GALIZA

mércores, 16 de marzo de 2016

QUEN FOI ... MARIA PITA ?

                                    MARIA PITA A HEROINA GALEGA

María Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita, foi
nada en Sigrás contra 1560 e finada no mesmo lugar en 1643 , foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra do ataque inglés acontecido no ano 1589

Nacemento e casamentos

Naceu arredor do ano 1560  no seo dunha familia modesta. No ano 1581 contraeu matrimonio co carniceiro Xoán de Rois que morreu no ano 1585, ao que lle seguirían outros tres esponsais máis: co tamén carniceiro Gregorio de Rocamonde, que morreu no ano 1589 durante o cerco inglés, co mestre de navío andaluz Sancho de Arratia no ano 1590 que morreu no ano 1592 e co escudeiro da Real Audiencia Gil Bermúdez de Figueroa, que morreu no ano 1613, cos que tivo un total de catro fillos: María Alonso de Rois, Francisca de Arratia (1590), Juán Bermúdez de Figueroa e Francisco Bermúdez de Figueroa (1602).

↓↓↓↓ ver video ↓↓↓↓

Unha vida de vicisitudes xurídicas

Á marxe da súa intervención no cerco, a súa vida estivo chea de vicisitudes, entre as que figuran numerosos preitos, no Arquivo do Reino de Galiza consérvanse ata vinte de diferentes contidos: débedas e apropiación de bens e tamén querelas criminais por insultos e agresións, e dúas viaxes á Corte de Madrid , por causa deles, xa que fora condenada ao desterro polo que fixo a súa primeira viaxe no ano 1596 para solicitar a recompensa polos seus servizos durante o cerco inglés. A segunda viaxe no ano 1606 tivo por obxecto confirmar anteriores mercedes (outorgáralle, por exemplo, unha praza de soldado no presidio coruñés, licenza para exportar mulas a Portugal, a exención da obriga de aloxamento de soldados na súa casa e unha gratificación económica) e tratar de obter novas concesións reais. No ano 1616 viuse afectada por un incendio na Cidade Vella da Coruña.

Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no seu testamento solicitaba ser enterrada no Convento de Santo Domingo , non se conserva ningún documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba.
Conmemórase a súa memoria coa praza do Concello  na Coruña e unha estatua cunha chama sempre acesa

O ataque de Frances Drake


É moi coñecida debido á súa defensa da Coruña do ataque dunha gran frota inglesa dirixida por Francis Drake o 4 de maio do ano 1589 en resposta á Grande Armada que o ano anterior tentara a invasión de Inglaterra
Os invasores atacaron a cidade cunhas exiguas defensas, xa que dispuñan dunha escasa guarnición na defensa das murallas medievais, existindo polo tanto gran desproporción entre as forzas dos dous contendentes.
Segundo a crónica da época a actuación de María Pita fixo retroceder unha compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto por unha muller cando estaban a piques de traspasar as murallas.



Ningún comentario :

Publicar un comentario