Carmen Arias López
A galega que coidou do neno Ernesto Guevara de la Serna.
Naceu
no ano 1907 na aldea de Bade, parroquia de Vilamaior, no concello de
Sarria. Filla de Benigno Arias e de Dolores López, foi a segunda de oito
irmáns. Xa de moziña en 1923, emigra cara a Arxentina xunto a unha
irmán de seu pai.
Desde a súa chegada a Bos Aires dedicouse ao traballo doméstico. En xullo de 1928 foi contratada polos padres do Che Guevara, Celia de la Serna e Ernesto Guevara Lynch para coidar ao seu primeiro fillo, Ernesto, nome do famoso Comandante da revolución cubana.
O matrimonio Guevara de la Serna casara en 1927 e marcharon a vivir a Puerto Caraguatay, pequena vila da provincia de Misiones ubicada sobre o río Paraná onde o pai do Che explotaba unha plantación de herba mate. Cando Celia de la Serna estaba a punto de dar a luz viaxaron a Rosario e o Che naceu nesa cidade. Máis tarde desplazáronse a Bos Aires e alí contrataron a Carmen, que os acompañou á selva da provincia de Misiones. Permaneceron alí até que o neno tiña dous anos e cando faltaba pouco para o nacemento da súa irmá Celia volveron a Bos Aires, instalándose no barrio de San Isidro.
Carmen acompañou aos Guevara aos distintos lugares nos que viviron buscando un clima máis axeitado para tratar a asma do pequeño Ernesto, é por iso que a familia se trasladou a Alta Gracia, na provincia de Córdoba, onde residiron durante once anos.
A primeiros de 1934 Carmen decide casar cun asturiano, tamén emigrante na Arxentina, Alfredo Gabela polo que o traballo na casa dos Guevara remata pero non así a relación persoal que perduraría toda a vida.
Ao longo da vida do Ché sempre se comunicou con aquela galega que fora como a súa segunda nai. Así, sendo estudiante de Medicina, Ernesto estudaba na casa de Carmen e xantaba de novo as comidas da súa nenez. Según o fillo de Carmen Arias, tamén chamado Alfredo, a relación entre os Guevara e a familia Gabela Arias xogou un papel importante entre os anos 1956 e 1958 cando o Che estaba inmerso na guerrilla cubana

Ningún comentario :
Publicar un comentario