. no alto da montaña. Este edificio ten planta rectangular e na súa fachada oeste está a torre do faro, que desde 1960 ten unha lámpada de 3.000 w. Que se pode ver a 40 millas se o tempo está despexado. Ademais da sirena ten un emisor eléctrico de 200 millas de alcance. Hoxe é un dos puntos principais de orientación dos navíos que sucan as augas.
Dende o centro de Baiona hai unha estrada que leva a Baredo e a 5 km está o desvío que leva ao miradoiro.
Distancias dende os principais puntos de Galiza .
Ourense : 117 Km | Lugo : 212 Km | Vigo : 21 Km | Pontevedra : 55 Km | A Coruña : 176 Km | Santiago de Compostela : 114 Km | Ferrol : 209 Km |
NON ESQUEZADES FACERVOS FAN EN FACEBOOK DA NOSA PAXINA
https://www.facebook.com/GalizaOficial/

Ningún comentario :
Publicar un comentario