Santiago Casares Quiroga, nado na Coruña o 8 de maio de 1884 e finado en París o 17 de febreiro de 1950, foi un político e avogado galego.
Fillo de Santiago Casares Paz, militante do Partido Republicano Federal e alcalde republicano da Coruña en 1917. Desde os cinco anos padeceu tuberculose. Cursou os estudos universitarios en Madrid e doutorouse en Dereito cunha tese dedicada á Ramón de la Sagra. Dende 1907 foi concelleiro na Coruñá e nese ano convertiuse nun dos membros destacados de Solidaridad Gallega. Ligado ao Partido Republicano Autónomo da Coruña do que foi líder con 24 anos. En 1914 asumiu a dirección do periódico republicano Tierra Gallega. Como consecuencia da súa implicación nunha campaña anticlerical en 1917 na que resultou agredido, foi destituído como concelleiro. En 1919 figurou como candidato a Deputado a Cortes pola Coruña na coalición republicano-socialista. Casou en 1920 con Gloria Pérez Corrales. Coa chegada ao poder de Primo de Rivera permaneceu un curto período na cadea e despois dedicouse aos negocios e a administrar a súa fortuna. O 11 de febreiro de 1926 creouse a Alianza Republicana, e integrouse nela con Gerardo Abad Conde como representantes do Casino Republicano Coruñés. O 5 de setembro de 1929 Casares reúnese no Casino de Santiago de Compostela con Emilio González López, Antón Villar Ponte e outros intelectuais para crear un novo partido político republicano de carácter autonomista que se denominño ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma). Participou no Pacto de San Sebastián (1930), en representación da Federación Republicana Gallega. En decembro dese ano, foi enviado a Jaca como delegado do comité revolucionario republicano na clandestinidade para evitar a sublevación que preparaban un grupo de militares republicanos. Non chegou a tempo, polo que a sublevación tivo lugar, sen éxito ningún. A consecuencia disto, foi encarcerado. Coa chegada da República foi nomeado Ministro da Mariña no goberno provisional e máis tarde Ministro de Gobernación. Elixido deputado polas Cortes Constituíntes pola ORGA, seguiu sendo Ministro de Gobernación durante o goberno socialista-republicano presidido por Manuel Azaña. Monumento a Santiago Casares Quiroga na Coruña. Elixido deputado de novo en 1933, e en 1934 (a ORGA pasa a chamarse Partido Republicano Gallego) une o seu partido co de Azaña e outras forzas para crear a Izquierda Republicana, partido que se integraría no Frente Popular. Tralas eleccións de 1936 é nomeado Ministro de Obras Públicas. Tralo acceso de Azaña á presidencia da República, Casares Quiroga é nomeado Presidente do Goberno e Ministro da Guerra. Como presidente, organiza o referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, o terceiro que se presenta despois dos de Cataluña e País Vasco, o cal é aprobado o 28 de xuño do mesmo ano. Segue sendo presidente do goberno cando se produce a sublevación militar do 18 de xullo de 1936 que desembocaría na Guerra Civil Española. Afirmouse tradicionalmente que se negou a entregar as armas ás organizacións obreiras, polo que dimitiu e foi substituído por Diego Martínez Barrio de forma interina e por José Giral definitivamente. Así e todo, as memorias de Manuel Portela Valladares (inéditas até 1972) e as da súa filla María Casares, coinciden en afirmar o contrario: foi o presidente da República, Manuel Azaña, quen cesou a Casares o mesmo 18 de xullo de 1936 porque este último quería entregar as armas ao pobo. Non ocupou ningún cargo máis durante a Guerra Civil, marchando a Francia antes da súa finalización. Morreu no exilio en 1950. O 14 de abril de 2007 foi inaugurada na Coruña a Casa Museo Casares Quiroga na que fora a súa casa na Coruña.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao. Dende moi neno adicouse ó estudo do francés e da contabilidade. Estudou peritaxe mercantil na Escola de Comercio da Coruña por libre, ó mesmo tempo que impartía clases ós máis novos nun colexio de Ourense. Asiduo lector da Revista Nós pronto comezou a escribir en La Zarpa de Basilio Álvarez. Foi nas follas deste xornal onde se deu a coñecer como un gran comunicador. Logo participou nunhas oposicións en Madrid a unha das dez prazas de xefe de Facenda do estado conseguindo o número un en 1924. Por este motivo José Calvo Sotelo ofrécelle un posto no seu Comité de Intervención de Cambios; porén Alexandre rexeitou a oferta e volveu a Galiza para traballar na delegación de facenda de Ourense. Tras aprobar outras oposicións marchou a Pontevedra a ocupar o posto de Xefe de Contabilidade con tan só 23 anos. Pronto tomou contacto co faladoiro que presidían Castelao e Losada Diéguez no Café Méndez Núñez e viuse envolto nas actividades dos dous galeguistas. Ámbolos dous introducírono na política e noutros campos, como a Coral Polifónica de Pontevedra, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego (filla de Xerardo Álvarez Limeses), coa que casou o 20 de outubro de 1930 no Mosteiro de San Xoán de Poio e coa que tivo cinco fillos. En 1930 convértese no primeiro director da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. En 1928 e 1929 recibira unha bolsa da Deputación de Pontevedra para viaxar a Barcelona e Guipúscoa para estudar o funcionamento das Caixas de Aforros. En 1932 participou na asemblea pro-estatuto que se celebrou en Santiago de Compostela e resultou elixido membro da comisión redactora. Tivo un papel moi activo na redacción do estatuto e na Asemblea de municipios que se creou para debatelo. En 1933 foi elixido membro do Comité da Autonomía presidido por Bibiano Fernández Osorio Tafall. O 20 de outubro de 1934 publicouse unha orde ministerial impoñéndolle un destino administrativo forzoso na delegación de facenda de Cádiz. Retornou no outubro do ano 1935 a Galiza ó obter unha praza na delegación de facenda de Vigo. En 1936 participou na campaña electoral, á que acode como candidato da Fronte Popular pola provincia de Ourense mentres tomaba posesión dun cargo na delegación de facenda de Pontevedra. Tralo Alzamento Nacional foi detido o 20 de xullo de 1936 acusado de traizón e condenado a morte nun xuízo celebrado o 13 de agosto dese mesmo ano. A sentenza executouse o 17 de agosto na Caeira (Poio). Na madrugada antes do seu fusilamento escribiu varias cartas, a derradeira delas dicía así: Madrugada do 1.936
Querido Vitín: Non sei si fixen ben ou mal en procurar que me axudases con proveito. En calquera caso foi con desexo do teu ben. Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname. Sé agora máis home que endexamais porque é cando máis o precisas, polos nosos vellos e polos nenos, de quen, sin que puidéramos esperalo, vas ser un pouco pai. Confórtaos a todos e procura ser sempre bon. Non te arrepintas de canto ben teñas feito e podas ainda facer. Vitinciño: Aos papás, a Vera, a Carlos, a Cesar, a todos, as miñas apertas. Pra ti, irmanciño bon, a máis grande que poidas recibir de Alexandre. Está enterrado no camposanto de San Amaro. Alexandre Bóveda é un dos mitos do galeguismo. Foi convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Na data da súa morte celébrase actualmente o Día da Galiza mártir.
