GALIZA

Amosando publicacións coa etiqueta DOCUMENTAIS GALIZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DOCUMENTAIS GALIZA. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de febreiro de 2017

UNHA VIAXE POR GALIZA (1953-1958)

UNHA VIAXE POR GALIZA

Realizado en tres etapas, entre 1953 e 1958, na medida en que o autor viaxaba a Galicia e ía recompilando material. A película arranca en Bos Aires, sendo unha excursión polas catro provincias galegas, onde non faltan festas e romarías. Restaurado polo CGAI.
https://www.youtube.com/watch?v=dnnyICQQiSI
Manuel Arís Torres naceu en Poio o 26 de setembro de 1920, os nove anos emigra cos seus pais a Montevideo, fai estudos de torneiro e colabora no Centro Galego.Coñece ó cineasta uruguaio Daniel Spósito Pereira colaborando na realización de dúas películas: El pibe Carlitos (1950) e El desembarco de los treita y tres orientales (1952). Entre 1952 e 1973 coordinará o programa de radio “ Por los caminos de España”. Elabora documentais realizados nas viaxes a España e Galicia que terán grande éxito na poboación emigrante de Uruguai e Arxentina.Ten catalogadas preto de cincuenta documentais relacionados con Galicia. Os máis importantes son: CAMINO DE ESPAÑA EN EL URUGUAY(1954-1959) recolle actividades festivas dos emigrantes galegos en Montevideo, UN VIAJE POR GALICIA (1953-1958) guía audiovisual polas catro provincias con festas, romarías e espectáculos incluídos, POR LOS CAMINOS DE ESPAÑA (1959) escenas mariñeiras e agrícolas e vistas de distintas vilas comezando por Galicia e continuando por diversa provincias españolas, TIERRA DE NUESTROS MAYORES (1959) a película e un semidocumental, pois conta con varias escenas interpretadas por Amalia Sánchez Ariño e por Francisco Fernández.Ten como sipnose a chegada de América do fillo rico co obxecto de visitar a súa nai na Galicia, feito adornado con imaxes de paisaxes e vilas. O Concello de Poio fixo unha homenaxe a Manuel Arís consistente na proxección de dúas películas os días 10 e 11 de agosto de 1997.
No vídeo unha selección da longametraxe UNHA VIAXE POR GALIZA con imaxes da Lanzada, Portonovo, Sanxenxo e Combarro. É pena a mala calidade da copia.
 
NOSO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

luns, 20 de febreiro de 2017

QUEN FOI ... MONCHO VALCARCE ??

MONCHO VALCARCE 

 ''A TERRA E NOSA 

E NON DE  FENOSA''

 Moncho Valcarce naceu no seo dunha familia acomodada da cidade da Coruña o 5 de setembro de 1935. Foi o sexto de oito irmáns con residencia nunha patrimonial casa na rúa da Franxa, hoxe ocupada por oficinas municipais. Comezou os seus estudos de bacharelato no colexio dos Xesuítas de Vigo para logo rematalos no instituto da Coruña.

Matricúlase como alumno libre na facultade de dereito da Univesidade compostelana, carreira que logo continuaría en Salamanca. De carácter extrovertido, alegre, incluso festeiro; amante da lectura e da música, levou unha xuventude como calquera mozo da súa idade.
 
 O paso polo seminario  Moncho, aberto cara o exterior pero cunha intensa vida interior que lle levou a unha fonda reflexión sobre a súa existencia e futuro, decidiu facerse sacerdote. Entra no seminario maior de Compostela en 1959, onde pronto se sinte incómodo fronte ao tipo de educación que alí se daba, polo que marchou estudar teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma.

En Roma contacta con grupos de cataláns, vascos e andaluces nos que observa un orgullo identitario. El mesmo empeza a tomar concienza do seu ser galego integrándose nun grupo que denominaban "Irmandiños", co desexo de volver á Terra para poñer a súa vocación ao servizo do pobo.
VIDEO

En 1967 regresa ao seminario de Santiago onde manifesta a súa forte personalidade denunciando a educación arcaica, submisa, incluso reaccionaria e colonizadora que alí se daba, o que lle valeu a expulsión acusado de "axitador de tendencia comunista". Desterrado na Coruña baixo a tutela do sacerdote Manuel Espiña, e grazas á súa axuda, conseguiu que o volveran a admitir no seminario, rematando, por fin, os seus estudos de seminarista.

Ordénase sacerdote o 19 de novembro de 1969, aos 34 anos de idade. Foi destinado ás parroquias de Sésamo e Sueiro, do concello de Culleredo da Coruña. Alí puxo en práctica a súa singular concepción presbiterial. Fixo da casa de Deus a casa do pobo e converteu a igrexa nun centro social que encheu de actividades de cultura popular.
 
