GALIZA

luns, 14 de marzo de 2016

O CARRO E O HOME

O carro e o home é un filme documental en branco e negro dirixido por Antonio Roman  e guionizado entre Xaquin Lorenzo  e o propio Antonio Román. Foi rodado en 1940 e estreado en 1945. Finalizada a rodaxe, o filme quedou sen sonorizar. Xaquín Lorenzo gardou unha copia en Ourense que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ó impulso de Eloy Lozano e a colaboración co Museo do Pobo Galego . Carlos Serrano  sonorizou outra copia pola súa conta en 1945.
É un relato da vida do carro galego ,  na cal interveñen veciños da aldea de Facós , no concello ourensan de Lobeira. Xaquín Lorenzo e Antonio Roman achéganse á vida no rural a través do carro, un símbolo da cultura material galega

VER VIDEO..    
                                                            https://youtu.be/YtAGXV2ptRE
ARGUMENTO
O carro representa máis que un transporte de labor na Galicia rural. Formaba parte do traballo, da cultura, da paisaxe e do lecer dos labregos. Así, amósase o ciclo de vida dun carro dende a súa construción ata a súa "morte", ademais doutras tarefas da vida cotiá da aldea como a malla ou a confección do liño.

O filme fíxose con poucos medios, aproveitando que Antonio Román tiña a súa propia cámara e unha pequena moviola na casa. Tiña un orzamento de 8.000 ptas (48 euros) que se investiron para levar ó laboratorio os 100 planos dos que se compón.

Ningún comentario :

Publicar un comentario