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Isaac Díaz Pardo naceu en Compostela en 1920. A súa educación estivo marcada polo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento (Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, Risco...), reunidos no obradoiro do seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño (membro activo das Irmandades da Fala asasinado en 1936), ou na imprensa de Ánxel Casal, amigo da familia. O seu compromiso con Galiza iníciase en 1936, cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Entre 1939 (ano en que gaña unha bolsa de Artes Plásticas da Deputación Provincial da Coruña) e 1942, estudiou Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid, participando nunha experiencia pioneira sobre deseño industrial. Completaría a súa formación cunha viaxe de final de carreira a Italia. Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría (en pleno recoñecemento do seu labor) en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internacionalización da nosa cultura e, por outro, a rexeneración da desarticulada historia do noso país. Con todo, a pintura vai continuar presente no seu labor creativo posterior (escenografías, obra gráfica...) Un ano antes puxera xa en andamento unha pequena fábrica de cerámica no Castro de Samoedo (Sada - A Coruña), explotando as materias primas do primitivo complexo de Sargadelos (Cervo - Lugo) creado no século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez. En Arxentina, a onde se dislocou por primeira vez en 1955, coñeceu os galeguistas exiliados. Alí montou unha nova fábrica de cerámica e entablou amizade con Luís Seoane e a revista Galicia Emigrante, en que participaría co pseudónimo Ollarnovo. Desde este momento, Seoane convertiuse nun estreito colaborador nas iniciativas culturais e empresariais do compostelán. Así, co apoio de outros galeguistas (Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco-Amor, Laxeiro...), fundaron en 1963 o Laboratorio de Formas, ao que se incorporaría posteriormente o arquitecto Andrés Albalat. Desde esta institución irían tomando forma proxectos como o Complexo Industrial Sargadelos (en convenio con Cerámicas do Castro) e Ediciós do Castro (ambos en 1963), o Real Patronato de Sargadelos (encargado da protección do recinto do primitivo complexo, declarado en 1972 conxunto histórico-artístico), o Museo Carlos Maside (1970), o Instituto Galego de Información (a partir dunha idea do xornalista Lorenzo Varela) ou o novo Seminario de Estudos Galegos. Isaac Díaz Pardo naceu en Compostela en 1920. A súa educación estivo marcada polo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento (Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, Risco...), reunidos no obradoiro do seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño (membro activo das Irmandades da Fala asasinado en 1936), ou na imprensa de Ánxel Casal, amigo da familia. O seu compromiso con Galiza iníciase en 1936, cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. A inxente actividade rexeneradora promovida por Isaac Díaz Pardo atinxe todo tipo de actos e iniciativas en que se plasma a súa idea, afastada das visións folcloristas, dunha nación galega proxectada cara o futuro. No campo literario, o labor do galeguista non se limitou a soster unha plataforma editorial: el propio cultivaría varios xéneros, desde o teatro, a crítica e o ensaio ou os cartaces de cego, para alén dunha continuada presenza nos medios xornalísticos. En xaneiro de 2007 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.
SUSCRIBETE A ESTA CANLE PARA VER MAIS VIDEOS
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 en Imo, na
parroquia de San Xoán de Laiño, no Concello de Dodro, nunha familia
labrega que como tantas na nosa Patria, tivo que trasladarse á cidade na
busca de mellores condicións de vida.
En Vigo e mentres o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba o
bacharelato e atendía o bar que a súa familia puxera cos seus aforros,
cun breve período de traballo na construción cando tiña 15 anos. Pouco a
pouco vai sentindo no seu propio corpo a opresión nacional de Galiza: o
baixo nivel de vida do agro, a superexplotación, o conflito
lingüístico… tomando conciencia do asoballamento colonial do noso povo.
Posteriormente matricúlase na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo,
onde se titula con moi boa cualificación. Xosé Ramón, que contaba con
grandes simpatías no ambiente estudantil pola súa seriedade profesional e
o seu compañeirismo, desempeña un papel moi activo nas reivindicacións
do estudantado naqueles anos e na defensa da cultura e dos intereses do
povo galego. Daquela é un dos fundadores da revista “Des…tornillo” que
desempeñou un grande papel de concienciación; formando parte do grupo
cultural “O Castro” que aborda –dentro das dificultades daquel tempo- o
problema nacional galego; e no ano 1969 ingresa como militante na UPG.
Rematada a carreira, a Escola dálle unha bolsa para facer un traballo
de especialización en “Asteleiros Barreras” –xeito de explotar aos
recén titulados-, alí convive coas masas obreiras e ten ocasión de
coñecer a explotación capitalista, situación que aproveita para estudar a
fondo os mecanismos utilizados pola patronal (xefes, confidentes..),
así como o xeito de combatelos. Neste tempo, 1972, ten lugar a Folga de
Setembro e Moncho xoga nela un grande papel revolucionario, tanto de
combate como de organizador.
Perdida a beca por esta causa e entregado de cheo á loita pola
liberación da Galiza, traballa en “Alvarez” de Vigo, tendo que deixalo
por razóns de saúde xa que ao estar operado de pleuresía o ambiente da
fabrica éralle moi prexudicial. Trasladase entón a Ferrol onde traballa
en “Astano” e posteriormente á Coruña entrando como obreiro no cadro de
persoal de “Intelsa”.
Moncho procede por este tempo, por encargo da UPG a organizar a
Fronte Cultural Galega. É en grande maneira o responsábel do que a
Fronte Cultural foi naquel entón e do importantísimo papel que
desempeñou no panorama cultural de Galiza. Por primeira vez existiu unha
coordinadora efectiva entre a maioría das Asociacións Culturais de
Galiza e o voceiro da Fronte Cultural.
Polas mesmas datas, anos 73 e 74 é un dos organizadores dos grupos
sindicais –as reunións de traballadores- que orixinarían no ano 75 o
Sindicato Obreiro Galego (SOG) logo integrado na Intersindical Nacional
Galega e antecesor máis lonxano da actual Confederación Intersindical
galega (CIG). E a alma do grupo da Coruña que arredor do voceiro “Xerme”
desempeña naquel entón un papel fundamental no camiño cara un
sindicalismo especificamente galego. O “Xerme”, dunha extraordinaria
calidade, crea un novo estilo dentro da prensa obreira en Galiza. Tamén é Moncho, membro do Comité Central e do Comité Executivo da
UPG, un dos artífices do que a UPG comeza a ser desde o 1972: unha
organización proletaria que tendo como guía da súa acción o
marxismo-lininismo, é o motor do movemento nacionalista galego. A
espléndida realidade actual do nacionalismo é froito do traballo heroico
destes anos. A súa morte tronza moi cedo a traxectoria militante deste
dirixente pero o Partido, na súa realidade comunista e patriótica
actual, é moi consciente até que punto é debedor do traballo, do
pensamento e da vida de Moncho.