O carácter participativo das misas (na súa prédica animaba á intervención dos fregueses, daba a comuñón con pan centeo e viño do ribeiro) a gratuidade nos servizos, a eliminación dos confesionarios, a introdución do galego como lingua litúrxica, así como as súas proclamas contra o caciquismo e as inxustizas, daban idea do innovador labor pastoral que desenvolveu.
A rectoral na que vivía abriu as súas portas á comunidade, e numerosos mozos e mozas con arelas de cambio nun contexto ditatorial tiveron alí un lugar de liberdade para expresar as súas inquedanzas e proxectos, os seus soños humanista ou revolucionarios. Foi refuxio de loitadores antifranquistas, dos seus materiais e dos seus trebellos de impresión clandestina, alí editouse, cun grupo de nozos, unha revista crítica "Outeiro de San Cosme", orientada ás reivindicacións dos veciños das parroquias que levaba.

Colabora cos partidos políticos da oposición. Ao principio co PC e co PCI, a raiz do cal foi detido en Betanzos nunha reunión clandestina onde, despois de pasar varios días nos calabozos da garda civil, foi, pola súa condición de crego, enviado en arresto substitutorio ao mosteiro de Poio.

Militancia política

 Porén, a súa identificación cos problemas dos labregos cunha Terra de seu, fixo que orientara cara eles a súa actividade, entrando en relación con xente ligada ao nacionalismo e integrándose nos CALL (Comités de Axuda a Loita Labrega) organización de apoio ás CC. LL. (Comisións Labregas).


Definida xa a súa opción ideolóxica nacionalista non tivo reparo en participar activamente na política, militando na AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e participando nas primeiras eleccións dos comezos da democracia en 1977 como senador do BN-PG (Bloque Nacional-Popular Galego).

En 1979 foi elixido concelleiro de Culleredo por esa coalición, edilato que conservou durante oito anos. Na segunda lexislatura, xa como membro do BNG, formou parte do goberno de coalición co PSOE como tenente de acalde, presidente da comisión de Educación e Deportes e da de Cultura, levou unha plena actividade nestes campos, ademais de pular pola democratización, a galeguización e a xustiza social no concello.


 ULTIMOS ANOS  
 
Incómodo para a xerarquía eclesiástica, esta fixo todo o posible para alonxalo da política enviándoo en 1987 a Salamanca, coa disculpa de realizar un curso teolóxico na Universidade Pontificia. Este ano sabático foi moi ben aproveitado por Moncho para reflexionar fondamente sobre a súa actitude como crego, reflectida no seu traballo de fin de curso "O compromiso político dun presbítero nunha realidade concreta: Galiza".

Ao voltar de Salamanca foi destinado ao concello das Pontes. Alí formou parte dun equipo pasto e levou varias parroquias. Sempre inquedo e activo, participou en programas de radio, foi vicepresidente dun grupo ecoloxista: "Niño de Azor", colaborou coas CC. LL. da zona e deu clases no instituto da vila.

No outono de 1991 empeza a atoparse mal, descúbreselle un cancro irreversible, o seu aspecto cambia drasticamente até caer postrado na cama. Mostra unha entereiza e dignidade pouco comúns fronte ao sofrimento que padecía. Escribe un diario, e recibe a multitude de amigos sempre co humor que lle caracterizaba. Morre o 1 de febreiro de 1993 cando tiña 57 anos de idade. Foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro da súa cidade natal cuberto coa bandeira nacionalista, ao son do himno galego, despedido cos versos de Bouza Brey e rodeado dos que o quixeron en vida... 
     
