XOSE LUIS CASTRO VEIGA ''O PILOTO''
Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, nado en Boelle, Arxemil (O Corgo) o 11 de febreiro de 1915 e finado en San Fiz de Asma (Chantada) o 10 de marzo de 1965, foi o derradeiro guerrilleiro da loita antifranquista, morto pola Garda Civil preto do encoro de Belesar.En 1946 baten unha zona amplísima da liña Castroverde-O Corgo-Sobrado que chegaba até Asturias e León, pola comarca dos Ancares (Pedrafita do Cebreiro, Paradela, Vilar de Frades, Becerreá, Toldaos, As Nogais, San Román de Cervantes, Noceda e Navia de Suarna). Por esta zona colaborou coa partida de Antonio Fernández Crespo Fuenteoliva. Neste ano, trala detención dun gran número de militantes lucenses da resistencia antifranquista, trasladou a súa zona de acción ó sur da provincia , cara á zona de Monforte de Lemos-Quiroga-río Sil, que atravesaban decote para atacar no norte da provincia de Ourense.
O 27 de maio de 1954, nun duro encontro, perdeu á meirande parte dos seus homes na zona de Paradela-Castro de Rei (ó norte de Monforte de Lemos), o que lle obrigou a estar inactivo entre 1955 e 1956. Despois estivo inactivo e á espera, facendo de cando en vez un golpe económico (atracos). Reapareceu na mesma zona en 1964, mais foi recoñecido por un antigo compañeiro do servizo militar no Saviñao, e foi denunciado. O 10 de marzo de 1965, preto do encoro de Belesar, foi abatido pola Garda civil de Chantada
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Ningún comentario :
Publicar un comentario