Participou, dentro da liña política acordada pola UPG, nun grupo
dedicado a dotar de infraestrutura loxística ao Partido, con accións
propias da clandestinidade e fronte a un estado fascista. Atopándose en
Ferrol, onde se estaba organizando a UPG, a Brigada Político Social
(BPS) estabelece na noite do 11 de agosto do 75 un control na zona de
Canido. Ás 2 da mañá numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de
300 axentes da Policía Armada acordoaron o edificio onde se atopaba con 2
militantes máis que grazas á intervención de Reboiras –o único que
estaba armado- lograron fuxir.
Reboiras logra zafarse da policía durante máis de dúas horas,
logrando finalmente esta darlle alcance no portal da rúa da Terra (onde
se lle fai todos os anos unha homenaxe), disparándoo sen opción a outras
saídas. A partir dese momento desatase un amplo operativo en toda
Galiza coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a
Portugal (xa trunfara a Revolución dos Cravos en Abril do 74) dun
nutrido grupo de membros da UPG.
Homaxe a Moncho Reboiras no cimiterio de Imo, concello de Dodro, o 12 de
Agosto de 1977. Na fotografía sostendo unha grande bandeira da U.P.G.
pode verse, entre outros, a un rapaz que posteriormente sería presentador de eventos deportivos na TVG.
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Fillo de Juana Posse, Pablo Iglesias naceu nunha familia humilde. Frecuentou a escola entre os seis e os nove anos, cando o seu pai, funcionario público, morre. Ós 9 anos emigrou xunto á súa nai e ó seu irmán menor Manuel (que máis tarde morrería de tuberculose) a Madrid. Alí a súa nai vivía pedindo esmola, polo que debido á falta de fondos foi ingresado no hospicio de San Fernando, que abandonou ós 12 anos. Acabados os seus estudos primarios e de tipógrafo, entrou a traballar nunha imprenta á vez que asistía a clases nocturnas de francés pagadas por el mesmo.
Durante o Sexenio Revolucionario (1869-1875) asistíu a unha serie de charlas en Madrid, entrando a formar parte da sección de tipógrafos en 1870. Tras isto, comezou a sufrir persecucións e despedimentos por parte de distintas imprentas até que en 1874 conseguiu acceder á presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir. Dende este posto comezou a preparar, na clandestinidade, un novo partido político de corte obreiro-socialista, que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación clandestina do PSOE na Casa Labra xunto a 16 tipógrafos, 4 médicos, un doutor, dous xoieiros, un marmorista e un zapateiro.
Pablo Iglesias en Vigo, con Heraclio Botana, nunha visita do fundador do PSOE e a UGT.
En 1885, tras abandonar a presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir conseguiu o máximo posto na Federación Tipográfica Española. O 12 de maio de 1886 sae á luz o primeiro número d’El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por el mesmo e que se continúa editando na actualidade. Entre os seus traballos coma xornalista cómpre destacar a súa colaboración nos xornais La Solidaridad e La Emancipación.
Fundación de UXT
En 1888 fundou a Unión Xeral de Traballadores (UXT), accedendo á súa presidencia en 1889. Este mesmo ano acudiu ao Congreso fundacional da II Internacional como representante portavoz do PSOE.
En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de Maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cesamento do emprego de nenos en actividades laborais. Tamén nese ano celebrou o II Congreso do PSOE, no que se decidiu participar nas eleccións como partido republicano de corte obreiro-socialista. De feito nas eleccións de 1905 Pablo Iglesias, Largo Caballero e García Ormaechea saíron elixidos concelleiros por Madrid.
Monólito na honra de Pablo Iglesias no Cantón de Molíns (Ferrol).
Primeiro deputado da historia do PSOE[editar | editar a fonte]
En 1908 fundou a Casa do Pobo de Madrid. En 1909 foi detido ilegalmente durante a Semana Tráxica de Barcelona como forma de represión. En 1910 o PSOE conseguiu o seu primeiro deputado da historia no Parlamento Español, que ocupou Iglesias e en sucesivas eleccións foi incrementándose o número de representantes. En 1919 cesou parcialmente das súas obrigacións políticas por mor dunha pulmonía e unha saúde cada vez máis resentida.
Escisión ideolóxica do partido
En 1920 e 1921 o PSOE sufriu a escisión de dous grupos partidarios de adherirse á Internacional Comunista (III Internacional) convocada por Lenin. Estes grupos (Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro Español descontentos coa moderación do PSOE) acabaron fundando o Partido Comunista de España.
O 9 de decembro de 1925 produciuse o seu pasamento en Madrid e o seu cadáver foi embalsamado e exposto na Capela da Casa do Pobo de Madrid. 150.000 cidadáns acudiron ó seu funeral, que desembocou nunha manifestación lembrada por moito tempo.
O seu pensamento[editar | editar a fonte]
"O Partido Socialista é a enteira emancipación da clase traballadora: é dicir, a abolición de tódalas clases sociais e a súa conversión nunha soa de traballadores ceibes e iguais, honrados e intelixentes" - Pablo Iglesias.
Pablo Iglesias Posse, nado en Ferrol o 18 de outubro de 1850 e finado en Madrid o 9 de decembro de 1925, foi un político galego, fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT).
VER MAIS VIDEOS
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Gonzalo Torrente Ballester, nado en Serantes (Ferrol) o 13 de xuño de 1910 e finado en Salamanca o 27 de xaneiro de 1999, foi un novelista galego en lingua castelá. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Literatura
Gonzalo Torrente Ballester naceu no concello de Serantes, dende 1940 integrado no concello de Ferrol. Era fillo de Gonzalo Torrente Piñón, militar da Mariña. Estudou no Colexio da Nosa Señora da Mercede, e fixo o bacharelato na Coruña como alumno libre. En 1926 matriculouse por libre na Universidade de Santiago de Compostela.
Por motivos familiares trasladouse a Oviedo, onde comezou a estudar Dereito. Alí tivo os seus primeiros contactos coas vangardas literarias, e iniciou a súa actividade periodística no diario El Carbayón. En 1928 foi vivir a Lavadores (Vigo), e en 1929 marchou a Madrid, onde coñeceu a Valle-Inclán, comezou a estudar Filosofía e Letras e colaborou na publicación anarquista La Tierra. En 1930 volveu a Ferrol, e en 1931 marcha coa familia a Bueu. Alí coñeceu a Josefina Malvido, coa que casou en 1932 e coa que tivo catro fillos entre 1934 e 1938. Logo dunha estancia en Valencia, regresou a Ferrol por mor da asma da súa muller. Nesta cidade traballou como profesor de gramática, latín e historia na academia Rapariz. Matriculouse de novo como alumno libre na Facultade de Letras de Santiago e afiliouse ao Partido Galeguista. En 1935 licenciouse en Historia, e exerceu de Secretario Local do Partido. En 1936 aprobou a oposición para profesor auxiliar na Universidade compostelá na especialidade de Historia Antiga.
