Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Da Galiza emigrada á Galiza exiliada

VOZ REAL DE CASTELAO
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Fillo de Mariano Rodríguez Dios e de Joaquina Castro Genme. No mesmo ano do seu nacemento o pai emigrou á Arxentina, quedando o neno ao coidado da nai e dos avos maternos. En 1895, na compaña de súa nai, Castelao emigrou á Arxentina para se reunir con seu pai, instalado cun almacén de comercio (pulpería) na Pampa. Esta primeira estadía arxentina duraría de 1895 a 1900. A presenza da emigración na infancia de Castelao reflectiuse na súa obra, un exemplo son os relatos “O segredo” e “O inglés” incluído no seu libro Retrincos (1934).
Tras regresar a Galicia, entre 1900 e 1903 cursou o Bacharelato e o preparatorio de Medicina en Santiago de Compostela. Entre 1903 e 1909 estudou a carreira de Medicina. Por esta época comezou a súa actividade artística, vencellado sobre todo á caricatura. En 1908 e 1909 participou no II e III Salón de Humoristas en Madrid. Castelao deseñou as cubertas dos primeiros números de Vida Gallega, publicación que comezou a se editar en 1909. Tamén deseñou algunhas capas de libros, caso de Princesa del amor hermoso de Sofía Casanova. En 1909 presentou un óleo na "Exposición Regional Gallega" que foi premiado cunha medalla de ouro.

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. En 1926 publicou a primeiro libro de Cousas. En 1929, novamente pensionado pola Junta de Ampliación de Estudios, viaxou a Bretaña. Coa proclamación da II República en 1931, Castelao foi elixido deputado nas candidaturas da Federación Republicana Gallega. En 1934 publicou a sua novela Os dous de sempre. Neste ano ingresou na Real Academia Galega. O goberno de dereitas destérrao a Badaxoz. En 1936 foi novamente elixido deputado dentro das candidaturas da Fronte Popular. A sublevación militar sorpréndeo en Madrid, a onde acudira para facer entrega do Estatuto galego ás Cortes. En 1937 publicou en Valencia os álbumes de guerra Galicia Mártir e Atila en Galicia. En 1938 realizou unha viaxe de propaganda á URSS, viaxando máis tarde a Estados Unidos e Cuba. Durante a súa presenza na illa caribeña, Castelao participou activamente nas eleccións do Centro Gallego da Habana. Así, a súa participación foi decisiva para que a candidatura republicana de Hermandad Gallega se impuxese sobre a candidatra valedora dos sublevados franquistas. En Nova York publicou o seu álbum Milicianos.
En 1922 publicou na colección Céltiga a súa novala curta
Algunhas das obras publicadas por Castelao en Bos Aires foron: Cincuenta hombres por dos pesos (Bos Aires: Emecé, 1940); Sempre en Galiza (Bos Aires: Edicións As Burgas, 1944) ou As cruces de pedra na Galiza
(Bos Aires, Nós, 1949). Por outra parte, Castelao continuou en Bos
Aires co seu labor de ilustrador de libros. Faleceu en Bos Aires o 7 de
xaneiro de 1950.

Ningún comentario :
Publicar un comentario