 A CARÓN DO POBO Moncho Valcarce dedicou a súa vida á defensa dos máis necesitados, situándose sempre ao seu carón. Resulta difícil atopar un enfrontamento no campo, na época da transición, na que os labregos non o chamaran para apoialos, xa fose contra o caciquismo ou contra unha administración aínda con reminiscencias franquistas, ou contra a construción de encoros ou contra a usurpación dos montes veciñais, etc. De tal xeito, Moncho convertiuse, por méritos propios, no referente carismático daquelas loitas agrarias -das que expoñemos aquí as máis emblemáticas- sofrindo por iso detencións malos tratos, multas e marxinación eclesiástica. 
ENCROBAS  Esta pequena parroquia do concello de Cerceda protagonizou unha longa loita contra a empresa Fenosa cando pretendeu expropiar as súas terras para a construción da mina de lignitos, que hoxe invade o que un día foi un fértil val. Moncho implicouse totalmente na defensa dos labregos chegando a ser coñecido en toda Galiza como o “cura das Encrobas”. Sucedéronse as mobilización dos veciños e os actos de solidariedade por toda Galiza. O punto álxido desta loita chegou, o 15 de febreiro de 1977, cando a empresa decidiu ocupar as terras dos labregos, que só puido facelo despois dunha forte confrontación dos viciños coa garda civil e cando aqueles foron detidos e baixados do monte un a un. 
BALDAIO Neste caso unha empresa conseguiu unha licenza para explotar a marisma de Baldaio utilizándoa para a extracción de area, coa conseguinte destrución da súa riqueza ecolóxica e piscícola. Esto levou á mobilización dos veciños dos lugares afectados co apoio das forzas políticas e sindicais nacionalistas, e que tivo a súa máxima resposta o 8 de maio de 1977 nunha manifestación de varios miles de persoas polas rúas de Carballo, para logo baixar a ocupar a praia ocasionando un duro enfrontamento coa garda civil no que se deu en chamar “a batalla de Baldaio”.
XOVE Fronte ás intencións de Fenosa de instalar unha central nuclear en Xove, na provincia de Lugo, no ano 1977 ergueuse todo un movemento antinuclear que mediante marchas de Viveiro a Xove, manifestacións e outras actividades logrou paralizar tal pretensión.
AS ENCHUSAS  Foi este un caso típico de actuación caciquil, pola que o arrendador abusando da ignorancia lexislativa dos labregos arrendatarios, pretendeu botalos das súas terras comezando pola destrución dunha casa co apoio da garda civil, onde Moncho cos seus donos e varios veciños alí refuxiados intentaron resistir aturando as balas de goma e botes de fume cos que lles forzaban saír para, ao final, ser detido xunto con varios labregos.
A partires de entón, sucedéronse as manifestacións de apoio aos veciños por parte das CC. LL. e a solidariedade de traballadores de Ferrol para restituír a casa derribada.
A COTA EMPRESARIAL
Sen dúbida, foi a maior mobilización labrega, da época da transición, protagonizada polas CC. LL. en protesta por unha contribución inxusta que se cobraba aos labregos galegos como si foran empresarios. As manifestacións sucedéronse, concluíndo nunha magna concentración no pavillón dos deportes de Lugo na que se acordou unha folga de tres días, en decembro de 1977, na que miles de tractores ocuparon as principais vilas galegas, entrando posteriormente en varias cidades.
Moncho deixou ouvir a súa voz en Ordes “Nós, os nacionalistas galegos, homenaxeamos ao agrario Basilio Álvarez aquí, loitando”.
 

sábado, 18 de febreiro de 2017

10 DE MARZO , DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA , ver documental



 DOCUMENTAL -- PARA QUE GALIZA VIVA , 10 MARZO DIA CLASE OBREIRA   https://youtu.be/VGuVphH_PnI

 O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol.

A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous responsables do comité ferrolán de Comisións Obreiras, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais

HISTORIA

O día 7 de marzo o sindicato vertical  asinara en Madrid un convenio interprovincial que non recoñecía as reclamacións dos traballadores de Bazán Ferrol de ter convenio propio. As factorías de Cartagena e Cádiz estaban controladas polo Sindicato Vertical e a de Ferrol por CC.OO. O 8 de marzo en asemblea os traballadores de Bazan Ferrol rexeitan o acordo. Acordouse unha nova asemblea de traballadores para o día 9.

A empresa respondeu despedindo a José María Riobó, Manuel Amor Deus, José Díaz Montero, Ramiro Romero, José Miguel Rey e Alfonso Couce, todos eles de Comisións Obreiras e prohibíndolles o acceso á factoría. Ramiro Romero foi agredido polos gardas de seguridade na entrada do estaleiro ao negarse a asinar a notificación da sanción. Situación que xera enfrontamentos entre traballadores e os gardas. Ao saberse o acontecido o paro foi total. Ás nove e media da mañá uns cinco mil traballadores concentráronse para exixir a anulación dos despidos e sancións aos gardas. O director falou cos traballadores sen achegar solucións. Os traballadores acordaron manterse concentrados ata que se atendan as súas peticións. Ás tres da tarde a dirección da empresa ameazou co desaloxo policial. Diante da negativa dos traballadores ás cinco da tarde cargou a policía pechándose a factoría. Os enfrontamentos continuaron xa na cidade e escoitáronse os primeiros disparos da policía.

O día 10 a prensa informou do acontecido. Do peche da empresa, as cargas policiais e os disparos contra os traballadores. Ás sete e media da mañá xuntáronse uns catro mil traballadores nas portas de Bazán pechadas. Decidiron ir en manifestación ata o polígono de Caranza, entón un barrio novo en construción, e alí xuntarse cos traballadores de Astano. Ao paso dos traballadores na Estrada de Castela ca Avenida das Pías a policía cargou contra os traballadores que responderon con pedras. A policía disparou contra eles. Dous traballadores morreron e medio cento quedaron feridos. A policía tivo que se retirar ao cuartel onde tiveron que defenderse de varios intentos de asalto. Os feridos non foron ao hospital por medo a ser detidos. Ao saberse o que estaba a acontecer as empresas da zona comezaron a pechar en folga solidaria. O goberno cortou as comunicacións por terra e telefónicas da cidade e un buque da Armada Española situouse fronte á ponte das Pías. Representantes dos traballadores entrevistáronse co capitán da Zona Marítima do Cantábrico para evitar a intervención militar. O exército permanece acuartelado e Ferrol é tomado pola Garda Civil e a Policía Armada con efectivos de León e Valladolid. O paro foi total ata o 20 de marzo en que volveu abrir Bazán. A nova tivo alcance mundial e apareceu nas portadas de The Guardian, Le Monde ou The New York Times.