Guerra e posguerra
Presentación dunha escultura no Café Novelty de Salamanca en 2000. De esquerda a dereita, o escultor Fernando Mayoral, Carlos Casares, a súa viúva María Fernanda Sánchez-Guisande Caamaño, e o director da RAE Víctor García de la Concha.
O Alzamento Nacional que deu pé á guerra civil española colleuno en París, onde preparaba a súa tese doutoral. Regresou a Galiza en outubro para estar coa familia. Por consello dun sacerdote coñecido seu afiliouse á Falange Española. En 1937 coñeceu en Pamplona a Dionisio Ridruejo e os demais intelectuais falanxistas do Grupo de Burgos, como Pedro Laín Entralgo, Luis Rosales ou Luis Felipe Vivanco, cos que en 1941 creou revista Escorial. Publicou o ensaio Razón y ser de la dramática futura na revista Jerarquía. En 1938 marchou a Burgos, onde publicou El viaje del joven Tobías. Milagro representable en siete coloquios. En 1939 incorporouse como profesor auxiliar á Universidade de Santiago, e publicou Las ideas políticas: el liberalismo, Antecedentes históricos de la subversión universal e El Casamiento engañoso (Premio Nacional de Autos Sacramentales). En 1940 preparou a oposición para ser docente de ensino medio e gañou a praza en Ávila, pero permaneceu en Santiago en comisión de servizo. Publicou Lope de Aguirre, na revista Vértice. En 1942 volveu a Ferrol, dando clases no instituto Concepción Arenal. Publicou República Barataria. Teomaquia en tres actos, el primero dividido en dos cuadros e Siete ensayos y una farsa.
En 1943 publicou a súa primeira novela, Javier Mariño, que foi secuestrada pola censura aos vinte días de saír. En 1944 publicou os relatos "Gerineldo" no diario Arriba, e "Cómo se fue Miguela", en El Español. En 1946 publicou El retorno de Ulises. Comedia e El Golpe de Estado de Guadalupe Limón, e traduciu, prologou e anotou Las elegías de Duino de Rainer María Rilke en Nueva Época, xunto coa alemá Metchild von Hesse Podewils.
Madrid
En 1947 trasladouse a Madrid como profesor de Historia Universal na Escola de Guerra Naval, onde permaneceu até 1962. En 1948 iniciou a súa actividade como crítico teatral no diario Arriba e publicou Compostela y su ángel. En 1949 comezou como crítico teatral en Radio Nacional de España, publicou Literatura Española Contemporánea e participou nos guións das películas Llegada de noche e El cerco del diablo de José Antonio Nieves Conde. En 1950 escribiu La Princesa durmiente va a la escuela (editada en 1983), e publicou Ifigenia, e Atardecer en Longwood. En 1951 escribiu o guión da película Surcos e en 1953 o de Rebeldía, as dúas de de José Antonio Nieves Conde. En 1954 publicou Farruquiño, en Cid (La novela del Sábado).
En 1957 publicou El señor llega (primeiro volume da triloxía Los gozos y las sombras), e Teatro Español Contemporáneo. En xaneiro de 1958 enviuvou, e ao mes seguinte faleceu o seu pai. En 1959 publicou El señor llega, que recibiu o Premio de Novela da Fundación Joan March. Viaxou a Mallorca para continuar a triloxía, e alí escribiu Donde da la vuelta el aire. En xaneiro de 1960 coñeceu a María Fernanda Sánchez-Guisande Caamaño, coa que casou en maio e coa que tivo sete fillos. Viaxou a París e Alemaña, e en Ferrol mercou o seu primeiro magnetófono, que utilizou desde entón no seu traballo. Nese mesmo ano publicou Donde da la vuelta el aire. En 1961 publicou Panorama de la Literatura Española Contemporánea.
En 1962 firmou un manifesto en defensa da folga dos mineiros en Asturias, o que lle custou o posto de traballo como docente e como colaborador en RNE e Arriba. Tamén neste ano rematou a triloxía con La Pascua triste. En 1963 publicou Don Juan, que tivo problemas coa censura e pouca acollida entre o público, motivo polo que deixou de lado durante un tempo a escritura e se adicou á tradución. Interviu no Congreso de Escritores de Madrid. En 1964 solicitou a reincorporación no ensino medio, sendo destinado a Pontevedra. Comezou a colaborar no Faro de Vigo coa columna "Amodo". En 1965 publicou Aprendiz de hombre.
Estados Unidos
En 1966 foi invitado como profesor distinguido á State University of New York en Albany. Cruzou o Atlántico en agosto, cos seus cinco fillos do segundo matrimonio e a súa biblioteca particular. En 1968 recibiu as visitas de Dionisio Ridruejo, Ramón Piñeiro e Dámaso Alonso. Rematou a novela Off-side, escrita cunha bolsa da Fundación Joan March, e comezou a escritura de Campana y piedra, que deu pé a La saga/fuga de J. B..
Trala morte da súa nai en 1970, regresó a España e foi destinado ao instituto de Orcasitas (Madrid). En 1971 regresou a temporalmente Albany e rematou La saga/fuga de J. B., que recibiu o premio da Crítica e o Ciudad de Barcelona en 1972. En 1973 abandonou a docencia nos EUA, sendo destinado ao instituto da Guía, en Vigo. Iniciou a columna "Cuadernos de la Romana" en Informaciones. En 1975 foi elixido membro da Real Academia Española.
Recoñecemento
Trasladouse a Salamanca para impartir aulas no instituto Torres Villarroel. Durante os case vinte e cinco anos que viviu en Salamanca congregou arredor súa a vida cultural da cidade universitaria, e era habitual velo no centenario café Novelty da praza Maior, onde actualmente hai unha escultura na súa memoria. Publicou o ensaio El Quijote como juego, e apareceu en libro a columna Cuadernos de la Romana. En 1976 sufriu un infarto, e publicou Nuevos Cuadernos de la Romana, continuación da columna de Informaciones. En 1977 leu o seu discurso de ingreso na RAE, na que ocupou a cadeira E, co título Acerca del novelista y de su arte. Foi contestado por Camilo José Cela. Publicou Fragmentos de Apocalipsis e saíu o primeiro volume dun proxecto de Obra Completa, que non rematou. En 1978 iniciou a redacción de relatos para Las sombras recobradas, libro publicado en 1979. En 1980 xubilouse da docencia. En 1981 acadou o Premio Nacional de Literatura por La isla de los Jacintos Cortados e iniciou a serie de artigos Cotufas en el golfo, no diario ABC. Publicou un Curriculum, en cierto modo, na revista Triunfo. Supervisou o guión e a produción da serie de TV Los gozos y las sombras, baseada na súa triloxía e rodada en Pontevedra. A serie emitiuse ao ano seguinte en TVE, con grande éxito de crítica e público.
