GALIZA

sábado, 19 de marzo de 2016

illa de Tambo

A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que esta separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 1,5 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central sobrepasa os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.




Historia

No século VI construíuse unha capela, fundada por Martiño de Dumio . Froitoso de Fraga converteuna en mosteiro, vinculado ao convento de San Xoan de Poio . Despois transformouse en priorado, baixo a advocación de Santa María de Graza.
No século XII a illa de Tambo pertencía á raíña Dona Urraca e foi doada ao ao convento de San Xoan de Poio . Os veciños de Combarro usaron a illa durante séculos, onde traballaban as súas terras e celebraban romarías. En 1589 a capela foi vítima do saqueo do corsario Francis Drake, o cal botou a figura de Santa María de Graza ao mar.

En 1846 , coa desamortización de Mendizabal, quítaselle aos monxes de Poio e anos despois é mercada polo ministro de Xustiza, Motero Rios.
Nese mesmo século contrúese un lazareto na illa, que entre os anos 1865 e 1879 foi usado para poñer en corenta aos mariñeiros que chegaban ao porto de Marín con enfermidades. Debido ás protestas dos cidadáns de Pontevedra, o lazareto foi trasladado á illa de San Simon, na Ria de Vigo, e en 1889 a illa converteríase en penitenciaría militar.
Coa creación da Escola Naval Militar de Marín, en 1983 a illa militarízase e pasa a ser utilizada como arsenal. Foi nese ano cando os herdeiros de Montero Ríos vendéronlle a illa á Armada. Ata o ano 2005, os herdeiros seguiron figurando coma propietarios dunha quinta parte da illa.
A Armada deixou de cualificar a illa como enclave estratéxico no ano 2002, o que disparou as expectativas de que a illa puidese ser cedida á Xunta e incorporada ao Parque Nacional das illas Atlanticas, para o que antes debería ser declarada parque natural

Ningún comentario :

Publicar un comentario