Houbo dous traballadores mortos, 16 feridos de bala e ducias por outras lesións, 160 despedidos, 101 detidos, 60 encarcerados e 54 multados con entre 50.000 e 250.000 pesetas. Só se coñece unha imaxe do acontecido: unha foto onde se ve aos traballadores camiñando pola Estrada de Castela á altura do barrio de Recimil, uns minutos antes dos feitos. O acontecido o 10 de marzo de 1972 nunca foi levado aos xulgados e ninguén respondeu pola morte dos dous traballadores nin polos feridos.

LEGADO
Rúa Dez do Marzal, Ferrol.
A rúa en Recimil fronte á Avenida das Pías, onde aconteceron os feitos, é chamada Dez do Marzal dende 1981. Ata a construción do monumento aos mortos e feridos tódolos anos facíase unha ofrenda floral no pequeno campo que había entre Recimil e a Avenida das Pías, no lugar onde caeron mortos os traballadores.
No ano 1997, o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade unha declaración institucional onde facía constar o especial significado do 10 de marzo, celebrado polas principais organizacións sindicais do país como Día da Clase Obreira Galega, especialmente por Comisións Obreiras, pois foi o sindicato que pediu a declaración. A efeméride acadou rango oficial en 2006



mércores, 20 de xullo de 2016

CINE GALEGO : A MEMORIA NOS TEMPOS DO WOLFRAMIO , DOCUMENTAL

                         CINE GALEGO : 

   A MEMORIA NOS TEMPOS DO WOLFRAMIO 



A memoria nos tempos do wolframio. (Dirección: Antonio Caeiro. Galicia, 2003, 55?). Antonio Caeiro, que xa nos contou a historia do campo de concentración da Illa de San Simón durante a Guerra Civil en Aillados, reflicte na memoria nos tempos do wolfram, como a principios da II Guerra Mundial, un mineral fíxose preciso para o estado alemán: o wolframio. Galicia convértese entón en dourado para moita xente que buscaba diñeiro fácil de conseguir ou traballo naqueles anos tan duros da posguerra española.

BUSCANOS EN FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
SUSCRIBETE A NOSA CANLE DE YOUTUBE :

DOCUMENTAL : A MEMORIA RECOBRADA - GALIZA A TEMPESTADE DO 1936

                                                         

DOCUMENTAL :  A MEMORIA RECOBRADA - GALIZA A TEMPESTADE DO 1936
Sobre o golpe de estado do Xeral Francisco Franco , a guerra civil e a represión exercida sobre o pobo galego .
 VER VIDEO----
SUSCRIBETE A NOSA CANLE DE YOUTUBE https://www.youtube.com/watch?v=6SVd-uAGBHk
ATOPANOS EN FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