En 1982 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras, ex aequo con Miguel Delibes Setién. Publicou Ensayos críticos, Los cuadernos de un vate vago e Dafne y ensueños. En 1983 foi nomeado Fillo Predilecto de Ferrol e publicou La Princesa Durmiente va a la escuela. En 1984 foi nomeado Fillo Adoptivo de Salamanca e publicou Quizá nos lleve el viento al infinito. En 1985 recibiu o Premio Cervantes, sendo o primeiro novelista español en acadalo; recibiu tamén o Premio Vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza polo conxunto da súa obra. Publicou La rosa de los vientos. En 1986 viaxou como conferenciante a os Países Baixos, Dinamarca e Arxentina. Publicou Cotufas en el golfo e representouse por vez primeira unha versión dunha obra teatral súa, ¡Oh, Penélope!, baseada en El retorno de Ulises.
En 1987 publicou Yo no soy yo, evidentemente e foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Salamanca. En 1988 foino polas universidades de Santiago de Compostela e Dijon, e foi nomeado Cabaleiro de Honor das Artes e as Letras da República de Francia. Gañou o Premio Planeta con Filomeno, a mi pesar, e publicou Ifigenia otros cuentos. En 1989, ano en que foi operado de cataratas, publicou Crónica del rey pasmado e Santiago de Rosalía Castro. A Deputación da Coruña instituíu o Premio de Narrativa Torrente Ballester. En 1990 recibiu o premio Libro de Ouro da Confederación Española de Libreiros e a Medalla de Ouro ao mérito cultural de Santiago de Compostela. Supervisou o guión da película El rey pasmado, escrito polo seu fillo Gonzalo Torrente Malvido e mais por Juan Potau. O filme, dirixido por Imanol Uribe, acadou oito Premios Goya.
En 1991 publicou Las islas extraordinarias. En 1992 viaxou a Cuba para inaugurar a Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana, e reuniuse con Fidel Castro e foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Habana. Inaugurouse unha praza co seu nome na Coruña e publicou La muerte del decano e Torre del Aire, onde recompilou os artigos firmados con ese título. En 1993 tivo lugar unha semana de estudos sobre a súa obra na Universidade de Vigo. En 1994 recibiu o Premio Azorín de novela por La novela de Pepe Ansúrez, unha sátira dos círculos literarios de provincias. En 1995 publicou La boda de Chon Recalde. Ao ano seguinte recibiu o Premio Castilla y León de las Letras. Viaxou a Luxemburgo para un encontro cos tradutores da súa obra (Claude Bleton, Colin Smith e António Gonçalves). En 1997 visitou en Lanzarote a Fundación César Manrique e a José Saramago. Participou nunha homenaxe en Lugo a Dámaso Alonso. En setembro ingresou no hospital durante dúas semanas por mor dunha pneumonía. Obtivo o Premio Rosalía de Castro do PEN Clube de Galicia. Foi nomeado Fillo adoptivo de Santiago de Compostela, Pontevedra, Nigrán e Fene. Publicou Memoria de un inconformista, recompilación dos artigos publicados baixo o título Amodo, en Faro de Vigo. Publicou Los años indecisos. En 1998 ingresou no hospital en xullo e setembro. Foi nomeado Cabaleiro da Orde de Santiago da Espada, máxima condecoración ás Artes da República de Portugal.
Faleceu en Salamanca o 27 de xaneiro de 1999. Foi soterrado no camposanto de Serantes, nunha cerimonia na que Carlos Núñez interpretou na gaita "Negra Sombra".
Entre os once fillos e fillas dos seus dous matrimonios, están o novelista Gonzalo Torrente Malvido, o musicólogo Álvaro Torrente Sánchez-Guisande (especializado no barroco español e profesor da Universidad Complutense de Madrid, actual presidente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester), o historiador Juan Pablo Torrente Sánchez-Guisande, o periodista Luis Felipe Torrente Sánchez-Guisande e a profesora da Universidad de los Estudios de Florencia Francisca Ángela Torrente Sánchez-Guisande.
Obra
Estatua no Café Novelty na praza Maior de Salamanca, obra do escultor Fernando Mayoral.
Torrente Ballester recoñeceu a influencia fundamental da narrativa oral galega de principios do século XX, como por exemplo a mariñeiros que falaban de pelexas en Hong-Kong. Como narrador destacou no planteamento e resolución irónicos das narracións. Esta ironía está baseada na percepción do real no marabilloso e do marabilloso no real.
Torrente Ballester escribiu sempre en castelán, agás algún artigo en revistas literarias galegas. Aínda así declarou o seguinte:
"Por una serie de azares, nunca he tenido ocasión de ampliar la lengua materna, elevarla a lengua culta y hacer de ella mi instrumento único de expresión literaria. La Literatura gallega no tiene, pues, nada que agradecerme, y lo siento... No pertenezco a esa clase de españoles que, cuando van a Barcelona, se consideran ofendidos porque la gente hable en catalán. La irritación de los tales es la manifestación de un complejo de inferioridad. ¿Hay algo más natural que un pueblo hable con normalidad su propia lengua? Que la pierda debería considerarse como causa de vergüenza colectiva. Y el gallego ha estado a punto de perderse. Algún día se hará la debida justicia a los que lo han evitado (…) El porvenir del gallego está, pues, en manos de la sociedad gallega"
Faro de Vigo, 23.10.1964
Novela
Javier Mariño (1943)
El golpe de estado de Guadalupe Limón (1946)
Ifigenia (1949)
Los gozos y las sombras, triloxía constituída por El señor llega (1957), Donde da la vuelta el aire (1960) e La Pascua triste (1962)
Don Juan (1963)
Off Side (1968)
La saga/fuga de J. B. (1972)
Fragmentos de Apocalipsis (1977)
A illa dos xacintos cortados (La isla de los jacintos cortados, 1980). Premio Nacional de Literatura. Tradución ao galego de Alfredo Conde.
