A súa orixe está no 10 de marzo de 1972 , cando a policía disparou contra a protesta dos obreiros Bazán nos estaleiros , alí coñeceron a morte os dirixentes do comité ferrolán Amador Rey, tamén resultaron feridos medio cento de compañeiros nesa protesta . Dende esa data son homenaxeados por diferentes organizacións galegas , reclamando o que estes homes bos e xenerosos pedían , eles loitaron polas melloras sociais e laborais .
O día 7 de marzo o Sindicato Vertical asinara en Madrid un convenio interprovincial que non recoñecía as reclamacións dos traballadores de Bazán Ferrol de ter convenio propio. As factorías de Cartagena e Cádiz estaban controladas polo Sindicato Vertical e a de Ferrol por CC.OO. O 8 de marzo en asemblea os traballadores de Bazan Ferrol rexeitan o acordo. Acordouse unha nova asemblea de traballadores para o día 9.
A empresa respondeu despedindo a José María Riobó, Manuel Amor Deus, José Díaz Montero, Ramiro Romero, José Miguel Rey e Alfonso Couce, todos eles de Comisións Obreiras e prohibíndolles o acceso á factoría. Ramiro Romero foi agredido polos gardas de seguridade na entrada do estaleiro ao negarse a asinar a notificación da sanción. Situación que xera enfrontamentos entre traballadores e os gardas. Ao saberse o acontecido o paro foi total. Ás nove e media da mañá uns cinco mil traballadores concentráronse para exixir a anulación dos despidos e sancións aos gardas. O director falou cos traballadores sen aportar solucións. Os traballadores acordaron manterse concentrados ata que se atendan as súas peticións. Ás tres da tarde a dirección da empresa ameazou co desaloxo policial. Diante da negativa dos traballadores ás cinco da tarde cargou a policía pechándose a factoría. Os enfrontamentos continuaron xa na cidade e escoitáronse os primeiros disparos da policía.
O día 10 a prensa informou do acontecido. Do peche da empresa, as cargas policiais e os disparos contra os traballadores. Ás sete e media da mañá xuntáronse uns catro mil traballadores nas portas de Bazán pechadas. Decidiron ir en manifestación ata o polígono de Caranza, entón un barrio novo en construción, e alí xuntarse cos traballadores de Astano . Ao paso dos traballadores na Estrada de Castela ca Avenida das Pías a policía cargou contra os traballadores que responderon con pedras. A policía disparou contra eles. Dous traballadores morreron e medio cento quedaron feridos. A policía tivo que se retirar ao cuartel onde tiveron que defenderse de varios intentos de asalto. Os feridos non foron ao hospital por medo a ser detidos. Ao saberse o que estaba a acontecer as empresas da zona comezaron a pechar en folga solidaria. O goberno cortou as comunicacións por terra e telefónicas da cidade e un buque da Armada Española situouse fronte á ponte das pias .
Representantes dos traballadores entrevistáronse co capitán da Zona Marítima do Cantábrico para evitar a intervención militar. O exército permanece acuartelado e Ferrol é tomado pola Garda Civil e a Policía Armada con efectivos de León e Valladolid . O paro foi total ata o 20 de marzo en que volveu abrir Bazán. A nova tivo alcance mundial e apareceu nas portadas de The Guardian , Le monde ou The New York Times .
Houbo dous traballadores mortos, 16 feridos de bala e ducias por outras lesións, 160 despedidos, 101 detidos, 60 encarcerados (derradeiros obreiros presos do franquismo ) , e 54 multados con entre 50.000 e 250.000 pesetas Só se coñece unha imaxe do acontecido: unha foto onde se ve aos traballadores camiñando pola Estrada de Castela á altura do barrio de Recimil, uns minutos antes dos feitos .
O acontecido o 10 de marzo de 1972 nunca foi levado aos xulgados e ninguén respondeu pola morte dos dous traballadores nin polos feridos.




Ningún comentario :
Publicar un comentario