                                            HISTORIA

En Galicia no hubo Guerra Civil entre 1936 y 1939. Pero sí un exterminio sistemático de la población fiel a la República. En tan sólo tres años fueron asesinados 4.699 ciudadanos gallegos. Siete de cada diez (3.233) fueron ejecutados en los llamados paseos franquistas. El resto, 1.466, fueron asesinados mediante la ejecución de una sentencia a muerte, según los datos del proyecto Nomes e Voces. Un auténtico exterminio en una zona donde la Guerra no duró más de unos días.
"Lo que pasó en Galicia es una prueba de que el golpe tenía una intención exterminadora, pues no era para nada necesario. (...) En Galicia no hubo matanzas de curas y hacendados. Lo que sí hubo fue muchas muertes controladas, instigadas o toleradas por las autoridades militares", explica Federico Cocho, autor de Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España (Xerais) en una entrevista a El Mundo.
Con Galicia bajo el control del bando franquista desde los primeros momentos del golpe militar, "los perpetradores y sus seguidores a nivel local comienzan a demostrar que éste lleva aparejada una inusitada violencia", según recoge el informe de Nomes e Voces. Así, en los primeros meses de la Guerra Civil fueron asesinados en Galicia los cuatro gobernadores civiles, los alcaldes de cinco de las siete ciudades gallegas y los 26 de las poblaciones más importantes. Fueron ejecutadas también las máximas autoridades militares gallegas que se opusieron al golpe, los civiles más activos en la defensa de la legalidad y aquellos con cierta relevancia social en determinadas comunidades como maestros, médicos, farmacéuticos y abogados. En total, 4.699 ciudadanos asesinados.
Ejemplos de casi todos ellos se encuentran entre las denuncias que esta semana han presentado una decena de familiares de hombres y mujeres de desaparecidos durante la dictadura, vinculados a la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH), ante el cónsul de la República Argentina en Vigo, Roberto Gudiño dentro de la llamada Querella argentina.
El abuelo y el tío abuelo de Esther García, una de las denunciantes, formaban parte de aquellos gallegos que no esperaban la "inusitada violencia" desplegada por los seguidores del golpe contra ellos. Manuel Díaz González, médico de O Incio (Lugo) y primer alcalde de la República en dicha localidad, y su hermano José Díaz, elegido en las últimas elecciones nuevo alcalde del municipio, creyeron que a pesar del golpe militar no debían huir de la localidad porque de nada se les podía imputar. Estaban equivocados. "Los falangistas de O Incio empezaron con las amenazas a la familia. Nadie daba crédito de lo que estaba pasando. Un día apareció muerto el perro de mi tío y ya decidieron los hermanos que tenían que escapar", cuenta a Público Esther García, que explica que finalmente los dos hermanos fueron capturados y trasladados a la prisión de Monforte de Lemos, donde ofrecieron a Manuel partir al frente como médico de los nacionales: "Yo no soy veterinario, no curo animales", contestó Manuel, según relata Esther.
A partir de ese momento comenzó el particular infierno de Manuel. Fue sacado de la cárcel en un paseo nocturno aunque consiguió escapar herido refugiándose en casa de un "amigo suyo de derechas", el famacéutico de Sarria Antonio Peña. "Allí fue apresado por la conocida cuadrilla de falangistas de Layosa. Le fueron atadas las manos a una soga prendida de la cola de un caballo y fue arrastrado durante varios kilómetros hasta llegar a la entrada de O Incio. Al llegar allí, aún con vida y consciente, fue asesinado. Luego le amputaron un dedo para robarle la alianza", prosigue Esther.
Era el 11 de septiembre de 1936. En los primeros cinco meses de 1936 fueron asesinados en Galicia un promedio de 14,25 personas por día, mientras que a finales de 1939 la cifra de ejecuciones había descendido a 0,7 al día. Un día después, el 12 de septiembre, aparecieron en la cuneta de la carretera N-634, en un lugar conocido como voltas de Prado, cinco cadáveres. Uno de ellos tenía seis dedos en una mano. Así identificaron los vecinos a Bruno Martínez, tío abuelo de Miguel Freire, investigador de la ARMH que ha denunciado este caso ante la Justicia argentina.
"Estaban acusados de haber hecho frente a las tropas sublevadas, es decir, de oponerse al alzamiento nacional. (...) No eran ni sindicalistas exaltados, ni agitadores políticos, sólo habían tenido la mala suerte de haber participado en asociaciones sindicales y políticas", cuenta Miguel a Público, que añade que "la represión y el terror continuó cebándose en las familias de estas personas, que tuvieron que padecer acoso y humillaciones, el incendio y saqueo de sus casas y las burlas e insultos cuando los primeros de noviembre llevaban flores a las sepulturas donde se habían enterrado a sus familiares asesinados".
En octubre de este 1936 fue también asesinado Julio Sanz Martín, enfermero-practicante en la Marina. Su nieta, Elvira Sanz, lo denuncia ante la Justicia argentina. "Mi abuelo tenía 34 años. El 22 de octubre de 1936 fueron unos hombres a su casa, donde vivía con su mujer y sus dos hijos, y dijeron que se lo llevaban a un juicio. Al día siguiente, el 23 octubre, apareció el cadáver en una cuneta de San Juan de Ouces. Su muerte quedó anotada en el Registro Civil causada por una "hemorragia intensa".
El único motivo por el cual Julio Sanz pudo ser asesinado es "publicar algunos artículos sobre reivindicaciones laborales" en diversas revistas y "estar afiliado a Izquierda Republicana". Como Julio, la represión en el estamento militar en Galicia afectó a 140 marinos ejecutados, así como al almirante Antonio Azarola Gresillón; el general de división Enrique Salcedo y el gobernador militar de Galicia Rogelio Caridad Pita.
El asesinato selectivo o indiscriminado no fue la única vía de represión. Con el objetivo de destruir una sociedad civil, plural y organizada fueron condenados a cadena perpetua 1.597 ciudadanos y 1.981 fueron sentenciados a diferentes penas de prisión inferiores. En total, 28.234 víctimas gallegos sufrieron algún tipo de persecución judicial por las nuevas autoridades militares. "Es imposible la cuantificación o estimación sobre otras formas de coerción o violencia: desde los encarcelamientos y torturas hasta las rapas y purgas de mujeres que se perpetran con idéntica escenificación en todo el territorio gallego y, a diferencia de las otras tipologías represivas, estaban diseñadas para su exhibición pública", señala la investigación de Nomes e Voces.
Así, en la Galicia de la Guerra Civil pueden ser perseguidos y exterminados desde un líder comunista local a un simpatizante de un sindicato que busca mejorar sus condiciones económicas pasando por la "burguesía progresista que a través del socialismo, el republicanismo o el galeguismo aspiran a consolidar el liberalismo democrático". "No se trata, pues, de un ataque a una posible revolución de tipo soviético —sin ninguna base documental—, sino de acabar con un sistema en el que cobra el protagonismo principal la participación ciudadana en un escenario tendente a la modernidad y el progreso", concluye la investigación de Nomes e Voces. 