Dafne y ensueños (1982)
La Princesa Durmiente va a la escuela (1983)
Quizá nos lleve el viento al infinito (1984)
La rosa de los vientos (1985)
Yo no soy yo, evidentemente (1987)
Filomeno, a mi pesar (1988; Premio Planeta)
Crónica del rey pasmado (1989)
Las islas extraordinarias (1991)
La muerte del decano (1992)
La novela de Pepe Ansúrez (1994)
La boda de Chon Recalde (1995)
Los años indecisos (1997)
Doménica (1999)
Teatro
El viaje del joven Tobías (1938)
El casamiento engañoso (1939)
Lope de Aguirre (1941)
República Barataria (1942)
El retorno de Ulises (1946)
Atardecer de Longwood (1950)
Relato curto
Hombre al agua (1987)
Ensaio
Panorama de la literatura española contemporánea (1956)
Teatro español contemporáneo (1957)
Siete ensayos y una farsa (1972)
El Quijote como juego (1975)
Cuadernos de un vate vago (1982)
Diarios de trabajo 1942–1947 (1982)
Mi fuero interno (2011)
Xornalismo
Cuadernos de La Romana (1975)
Nuevos Cuadernos de La Romana (1977)
Cotufas en el golfo (1986)
Torre del aire (1993)
Memoria de un inconformista (1997)
Miscelánea
Compostela y su ángel (1948)
Compostela (1948; con ilustracións de María Droc)
Farruquiño (1954)
Santiago de Rosalía Castro (1989)
Lo mejor de Gonzalo Torrente Ballester (1989)
Los mundos imaginarios (1994)
Adaptacións
César y Cleopatra (1958, de Bernard Shaw).
SUSCRIBETE A ESTA CANLE PARA VER MAIS VIDEOS
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
Foi fillo de Camilo Crisanto Cela y Fernández e Camila Emanuela Trulock Bertorini, de ascendencia inglesa (filla de John Trulock) e italiana . Recibiu o bautismo cos nomes de Camilo José Manuel Juan Ramón Francisco de Jerónimo na Colexiata de Santa María a Maior de Adina. Entre 1921 e 1925 a familia viviu en Vigo, e despois instaláronse en Madrid, onde fora destinado seu pai. Camilo José asiste ao colexio dos Escolapios da rúa Xeneral Díaz Porlier.
Entre 1931 e 1932 ingresou varias veces no hospital das Navas (Guadarrama) a causa dunha tuberculose pulmonar, empregou eses períodos de repouso na lectura da obra completa de José Ortega y Gasset e as colección completas dos clásicos españois de Rivadeneira, Cervantes e Quevedo. En 1933 Cela concluíu os seus estudos secundarios. En 1934 inicia a carreira de Medicina na Universidade Complutense, pero moi pronto descoida estes estudos para asistir, na nova Facultade de Filosofía e Letras, ás clases de Literatura española contemporánea de Pedro Salinas, a quen confía os seus primeiros poemas. Alí faise amigo do escritor e filólogo Alonso Zamora Vicente. Tamén establece amizade con Miguel Hernández e María Zambrano, en cuxa casa da Praza do Conde de Barajas coñece en faladoiro a Max Aub e outros escritores e intelectuais.
1936-1950
En 1936 anunciara no xornal arxentino La Plata a súa novela de poesía Pisando la dudosa luz del día, que non foi publicada até 1945.
Nos anos da Guerra Civil Española, e durante o asedio de Madrid, o escritor, integrado no exército nacional, foi ferido no fronte e hospitalizado. Anos despois rexeitou a ditadura de Franco e mantivo unha actitude independente e provocativa.
En 1940 inicia os estudos de Dereito en Madrid. Empeza a publicar en España, entre elas unha hoxe desaparecida Biografía popular de San Juan de la Cruz que firma co pseudónimo de "Matilde Verdú", e o artigo "Fotografías de la Pardo Bazán", que aparece no número 25 da revista Y no febreiro de ese ano.
En xaneiro de 1942 conclúe La familia de Pascual Duarte, unha dura historia ambientada nunha aldea estremeña que reflicte o mundo popular e campesiño e uns seres primitivos, de instintos primarios e grandes paixóns, onde destacan o odio e a violencia. Escrita cunha prosa desgarrada e crúa, foi todo un acontecemento e deu lugar mesmo a unha corrente, coñecida como tremendismo. Custoulle encontrar un editor, tarefa na que conta co alento e a axuda do seu amigo José María de Cossío, ó que Cela lle fará regalo do manuscrito. A finais de ano a obra é editada por Aldecoa en Burgos. Pío Baroja, que xa non quixo meter o seu prólogo, asustado por mor do como se podería poñer-lo asunto, declara no xornal El español de 2 de xaneiro de 1943 que é unha novela moi boa.
En 1943, tralo éxito de La familia de Pascual Duarte, as revistas literarias do momento, entre elas El español e La Estafeta Literaria, aplauden a obra. Non obstante, é obxecto de efectivos ataques por parte de Ecclesia, voceiro da Xerarquía católica. Isto provoca que a segunda edición, sexa prohibida en novembro. Cela deixa os seus estudos de Dereito e o seu emprego para dedicarse por completo á literatura. A novela Pabellón de reposo, publicada no folletín El Español, fala sobre a vida solitaria dos tuberculosos internados nos lazaretos.
O 12 de marzo de 1944 Camilo José Cela casa con María del Rosario Conde Picavea, (Charo), falecida o 8 de febreiro do ano 2003. Publica a novela Nuevas andanzas y desventuras de Lazarillo de Tormes no semanario La Juventud, nun intento de actualizar o xénero picaresco que non tivo moito éxito.
En 1945 publícase en Buenos Aires a terceira edición de La familia de Pascual Duarte, ante a imposibilidade de reeditala en España. Tamén publica, como prometera no ano 1936, a novela de poesía Pisando la dudosa luz del día na que se denota a influencia de Rafael Alberti e Pablo Neruda e na cal manifesta unha tendencia surrealista de fondo que mantivo o longo da súa obra. A esta séguelle o seguinte libro de poesías, El monasterio y las palabras. Tamén neste ano publica o conto Esas nubes que pasan e o artigo "Mesa revuelta". Cela, visto o resultado das súas publicacións, comenza a escribir en Madrid La colmena, na que a longo de case tres días fala duns 296 personaxes imaxinarios e 50 reais, enfocando un a un dende varios ángulos nunha época da posguerra no café de dona Rosa.
O 17 de xaneiro de 1946 nace Camilo José Cela Conde, único fillo do matrimonio. Entre o 6 e o 15 de xuño o escritor viaxa a La Alcarria co fotógrafo Karl Wlasak e Conchita Stichaner. Cela escribe neste ano un guión para o cine: Consultaré a míster Brown.
En 1947 publica El bonito crimen del carabinero y otras invenciones, engaños y ofuscaciones. Admirador e, en parte debedor, de Pío Baroja, no ano anterior decidira facer a aventura paisaxística da Xeración do 98 e empezou a percorrer a pé paisaxes de Castela, experiencia que materializaría en varios libros de viaxes. Cela expón a súa pintura na galería Clan de Madrid e logo na sala coruñesa de Lino Pérez.
