GALIZA

domingo, 31 de xaneiro de 2016

QUEN FOI ZAPATONES

QUEN FOI ZAPATONES 

Juan Carlos Lema Balsas , comunmente coñecido coma Zapatones, supostamente nado na Ponte do Porto Camariñas en 1954 ,  e falecido o 15 de maio de 2015  en Pontevedra, foi unha personalidade do espectáculo de Galiza , famoso pola súa presenza continuada na Praza do Obradoiro  caracterizado coma peregrino .

Traxectoria

De pais descoñecidos, Juan Carlos Lema foi abandonado cando era un bebé. Levárono á Casa Cuna da Coruña , das Irmás da Caridade, onde estivo ata os seis anos. A continuación pasou ao Colexio Salesiano desa cidade, e posteriormente ao localizado na parroquia de Castrelo , en Cambados . Así mesmo, estivo preso por furtos e por desacato durante o servizo militar.
En 1993  co gallo do Ano Xacobeo, comezou a traballar en Compostela disfrazado de peregrino, de forma continuada, e facendo fotografías cos turistas , empregando sempre o mesmo disfrace e deixando medrar a barba. Desempeñou este oficio durante practicamente dúas décadas, ata 2011 . En decembro dese ano, este veciño do barrio de Sar foi desafiuzado da súa casa e ingresou nun centro de rehabilitación para tratar os seus problemas de alcoholismo


O personaxe de Zapatones

 

Sobre a súa fixación por Santiago de Compostela , orixinouse mentres traballaba de camareiro nun restaurante de Cambados:
Zapatones (Santiago de Compostela).jpg'' Cuando trabajaba en el restaurante Fariña hice mi primera peregrinación con el hijo de los dueños del local. Fue un solo día, y desde Cambados, pero me atrapó. Después, al salir de la cárcel militar, andaba de parra en parra, y un día en Santiago, mirando a la Catedral, lo pensé. Resulta que Daniel Otero, un comerciante que estaba cerca de Platerías, tenía un muñeco vestido de peregrino. Le pedí el traje, y así fue... Una de sus nueras, Marisa, me decía "eres un zapatones", y me gustó. De este modo logré ganarme honradamente la vida y empecé a sentir que la sociedad me abría, por fin, las puertas. No pedía nada, pero la gente me daba dinero por hacerse fotos conmigo, y me dejé la barba.''

NON ESQUEZADES FACERVOS FAN EN FACEBOOK DA NOSA PAXINA
https://www.facebook.com/GalizaOficial/


 

Ningún comentario :

Publicar un comentario