GALIZA

xoves, 25 de febreiro de 2016

iLLAS SISARGAS



MAIS FOTOS EN ; 


As illas Sisargas son un arquipélago galego sito no Océano Atlántico en fronte a Malpica en plena Costa da Morte formado por tres illas, Sisarga Grande, Sisarga Chica e Malante, que pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños, na provincia da Coruña.
As illas Sisargas están formadas por tres illas .

Xeografía
Illas Sisargas, Malpica de Bergantiños

 Distan uns 35 km da cidade da Coruña, sita máis a Leste, pero na mesma latitude; da capital municipal, Malpica de Bergantiños, a distancia é de aproximadamente 1 km. O grupo disponse a xeito dun L invertido e xirado, sendo a Sisarga Grande a máis occidental e setentrional; Malante ocuparía a posición central e angular; en tanto a Sisarga Chica, tamén denominada Atalaxeiro ten a posición meridional. Unhas doutras sepáranse por estreitas canles de mar (Canal de Estádiga entre as dúas primeiras; Canal de Esteirón, entre a Malante e a Chica). A máxima elevación pertence á Sisarga Grande con 92 m sobre o nivel do mar.

A importancia das Illas Sisargas está nas súas colonias de gaivota escura (Larus fuscus), gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e arao dos cons (Uria aalge), aves escasas en Galiza e na Península Ibérica e que teñen aquí unha das súas maiores colonias. Ademais existe unha importante poboación de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), andurón real (Tachymarptis melba), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax).



Foi o Padre Sarmiento, que as denomina Cisargas, o primeiro en lanzar a hipótese de que o nome das Sisargas estaba referido a Xulio César, quen como é sabido cara o ano 60 a.C., apresentouse na Gallaecia, e submeteu a súa parte Norte, aparecendo entre os ártabros, aos que, segundo as crónicas romanas, aterrorizaría coas súas naves, polo que se submeterían de contado aos romanos. Esta hipótese supón que o seu nome latino sería *insulas Caesaricas, en acusativo plural, develando o estadio lingüístico actual a influencia seseante.

MAIS FOTOS EN
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.974649752614931.1073741863.572703199476257&type=3

A NOSA CANLE DE YOUTUBE
https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg


Ningún comentario :

Publicar un comentario