En 1948 publícase en Madrid o libros de viaxes Viaje a La Alcarria. Cela é o viaxeiro que vai contando pequenas anécdotas e describindo as paisaxes e as xentes das poboacións de La Alcarria por onde pasa. Co peto ás costas e a cantimplora suxeita ao cinto, o viaxeiro vai realizando o percorrido. Cando a viaxe remata o escritor deixa atrás a Alcarria coas súas notas a costas e un pouco de morriña. En San Sebastián saca á parte o Cancionero de la Alcarria, que a partir da edición de 1954, únense nunha mesma obra; tamén escribe e publica "El cuento de la buena pipa".
En 1949 publica o conto fabulista El gallego y su cuadrIlla e Otros apuntes carpetovetónicos, onde se acentúa a súa tendencia á esquematización psicolóxica e ó xogo formal.
En xaneiro de 1950 estréase no cine Coliseum de Madrid, a película de Jaime de Mayora, El sotano, con guión e actuación como actor do propio Cela, do que lle queda un bo recordo. Escribe outro guión: Facultad de Letras.
1951-1975
En 1951, logo dalgúns problemas coa censura do goberno de Perón, publícase en Buenos Aires La colmena, unha novela coral que reflicte a sociedade e a cultura española, na que se narra a vida malpocada duns seres no Madrid da posguerra. Por ese motivo, foi nun principio prohibida en España. Anos despois foi levada ao cine por Mario Camus, cunha actuación do propio autor.
En 1952 publica dúas novelas de viaxes (Ávila e Del Miño al Bidasoa), dúas novelas curtas (Timoteo el incomprendido e Santa Balbina 37, gas en cada piso) e o guión El cerco del demonio. En 1953 publica Mrs. Caldwell habla con su hijo, un alucinado monólogo dunha muller co seu fillo morto. Tamén publica as novelas curtas Café de artistas e Baralla de invencións, ademais do guión Manicomio.
En 1954 múdase de Madrid a Palma, e coñece a Ernest Hemingway. Ao ano seguinte publica La catira, unha novela ambientada nos círculos venezolanos. En abril de 1956 comeza a publicarse a revista mensual Papeles de Son Armadans, da que asume a dirección. Nela apareceron publicacións de moitos escritores españois do exilio durante a ditadura franquista. Ademais, publica Judíos, moros y cristianos (novela de viaxes) e El molino de viento (novela curta). Visita El Escorial con Hemingway, co que coincide de novo en outubro no enterro de Pío Baroja, sendo Cela unha das persoas que baixan o sarcófago.
O 21 de febreiro de 1957 é elixido para ocupar a cadeira Q da Real Academia Española, vacante tralo falecemento do Almirante Estrada. O día 26 de maio le o seu discurso de ingreso sobre a obra literaria do pintor Solana, sendo contestado por Gregorio Marañón. Ese mesmo ano publica Tres poemas gallegos (libro de poesías), Nuevo retablo de don Cristobita (conto e fábulas), Cajón de sastre e La rueda de los ocios (escolma de artigos). Comeza a adaptar e traducir o cantar I do Poema del Mio Cid, que remata dous anos máis tarde.
En 1958 viaxa por dúas veces a Francia e visita a Picasso na Californie. Durante o verán recibe en Mallorca a Américo Castro e Jorge Guillén. Nese ano publica tres libros: Historias de España, Los ciegos Los tontos e Don Pío Baroja.
En 1959 publica La Cucaña (se ben algúns fragmentos xa foran publicados en 1953 no Correo Literario). La verdadera historia de Gumersinda Cosculluela, chica que prefirió la muerte a la deshonra e Encarnación Toledano o la perdición de los hombres inauguran os chamados romances do cego. La rosa é un libro de memorias, e Primer viaje andaluz é unha novela de viaxes. Nela conta as notas dun vagabundo polas terras de Xaén, Córdoba, Sevilla e Huelva. En maio organiza e convoca dende Papeles de Son Armadans, as Conversaciones poéticas de Formentor, ás que acoden destacados poetas españois e estranxeiros.
En 1960 publica o conto fabulado Los viejos amigos, e en 1961 o artigo "Cuatro figuras del 98". En 1962 publica a novela Tobogán de hambrientos e o conto Gavilla de fábulas sin amor (contos e fábulas), na cal aparecen debuxos de Picasso. Aparecen publicados El solitario y los sueños de Quesada, Toreo de salón e Once contos de fútbol (contos e fábulas); Garito de hospicianos e Las compañías convenientes y otros fingimientos y cegueras (artigos).
O 7 de xuño de 1964 é investido Doutor Honoris Causa pola Syracuse University de Nova York. Trasládase á súa nova casa da Bonanova, sendo veciño de Joan Miró e Robert Graves. Ese mesmo ano publica Izas, rabizas e colipoterras (conto e fábula).
En 1965 publica Viaje a U.S.A., derradeiro libro de romances de cego publicado coas experiencias dos seus discursos en devandita Universidade. Tamén publica as novelas curtas La familia del héroe e El ciudadano Iscariote Reclús e os libros de viaxes Páginas de geografía errabunda e Viaje al Pirineo de Lérida (publicada no ABC).
O conto Nuevas escenas matritenses aparece escrito en 7 series, as tres primeiras publicadas en 1965 e o resto o ano seguinte. Tamén en 1966 publica o libro de viaxe Madrid. En 1967 fai o seu debut no teatro con María Sabina, e en 1968 publica o primeiro tomo do Diccionario secreto, catalogado coma traballo de erudición.
En 1969 publica Vísperas, festividad y octava de San Camilo del año 1936 en Madrid, novela ambientada no Madrid do xullo do ano do Alzamento Nacional. Tamén publica os artigos "El servicio de algo" e "Homenaje a El Bosco I. El carro del heno o El inventor de la guillotina", falando do seu cadro O xardín das delicias, exposto no Museo del Prado e transformado en apuntamento de teatro. Libro de guisados, manjares y potajes, de maese Ruperto de Nola (tradución e adaptación). No transcurso dun novo viaxe a Hispanoamérica, visita a Pablo Neruda na súa casa da Illa Negra.
En 1970 publica o libro de viaxes Barcelona, e en 1971 sae o 2º tomo do Diccionario secreto. En 1972 edita o artigo "La bola del mundo". En 1973 aparece a novela Oficio de tinieblas 5, na que toca unha linguaxe intelectual e técnica, sen pautas, signos de puntuación e sen capitais. Tamén nese ano publica a novela El tacatá oxidado.
En 1974 foi nomeado presidente do Ateneo de Madrid, pero non chega a ocupar o cargo. Ese ano traduce e adapta Lenny. En 1975 traduce e adapta La resistible ascensión de Arturo Ui, de Bertolt Brecht, e aproba a adaptación para o cinema da película Pascual Duarte, levada a cabo por Ricardo Franco.
