
MAIS FOTOS AQUI : https://www.facebook.com/media/set/?set=a.974570539289519.1073741862.572703199476257&type=1
Fisterra (do latín finis terrae a "fin da terra" , é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra.
O topónimo ten orixe latina, de finis terrae (fin da terra). Antigamente pensábase que o cabo Fisterra era o punto máis occidental do mundo coñecido, ao veren as lexións romanas o afundimento do sol nas augas do océano Atlántico.
Antigos xeógrafos grecorromanos situaban aquí o Promontorium Nerium e o Ara Solis, o altar de culto ao sol construído polos fenicios e mandado destruír polo Apóstolo Santiago.

A tradición oral mistura lendas de temática relixiosa, marítima e pétrea, como as da ermida de San Guillerme, a Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra ou a cidade de Dugium.
Os peregrinos que fan o camiño de Santiago adoitan rematar aquí a súa viaxe.
A vila de Fisterra está formada por un núcleo antigo crecido en anfiteatro sobre o peirao.

O castelo de San Carlos foi construído a mediados do século XVIII dentro dun plan defensivo da ría de Corcubión xunto co castelo do Príncipe, en Ameixenda (Cee) e o castelo do Cardeal, en Corcubión.
Deseñado polos enxeñeiros Demaur e Exaccha, en 1757 iniciouse a súa construción, co reformulamento xeral, a explanación do soar, a cimentación sobre rocha a base de pedra e barro e un tramo de muralla. Ten forma irregular para adaptarse ao terreo rochoso sobre o que está asentado.
Foi rematado en 1767, por Real Orde de Carlos III. No asalto francés a Fisterra durante a Guerra da Independencia Española sufriu un incendio que conlevou a súa destrución. Ata entón contaba con tres frontes e unha nave interior coa dependencia do oficial, o cuartel e o polvorín. Posteriormente reformouse a nave central, e foi restaurado recentemente.


Ningún comentario :
Publicar un comentario