GALIZA

sábado, 30 de xaneiro de 2016

Torre de Hercules - A Coruña





A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña , que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Está nun cabo.
O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade  en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago , a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Compostela



v
A Torre de Hércules foi construída polos Romanos  como faro de navegación a finais do seculo I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio, arquitecto de Aemenium (hoxe Coimbra). Paulo  menciónaa no Seculo V d.C. ("Secundus angulus circium intendit ubi Brigantia, Gallaeciae civitas sita, altissimam pharum e inter pauca memorandi operis as speculam Britanniae erigit"). A torre perdeu, posibelmente, o seu uso marítimo durante a Idade Media ao se converter en fortificación e caeu na ruína no medio das desputas entre o Conde de Traba e o Arcebispo Xelmirez pola súa propiedade que lle fan perder, entre outras cousas, o muro exterior. En 1537 reparáronse a porta e a escaleira de acceso e asignáronselle vixías; en 1553 o concello ditou normas contra a utilización das súas pedras para outras edificacións.

En 1632 o Duque de Uceda, capitán xeral de Galiza, encargoulle a restauración do que se coñecía como "Castelo Vello" (o que parece indicar que se aproveitou militarmente) ao arquitecto coruñés Amaro Antune , quen construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde situou dúas pequenas torres para soportar os Fanais. Estes pagáronos os cónsules de Inglaterra, Paises Baixos e Flandes a cambio da concesión do cobro dun imposto aos barcos que aportaban á cidade. Os fanais funcionaron deficientemente e en 1769 un raio acabou co último.
No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1778 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio  no estilo neoclasico . A torre era, antes de acometer a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que o percorrían ata o piso superior, e un mordente helicoidal que tamén chegaba ata o alto. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración do edificio, harmonizándoa na súa decoración cos marcos superiores de portas e xanelas. Dous anos despois de rematar as obras, Eustaquio Giannini presentou un proxecto para construír un acceso e unha plataforma arredor do faro, que só se remataron a mediados do seculo XIX
Desde entón non se volveu mudar a aparencia da torre e só se modificou a lanterna coa instalación dun fanal xiratorio e o acceso a este. No interior fixéronse falsos teitos e cubríronse as paredes de papel. En 1993 elimináronse todos os engadidos interiores.
A HISTORIA DE MARIA PITA

NON ESQUEZADES FACERVOS FAN EN FACEBOOK DA NOSA PAXINA
https://www.facebook.com/GalizaOficial/

Ningún comentario :

Publicar un comentario