GALIZA

domingo, 13 de marzo de 2016

Santa Cruz e o seu Castelo


Illa de Santa Cruz (Illa do Castelo) é unha illa galega da provincia Coruña , situada fronte á vila do  Porto de Santa Cruz (na parroquia de Lians , concello de Oleiros ). Ten 1,9 Hectareas de superficie. É redonda e lixeiramente montuosa, cuberta de arboredo e xardíns, é unha illa de marea aínda que agora está unida á terra por unha ponte de madeira.


 

Historia e características

Na illa levántase un castelo , mandado construír polo capitán xeneral Diego das Mariñas no ano 1594. O porto coruñés estaba ben defendido polos San Antón  e San Diego , pero no ano 1589 a Armada inglesa, mandada por Francis Drake, puido chegar tranquilamente ata o fondo da baía e desembarcar en Oza  para iniciar o asalto da Coruña . Isto puxo en claro a necesidade de completar a defensa da baía e de construír unha nova fortaleza na illa de Santa Cruz.


VER VIDEO  Castelo de Santa Cruz

En 1640 termináronse as defensas do castelo, que foi dotado con boas pezas de artillería. Unha delas, chamada o canón Barranco, alcanzaba os 10 quilómetros (a distancia en liña recta do castelo de Santa Cruz ao de San Antón é de catro quilómetros). No século XIX, perdido o seu valor estratéxico, foi adquirido polo xenerl  Calvacant , quen estaba casado cunha filla de Emilia Pardo Bazan. Levantou no corpo central un pazo para vivenda, pero, ao non ter descendencia, legou a fortaleza en 1938 á Arma de Cabaleria , que o utilizou como residencia estival de orfos de militares.
Hoxe está dedicado á investigación e divulgación  científica: é sede do  Centro de Estension Universitaria  e Diculgación Ambiental de Galicia (CEIDA) . 


 

AGRADECEMENTOS A   https://www.facebook.com/xose.luis.martinez?fref=ufi

Ningún comentario :

Publicar un comentario