 VER VIDEO----
SUSCRIBETE A NOSA CANLE DE YOUTUBE https://www.youtube.com/watch?v=6SVd-uAGBHk
ATOPANOS EN FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/

O CASON , O DESASTRE MEDIO AMBIENTAL NA GALIZA ( ver Video Documental )

                                                 Enlaces o Documental por Capitulos :

CAPITULO 1/5 https://www.youtube.com/watch?v=3kbOY6P5vDE
CAPITULO 2/5 https://www.youtube.com/watch?v=BkEQ7kGDhdg
CAPITULO 3/5 https://www.youtube.com/watch?v=7OzPCp42J58
CAPITULO 4/5 https://www.youtube.com/watch?v=vqgRSGW7Ut4
CAPITULO 5/5 https://www.youtube.com/watch?v=I_nTnFzruc4&feature=youtu.be
Siguenos en Facebook https://www.facebook.com/GalizaOficial/
Suscribete a nosa canle  https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

                                          A HISTORIA

O Cason foi un cargueiro panameño que o 5 de decembro de 1987, mentres navegaba fronte as costas galegas, sufriu un accidente por mor dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco terminou varando nas costas de Fisterra, na punta do Castelo da praia do Rostro, e morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.
FACEBOOK GALIZA https://www.facebook.com/GalizaOficial/
O Cason foi un cargueiro de bandeira panameña o 5 - 12- 1987 , cando  navegaba fronte as costas de Galiza , sufre un accidente causa dun temporal que fixo que a carga se correse e provocase un incendio. O barco terminou varando nas costas de Fisterra, na punta do Castelo da praia do Rostro, e morreron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.

                                           - VER CAPITULO 1/5 DO DOCUMENTAL - 
 

 Características
O barco fora botado en 1969. Tiña unhas dimensións de 137 metros de eslora e 21 metros de manga. Navegaba desde Rotterdam ó porto chinés de Shangai transportando unha carga de 1.100 toneladas de produtos químicos, distribuídos en 5.000 bidóns, sacos e contedores, clasificados como inflamables (xileno, butanol, butil de acrilato, ciclohexanona, sodio), tóxicos (aceite de anilina, difenilmetano, ortocresol, dibutilfalato, formaldehido) e corrosivos (ácido fosfórico, anhídrido alifático), que se embarcaran nos portos de Hamburgo e Antuerpen e a propia Rotterdam.
                                           - VER CAPITULO 2/5 DO DOCUMENTAL - 


O accidente

A solicitude de socorro foi lanzado ás 7:45 horas da mañá e atendida pola Axudantía de Mariña de Corcubión. Ás 10:30 chegaron xunto ó barco os servizos de salvamento, cando xa estaba a unhas cinco millas da costa, e observaron unha columna de fume que xurdía dunha das súas adegas. Os mariñeiros saltaran á auga e comezaron a recollerse os primeiros oito cadáveres.
Ás 8 da tarde embarrancaba preto da praia do Rostro, na contorna da Punta do Castelo , sospeitouse que o barco foi encallado deliberadamente polo remolcador español Remolcanosa 5, despois de que o armador se negase a responder economicamente do custo do rescate .

                                            - VER CAPITULO 3/5 DO DOCUMENTAL -
                                                                   
Nas poboacións costeiras xorde inmediatamente a inquietude ante o descoñecemento das características da carga que transportaba. O capitán, único membro da tripulación que coñecía esta información, morrera nas primeiras horas do accidente. O xefe de máquinas advertíu da existencia de bidóns marcados co símbolo de produto tóxico da clase 6  . O feito de que os mariñeiros saltaran á mar en vez de permanecer a bordo, tendo en conta que o incendio era local e non semellaba de gravedade, facía pensar nun grave perigo da posible explosión do barco e da súa carga. Todo o anterior, unido á falta de información oficial e ó confuso que era a información existente, fai que nas vilas próximas se sucedan as asembleas populares pero non serven para dar a información que esixen os veciños nin moito menos para tranquilizalos. O gobernador civil da Coruña, Andrés Moreno Aguilar, insistía en que a situación estaba controlada pero, simultaneamente, a Consellería de Educación ordenaba suspender as clases nos colexios da zona.
A mesma falta de información sobre as características da carga e sobre as causas do incendio afecta tamén ás autoridades, que non teñen elementos para adoptar decisións sobre o rescate. O que publican os medios, moitas veces contraditorio, tamén colabora fomentar a confusión e a desconfianza entre os veciños.
                                              - VER CAPITULO 4/5 DO DOCUMENTAL -
                                                    

