GALIZA

xoves, 16 de febreiro de 2017

QUEN FOI ... EMILIA PARDO BAZAN ver video


VER VIDEO 

Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos[2] En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.
O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles. Escribiu centos de contos que publicou en escolmas, como Cuentos de Marineda. Destacou sobre todo na súa produción literaria destacando novelas como Un viaje de novios ou La tribuna, a máis naturalista das súas novelas, onde describe a dura vida proletaria nunha fábrica de tabaco. Tamén son de suma importancia Los pazos de Ulloa e La madre Naturaleza, onde retratou a vida nas vilas e aldeas galegas, o folclore popular e tamén a decadencia da nobreza pacega do rural cun argumento apaixonado e, en ocasións, violento.
Destaca tamén o seu labor na creación da Real Academia Galega, creando xunto a Ramón Pérez Costales unha Comisión Xestora sobre a base da sociedade Folklore Gallego para a creación da academia. Posteriormente a súa filla doou a residencia familiar da Coruña, a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, para establecer alí a sede da institución.

Hoxe en día, Pardo Bazán, ao igual ca outras contemporáneas como a ilustrada galega Concepción Arenal, está considerada como unha das precursoras do movemento feminista en España.[5] Ao longo da súa obra criticou a degradación e marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres unha educación e unha formación intelectual igual cá dos homes.
Nun tempo no que máis do 90% das mulleres eran analfabetas,Pardo Bazán chegou a ser a primeira muller en presidir a Sección de Literatura no Ateneo de Madrid, a primeira nomeada Conselleira de Instrución Pública e a primeira muller catedrática de Literatura Contemporánea de Linguas Neolatinas da Universidade Central de Madrid.

Traxectoria

 Exposición no Pazo de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo

Emilia Pardo Bazán e Rúa-Figueroa Somoza naceu o 16 de setembro de 1851 na vila da Coruña, cidade que sempre apareceu nas súas novelas baixo o sobrenome de "Marineda". Foi a única filla de José Pardo Bazán e Mosquera Rivera, avogado de profesión,[8] e Amalia Rúa-Figueroa e Somoza (1830-1915), casados o 30 de setembro de 1850.



As orixes da familia da escritora remóntase aos séculos XIV e XV, entroncando co famoso personaxe o mariscal conde Pardo de Cela, señor da casa de Moeche, cuxos descendentes ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII chegan até Juan Pardo de Lama (1748-1797), casado con Luisa Bazán de Mendoza (1759-1820), unión da que nace o avó de Pardo Bazán, Miguel Pardo Bazán (1784-1839), colexial de Fonseca, tenente coronel do célebre Batallón Literario de Santiago de Compostela, quen herda por morte do seu tío paterno Antonio Pardo Patiño, en 1813, os bens e rendas de varias casas fidalgas espalladas por diversas parroquias e concellos das provincias da Coruña e Pontevedra

Miguel Pardo Bazán, avó da escritora, casou con Joaquina Mosquera e Rivera, o 13 de setembro de 1813, na Coruña; deste matrimonio naceu o seu fillo José Pardo Bazán y Mosquera Rivera (1827-1890), pai de Emilia, avogado, político liberal moderado e conde de Pardo Bazán por título pontificio concedido polo papa Pío IX, en 1871 (autorizado en España polo rei Amadeo de Savoia mediante o decreto do 3 de febreiro de 1872[9]) debido á defensa que fixo da relixión católica como relixión do estado na asemblea constitucional formada trala Revolución de 1868.

