O botafumeiro é un grande incensario, o maior do mundo, feito de latón bañado en prata, que pesa 62 kg baleiro e mide 1,50 m de altura e 59 cm de diámetro na parte máis ancha. Orixinalmente pesaba 60 kg, pero en 2006 engadíuselle un baño de prata que fixo aumentar a súa masa ata os 62 kg actuais .
A corda que o suspende, atada do ciborio da catedral, é, desde o 2007, dun material sintético, mide 65 metros, ten 5 cm de diámetro e pesa 90 kg; foi doada por unha fábrica de cabos e redes de Alacant para substituír á anterior, de 2004, doazón de Pescanova . Anteriormente as cordas facíanse de cánabo ou de esparto.
O Museo da Catedral posúe un segundo botafumeiro que é réplica do anterior, todo en prata, e que foi unha doazón da irmandade de Alféreces Provisionais en 1971. En 1985, con ocasión da cesión do botafumeiro para a exposición "Mil años del Camino de Santiago", dentro da mostra Europalia 85 celebrada en Gante (Bélxica), este segundo substituíu ó orixinal. Aínda existe unha terceira copia, propiedade particular dun ourive compostelán que o expón no seu negocio.
Funcionamento

Habitualmente, o botafumeiro consérvase na biblioteca capitular do Museo da Catedral,
pero en determinadas ocasións utilízase dentro da catedral: días
sinalados do calendario litúrxico (25 días ó ano, como mínimo), visitas
altas dignidades ou cando os grupos de peregrinos pagan a taxa
establecida polo cabido.
.
.
O movemento do botafumeiro pode acadar os 68 km/h no seu desprazamento polo transepto da catedral, dende a porta da Acibechería ata a porta de Praterías, describindo un arco de 65 metros e con alturas máximas de 21 metros (un ángulo de 82º). Para chegar a esa máxima altura cómpren 18 percorridos completos, e aproximadamente 80 segundos de esforzo.
Historia
A tradición sinala que o uso do incensario na catedral de Santiago
comezou co obxectivo perfumar o peregrinos, cansos, sucios e moitos deles enfermos [4], pero semella máis probable que nacese coa función litúrxica e cerimonial que é propio a estes útiles polo poder evocador do incenso, común en moitas relixións e ritos durante os momentos de oración cando se procesionan as reliquias.
templo e retirar o mal olor que deixaban os
templo e retirar o mal olor que deixaban os
Xesús Carro García, 1933
Sistema de poleas
"lo mucho que conuenía
que las Rejas de la capilla mayor y las del choro se dorasen, y el
Çimborio se limpiase, dorase y asease y juntamente se quitasen las bigas
del ynçensario y hiziese algun jngenio como estuviese mas galán y
vistoso"
Trala caída do botafumeiro en 1622 non hai datos nos arquivos da Catedral sobre se se restaurou ou se fixo un novo, pero unha nota de 1673 recolle o pago de 164 reais "por
una guindaleta nueba para el Yncensario, que pesó 48 libras, e rraçon
de tres Reales y quartillo y ocho de porte desde Pontevedra a Santiago", e outra de 1729 pola que se pagan 360 reais "por estañar y componer el encensario grande".
Xesús Carro García, 1933
O incensario, feito enteiramente en prata , roubárono as tropas de Napoleon en abril de 1809 Non se sabe de certo pero parece ser que se substituíu por outro de ferro, e en 1812 consta un pago de 120 reais "al calderero por la composición del Incensario grande", e en 1846 outra nota recolle o feito de "componer el incensario grande".
En 1852 , o xornalista compostelán Neira de Mosquera publica un interesante artigo no Semanario Pintoresco Español, no que dá noticia dun novo incensario "de latón plateado, así como el antiguo era de hierro". Este novo botafumeiro, de 1851 , foi creado polo ourive compostelán Xose Losada . Carro García non atopou nada nos arquivos da catedral sobre o encargo, entrega ou valor deste novo incensario, aínda que si algúns pagos relacionados co incensario grande en 1850 e 1852, e engade:
"E sendo iste
Botafumeiro, por decil-o ansí, d'onte, ou sexa de meiados do século XIX,
non pode documentarse suficientemente. Non comprendemol-a falla de tal
documentazón no Arquivo da nosa Catedral Compostelán"
A última reparación realizouse sobre o botafumeiro en 2006 cando un obradoiro madrileño lle deu un novo baño en prata, dunhas 20 micras, que porén fixo aumentar o peso da peza en 2 kg.Accidentes

Producíronse diversos accidentes ó longo da historia. Un dos máis sonados sucedeu durante a visita en 1499 da princesa Catarina de Aragón , filla dos Reis Catolicos , cando ía embarcarse na Coruña para contraer matrimonio con Principe de Gales Parece ser que o botafumeiro se desprendeu e saíu despedido a través da porta de Praterías, sen que ninguén resultase ferido.
"...y assi andaba, que
casi llegaba de la vna puerta del Crucero a la otra, y andando assi se
le quebraron las cadenas en que andaba colgado, y si como tiraran vna
bombarda salio sin derramar vna sola asqua por la puerta de la Iglesia,
donde se hizo pedazos, y se vertió toda la lumbre que en él estaba sin
hazer mal a ninguna persona"
Suponse que axiña fixeran outro novo incensario, porque co inventario de 1529 volve recollerse "yten el ynçensario grande que corre a las procesiones solempnes".
Xesús Carro García, 1933
De novo, o 23 de Maio de 1622 , en ocasión dunha misa solemne na que se sacou en procesión o Lignum crucis, rompeu a corda e o botafumeiro caeu en vertical, atravesando o entarimado que se instalara para as festas do Corpus. A crónica engade que:
"Túuose esto por
evidente milagro del Santo Apóstol, porque a qualquiera parte que
desviara, por poco que fuera, era cosa ymposible que dejara de matar, y
herir muchas personas, por hauer grande concurso de gente, y lo que más
admira es, que cayendo a los pies de los tiradores, que están siempre
perpendicularmente debajo de la rueda, y siendo cuatro, a ninguno tocó
ni en el pelo de la ropa. Mirabilis Deus in Santis suis"
As cordas ou outros elementos de seguridade fallaron máis veces, coma en 1925 e o 26 de Xullo de 1937 , pero nunca se produciron feridos.
Xesús Carro García, 1933
NON ESQUEZADES FACERVOS FAN EN FACEBOOK DA NOSA PAXINA
https://www.facebook.com/GalizaOficial/


Ningún comentario :
Publicar un comentario