Cando por fin se coñeceu o manifesto de carga, o día 7, cos produtos transportados e as súas cantidades exactas, tampouco se conseguiu tranquilizar á poboación, estendéndose os rumores da posible existencia de armas químicas ou materiais para fabricalas, ou mesmo material radioactivo. Anos despois, o propio Xosé Manuel Beiras Torrado, daquela parlamentario do BNG, dicía nun programa de televisión que "Aínda hoxe non se sabe se había elementos radioactivos dentro do Casón" (TVG: A caixa negra, 2009). Para xestionar a recollida da carga, veñen varios expertos holandeses mandados pola Unión Europea , pero os políticos locais e algúns medios de comunicación cuestionaron a súa experiencia e a veracidade da información que proporcionaban.
Durante os días 9 e 10, os remolcadores Punta Salinas e Alonso de Chaves comezaron a retirar bidóns das adegas do barco. O día 10 empeorou o tempo e as ondas terminaron por mollar a carga que aínda permanecía no barco e, con ela, os bidóns de sodio. O sodio, en contacto coa auga, dá lugar a sosa cáustica e libera hidróxeno, que é inflamable e explosivo. Iso explica que comezaran a producirse numerosas explosións no barco e un violento incendio que provocou unha grande alarma social ante a posibilidade de que a nube tóxica que se formou sobre o barco e que avanzaba cara a costa puidese caer sobre os habitantes dos pobos costeiros. A TVG retransmitiu o momento en directo.
Inmediatamente, o medo ante as explosións e a densa nube que se levantaba do barco apoderouse da maioría dos veciños e moitos deles abandonaron a zona cara o interior. As informacións confusas que daban as autoridades nacionais, autonómicas e locais e os medios contribuíron a crear unha situación que se deu en chamar de "histeria colectiva".

                                              - VER CAPITULO 5/5 DO DOCUMENTAL -

Por fin, na noite do día 10, o Goberno central, de Felipe González, e mais o galego, presidido por Fernando González Laxe, que acababa de tomar posesión había poucas semanas, decidiron evacuar a poboación de Fisterra, Cee e Corcubión (unhas 15.000 persoas) cara á Coruña, Santiago de Compostela etc. . Domingo García-Sabell, entón delegado do Goberno en Galicia, afirmou que non se sabía a toxicidade das emisións que saen do barco pero que a posibilidade de que sexa tóxico aconsellaba tomar esa medida, e anunciou o envío de 300 autobuses (cifra que prometeu aumentar a 700 se fixeran falta). En calquera caso, os veciños de Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía, Camariñas etc. comezaron a abandonar as súas casas polos seus propios medios cara distintas poboacións do interior, nunha fuxida masiva durante unha noite caótica que provocou numerosos problemas de circulación; mesmo houbo quen escapou nos barcos pesqueiros. Só tres horas despois de comunicar a necesidade de evacuar a zona, o Goberno anulouna explicando que novas análises demostraran que non existía ningún perigo para as persoas: os niveis de contaminación non eran tóxicos, asegurou. Como era esperable, a coexistencia destas mensaxes contraditorias por parte das autoridades non fixo senón incrementar a desconfianza.
Nos días seguintes foise recuperando a tranquilidade e os veciños foron regresando paulatinamente ás súas casas, aínda que primeiro o fixeron os adultos, deixando os meniños nos distintos puntos de acollida .
"Estoy contenta de haber podido volver a casa. Cuando nos marchamos mi marido y yo, teníamos la sensación de que no íbamos a poder volver a nuestra casa. Pensábamos que el barco podría explotar y que esta zona podía quedar contaminada y que no podríamos volver en varios años. No entiendo cómo no ha habido ninguna autoridad que informara claramente de lo que podíamos y de lo que no podíamos hacer"
El País, 13.12.1987.
Anos despois correron os rumores de que aumentaran considerablemente os casos de cancro entre os habitantes da zona, especialmente o cancro de estómago, pero ningún estudo conseguiu evidenciar nin o incremento desta patoloxía nin que os casos que se deron tivesen relación co Cason.

Retirada dos bidóns recollidos

Durante os primeiros días sacáronse do barco 255 bidóns de distintos produtos que se almacenaron no porto de Brens, en Cee, pero o Goberno central decidiu levar a carga lonxe, ante a sensibilización da poboación. O destino inicialmente previsto foi unha base que o Exército tiña en Parga, no concello de Guitiriz, unhas antigas instalacións militares nas que a carga tóxica estaría segura.
Os veciños de Guitiriz tampouco aceptaron ser o depósito dos bidóns tóxicos e interceptaron o convoi, que viña protexido pola Garda Civil, colocando barricadas nas estradas e parándose diante dos camións , polo que se decidiu entón trasladar a carga ó peirao de Alumina-Aluminio (hoxe Alcoa) en San Cibrao.
Ó ser rexeitada a carga en Alúmina-Aluminio, os camións foron descargar ó porto de Morás, en Xove, onde se repetiron as protestas e as concentracións de veciños.
Ó ser rexeitada a carga en Alúmina-Aluminio, os camións foron descargar ó porto de Morás, en Xove, onde se repetiron as protestas e as concentracións de veciños. Finalmente a carga foi embarcada o día 12 no barco Galerna e trasladada a Antuerpen, onde foi descargada sen que se producise conflito ningún . A citada reportaxe sobre o informe da Comisión parlamentaria concluía dicindo que "la comisión, con todos sus parlamentarios, que son nuestros representantes democráticos, desconoce hoy día la carga exacta del Cason y duda que la Administración sepa más que ellos" .