 
O feito de vivir no seo dunha familia acomodada permitiulle levar a cabo algúns dos seus devezos de instrución, aínda que, debido ao seu sexo, tivo que ser unha autodidacta, dada a imposibilidade das mulleres da súa época de poderen realizar estudos académicos:
Apenas poden os homes formarse unha idea do difícil que é para a muller adquirir cultura autodidacta e encher os claros da súa educación.
Emilia Pardo Bazán
Ao pouco de nacer Emilia, arranxou a familia unha casa na rúa das Tabernas da Coruña que sería a súa residencia principal. Na Coruña pasaría a cativa o tempo xogando nos xardíns de San Carlos, facendo excursións ao longo das ateigadas rúas da parte nova da cidade, ou apañando cunchas na praia. Amais da casa da rúa das Tabernas a familia posuía outras dúas residencias: a granxa de Meirás no concello de Sada, e a Torre de Miraflores en Sanxenxo, onde a familia pasaría os veráns.
O feito de vivir no seo dunha familia acomodada permitiulle levar a cabo algúns dos seus devezos de instrución, aínda que, debido ao seu sexo, tivo que ser unha autodidacta, dada a imposibilidade das mulleres da súa época de poderen realizar estudos académicos:
Apenas poden os homes formarse unha idea do difícil que é para a muller adquirir cultura autodidacta e encher os claros da súa educación.
Emilia Pardo Bazán
Lectora infatigable dende os 8 anos de idade, aos nove compuxo os seus primeiros versos, e aos quince o seu primeiro conto, Un matrimonio del siglo XIX (1866).
A súa afección á lectura víñalle de rapariga, cando pasaba horas na biblioteca do pai. Na biblioteca accedeu a un amplo abano de lecturas; segundo declarou, os seus libros favoritos eran Don Quixote da Mancha, a Biblia e A Ilíada. Na casa da Coruña leu La conquista de México de Antonio de Solís e as Vidas paralelas de Plutarco. Asemade, sentía fascinación polos libros sobre a Revolución Francesa. Durante os invernos, tempo no que a familia moraba en Madrid por mor das actividades políticas do pai, militante no partido liberal progresista, Emilia asistía a un colexio francés protexido pola Real Casa. Alí coñeceu a obra literaria de La Fontaine e Jean Racine .
Cando a escritora contaba con 12 anos de idade, a familia decidiu ficar na Coruña durante os invernos, recibindo Emilia clases de titores privados. Xa dende moi cedo, abrollou en Pardo Bazán un forte carácter e un espírito de independencia pouco habitual nunha muller, rexeitando as leccións de piano e mais as clases de música, que era o que tiña que aprender para adornar os salóns unha señorita do seu tempo. Cando moza, adicou a meirande parte do tempo á súa gran paixón, a lectura.

Narrativa
Placa da RAG na memoria de Pardo Bazán.

A súa primeira novela foi Pascual López (1879), autobiografía dun estudante de medicina. Nela aprécianse as influencias de Pedro Antonio de Alarcón e mais de Juan Valera na escrita da autora coruñesa. Máis adiante, con Un viaje de novios (1881), ano no que naceu a súa derradeira filla, Carmen, e La tribuna (1882), comezou unha evolución cara ao movemento naturalista. En 1882 iniciou, na revista La Época, a publicación dunha serie de artigos sobre Émile Zola e maila novela experimental, que serían posteriormente escolmados en La cuestión palpitante (1883), obra que a consagrou coma a principal impulsora do naturalismo en España. En 1884, dous anos despois do seu divorcio, publicou La ama joven, que trata o tema das crises matrimoniais. No tocante ao Naturalismo practicado por Pardo Bazán, coma o de Galdós, fronte aos principios ideolóxicos e literarios de Zola, acentuaba a conexión da escola francesa coa tradición realista española e europea, o que lle permitía achegarse a un ideario máis conservador, católico e bempensante no que atinxe á súa propia forma de vida, manténdose fiel ao Catolicismo, por máis que admitise os alicerces ideolóxicos do determinismo social e darwinista.

Por outra banda, Insolación (1889) e Morriña (1889) seguen insertos na ideoloxía e na estética naturalista. Con posterioridade, coincidindo coa morte do pai (1890), evolucionou cara a un maior simbolismo e espiritualismo, patente en Una cristiana (1890), La prueba (1890), La piedra angular (1891), La Quimera (1905) e Dulce sueño (1911). Esta mesma evolución observouse tamén nos seus contos e relatos, recollidos en Cuentos de la tierra (1888), Cuentos escogidos (1891), Cuentos de Marineda (1892), Cuentos sacroprofanos (1899), entre outros. Pardo Bazán aproveitou a súa herdanza paterna para crear unha revista escrita por ela soa, El Nuevo Teatro Crítico, nome que lembra a obra do galego Benito Jerónimo Feijoo.

En Una Cristiana e La Prueba, de 1890, semella trabar polémica a través da ficción con algúns dos seus detractores morais, como o Pai Coloma, Menéndez Pelayo e Pereda. A diferenza de idade entre namorados, o cruce de afectos ou deberes familiares e o remorso relixioso proban en ámbalas dúas novelas como a escritora tiña máis en conta a opinión do que semellaba.

    Pascual López (1879)
    Un viaje de novios (1881)
    La tribuna (1882)
    El Cisne de Vilamorta (1885)
    La dama joven (1885)
    Bucólica (1885)
    Los pazos de Ulloa (1886-1887)
    La madre naturaleza (1887)
    Insolación (1889)
    Morriña (1889)
    Una cristiana (1890)
    La prueba (1890)
    La piedra angular (1891)

La quimera (1905)
    Dulce dueño (1911)
    De mi tierra (1888)
    Cuentos escogidos (1891)
    Cuentos de Marineda (1892)
    El tesoro de Gastón (1897)
    El encaje roto (1897)
    Cuentos sacroprofanos (1899)
    La rosa (1899)
    La gota de sangre (1911)
    Belcebú (?)
    La sierpe (?)
    Cada uno... (?)   

   


Conxunto escultórico en memoria da escritora nos Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña.

Ningún comentario :

Publicar un comentario