Conflito laboral en Alúmina-Aluminio

Na noite do día 11, o Gobernador Civil de Lugo comunica ó director da empresa que ía recibir unha "carga reservada" que sería cargada nun barco á medianoite dese mesmo día. Os camións non chegaron ata as 8:45 horas do día 12 e do barco non se sabía aínda nada, e o director da planta, cando comprobou que o que transportaban os camións se trataba da carga do Casón prohíbe a súa entrada nas instalacións, e quedan aparcados a uns 600 metros da entrada, cerca do porto de Morás.

Na factoría reprodúcense os enfrontamentos e o Comité de Empresa acorda rexeitar a entrada dos camións, para o que coloca maquinaria pesada obstruíndo os accesos, á vez que ameaza con impedir que o Goberno Civil use o porto con este fin e co abandono das instalacións polos traballadores Os intentos da dirección, de membros de Protección Civil e do mesmo Gobernador Civil en persoa, desplazado ante o Comité, de obxectivizar o risco (os produtos transportados nos bidóns non representaban perigo ningún) foron infrutuosos, así como as propostas ó gobernador de efectuar a carga no porto de Morás ou noutros portos próximos (ó que opoñen terminantemente as autoridades locais correspondentes).
Finalmente, na mañá do día 13 parece chegarse ó acordo de facer a carga en Morás, sen entrar na factoría nin usar o porto da empresa, sen necesitar que ningún dos operarios da empresa tivesen que intervir na operación da carga no barco. Non obstante, na mañá do día 14, cando os camións se poñen en marcha, os traballadores abandonan a fábrica sen cubrir os servizos mínimos. Os mandos da planta intentan manter as cubas en funcionamento.
Con toda a rapidez posible o Galerna entra no porto de Morás e remátase a carga ás 21:30 horas, para abandonar o porto menos de unha hora despois. O xefe de Protección Civil expide un certificado de non contaminación. Pero aínda así, os traballadores non se reincorporan ós seus postos pois esixen que non se tomen represalias nin se lles desconten as horas non traballadas, condicións que a dirección da empresa non acepta, á vez que advirte que a situación das cubas é crítica e que existe o perigo de paralización. As negociacións sucédense durante toda a mañá do día 15, sen que ninguén se reincorpore ó traballo, e prodúcese a paralización, apagándose liñas que alimentan as cubas de electrólise sen aplicar o procedemento de parada establecido, polo que o aluminio se solidifica no seu interior.

O custo da avaría provocada e os derivados de poñer de novo a factoría en funcionamento estimouse en máis de 20.000 millóns de pesetas, aínda que a aseguradora estatal Musini só recoñeceu 3.300 millóns. Unha vez paralizada irreversiblemente a liña de fabricación, a empresa endurece a súa postura e adopta medidas disciplinarias: o despido de 111 traballadores por non prestar os servizos mínimos necesarios e apertura de expediente disciplinario ós 23 membros do Comité de Empresa, que tamén se resolveu no seu despido, neste caso, procedente.
Un dos membros do Comité explicaba anos despois que a empresa aproveitou a ocasión para desfacerse do Comité e acabar co conflito laboral que viña xestándose desde un ano antes para evitar unha reconversión
En 2008, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha iniciativa proposta polo BNG un recoñecemento explícito do labor sindical dos 23 despedidos .

Final do Cason

O barco foi parcialmente despezado no lugar onde varou, aínda que boa parte da súa estrutura permanece aínda baixo as augas da praia do Rostro. Unha áncora do Cason foi colocada no peirao de Fisterra .

SIGUENOS EN FACEBOOK : https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN SUSCRIBETE A NOSA CANLE EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

luns, 14 de marzo de 2016

O CARRO E O HOME

O carro e o home é un filme documental en branco e negro dirixido por Antonio Roman  e guionizado entre Xaquin Lorenzo  e o propio Antonio Román. Foi rodado en 1940 e estreado en 1945. Finalizada a rodaxe, o filme quedou sen sonorizar. Xaquín Lorenzo gardou unha copia en Ourense que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ó impulso de Eloy Lozano e a colaboración co Museo do Pobo Galego . Carlos Serrano  sonorizou outra copia pola súa conta en 1945.
É un relato da vida do carro galego ,  na cal interveñen veciños da aldea de Facós , no concello ourensan de Lobeira. Xaquín Lorenzo e Antonio Roman achéganse á vida no rural a través do carro, un símbolo da cultura material galega

VER VIDEO..    
                                                            https://youtu.be/YtAGXV2ptRE
ARGUMENTO
O carro representa máis que un transporte de labor na Galicia rural. Formaba parte do traballo, da cultura, da paisaxe e do lecer dos labregos. Así, amósase o ciclo de vida dun carro dende a súa construción ata a súa "morte", ademais doutras tarefas da vida cotiá da aldea como a malla ou a confección do liño.

O filme fíxose con poucos medios, aproveitando que Antonio Román tiña a súa propia cámara e unha pequena moviola na casa. Tiña un orzamento de 8.000 ptas (48 euros) que se investiron para levar ó laboratorio os 100 planos dos que se compón.