1976-1990
En 1976 publica o conto Rol de cornudos. O 8 de xullo concédeselle o Doutorado Honoris Causa pola Birmingham University. Comeza a Enciclopedia del erotismo, que aparece o ano seguinte.
O 27 de marzo de 1977 responde na Real Academia Española o discurso de recepción do novelista Gonzalo Torrente Ballester, nunha disertación sobre a arte narrativo. Por designación Real, Cela é nomeado senador nas primeiras Cortes Xerais da transición democrática de España.
En 1978 toma parte activa na revisión que o Senado efectúa sobre o texto da Constitución Española de 1978 elaborado no Congreso dos Deputados. A súa emenda insiste en denominar a lingua oficial do Estado coma "castelán ou español". O 4 de xullo recibe o terceiro Doutorado Honoris Causa, nesta ocasión pola Universidad John F. Kennedy de Buenos Aires. No outono, a compañía Lope de Vega, dirixida por José Tamayo, estrea no Teatro de la Comedia a adaptación de La Celestina levada a cabo por Cela, con Irene Gutiérrez Caba, Teresa Rabal e Terele Pávez.
En 1979, coa convocatoria de novas eleccións xerais, Cela conclúe a súa etapa de Senador por designación real. Desaparece a publicación Papeles de Son Armadans co artigo "Breves palabras de despedida", tras vinte e tres anos de existencia. Escribe Los sueños vanos, los ángeles curiosos (conto e fábula, apunte ou divertimento) e La Celestina (traducida e adaptada o ano anterior, pero cuns matices un pouco máis atractivos no castelán moderno).
O 28 de xaneiro de 1980 é investido Doutor Honoris Causa pola Facultade de Filoloxía da USC. Nese mesmo ano concédeselle a Gran Cruz da Orde de Isabel La Católica. Tamén recibe outros dous Doutorados Honoris Causa, polas Universidades de Palma (o 22 de xaneiro) e Interamericana de San Juan de Puerto Rico (Doutor en Letras, o 1 de xuño).
En 1981 publica os libros de artigos Los vasos comunicantes e Vuelta de hoja, e a tradución e adaptación d' O Quixote.
O 18 de abril de 1982 recibe o título de Fillo Predilecto de Padrón, e o 22 é nomeado Académico de Honra da Real Academia Galega. No mes de maio, Camilo Xosé Cela recibirá o título de Fillo Adoptivo da cidade de Torremejía, poboación pacense onde transcorre a acción de La familia de Pascual Duarte. No Palacio de Marivent, o 24 de agosto é nomeado Carteiro Honorario polo rei Xoán Carlos. O 11 de outubro estréase en Madrid a película La colmena, dirixida por Mario Camus e con guión de José Luis Dibildos. Cela participa activamente no filme, interpretando un dos personaxes: Matías Martí, o inventor de palabras. Este mesmo ano empeza a ter problemas co seu primeiro matrimonio, do cal decide a separación.
En setembro de 1983 aparece a novela Mazurca para dos muertos (posteriormente levada ao cine), e o libro de artigos El juego de los tres albedros. En 1984 é nomeado "Forense de Honor" pola Asociación Nacional de Forenses, pola gran descrición dunha autopsia que fai na novela Mazurca para dos muertos. O 7 de decembro concédeselle o Premio Nacional de Literatura pola mesma novela.
En 1985 publica Las orejas del niño Raúl e Vocación de repartidor (engadidas en contos e fábulas). Neste ano, tras un tempo de distanciamento da separación do seu primeiro matrimonio, decidiu finalmente concederlle o divorcio a súa primeira muller.
En febreiro de 1986 publicou Nuevo viaje a La Alcarria (por contraste co orixinal, fixo a viaxe nun Rolls-Royce e cunha condutora de cor negra por acompañante). Recibiu a Creu de Sant Jordi e o Libro de Ouro dos Libreiros Españois (CEGAL). Tamén este ano publicou o artigo "O burro de Buridán". O 19 de xuño recibiu o Doutorado Honoris Causa en Filosofía da Universidade Hebrea de Xerusalén.
O 27 de marzo de 1987 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras "pola elevada calidade literaria da súa abundante e universalmente coñecida obra e pola súa significación singular dentro das letras hispanas deste século, nas que influíu considerablemente". É nomeado Cidadán de Honra de Tucson (Arizona), co motivo do viaxe que o escritor realizou na procura de datos e notas para unha novela, publicada un ano máis tarde co título de Cristo versus Arizona. Recibe, a medalla Castelao da Xunta de Galicia xunto a personalidades coma Torrente Ballester, Neira Vilas ou María Casares. Traballou no guión da serie que, baseada no Quixote, rodou Manuel Gutiérrez Aragón. Asumiu a presidencia da Fundación Cultural Rich, co obxectivo de fomentar a educación e a cultura mediante as axudas financeiras e a investigación. Publicou La bandada de palomas (conto e fábula ou apunte e divertimento).
En 1988 publícase Cristo versus Arizona, novela de narración caótica con centos de personaxes que se moven no primitivismo e na desolación. A novela é un longo monólogo, sen separación de parágrafos e sen puntos. O narrador, vai desfacendo na caótica asociación unhas anécdotas, e centos de personaxes. Todo enmarcado nun brutal Oeste americano, con obsesivos ingredientes de sexo e violencia o presidido por unha falta idea do mundo.
En 1989 publica o libro de poesía Reloj de arena, reloj de sol, reloj de sangre, e o conto Caprichos de Francisco de Goya y Lucientes. O 10 de decembro de 1989 recibe en Estocolmo o Premio Nobel de Literatura, lendo o discurso Elogio de la fábula.
A finais de abril de 1990 o director Manuel Gutiérrez Aragón inicia a rodaxe da película El Quijote, sobre os guións firmados por Cela. O autor retírase a escribir, como prometera, e o 4 de novembro inicia a súa colaboración diaria coa publicación El Independente, baixo o título de "El camaleón soltero". O 22 de decembro presenta en Santiago de Compostela Galicia, o seu derradeiro libro de viaxes, ilustrado polo pintor Laxeiro e con fotografías de Vítor Vaqueiro. Publica tamén nese ano o conto El hombre y el mar e recibiu seis doutorados Honoris Causa polas Universidades de Miami (Doctor of letters o 11 de maio), Tel-Aviv (doctor philosophiae, o 6 de xuño), Santo Domingo (Mestre Honorario da Facultade de Humanidades, 27 de xuño), San Marcos (Lima, 4 de xullo), Dowling College de Nova York (Doctor of Humane Letters, 25 de setembro) e Millersville (Pensilvania, Doctor of Humane Letters, 28 de setembro).
1991-2002
En 1991 publica Cachondeos, escarceos y otros meneos (conto e fábula) e "Desde el palomar de Hita" (artigo). Recibe os Doutorados Honoris Causa pola Universidade Complutense de Madrid (6 de xuño) e La Trobe (Melbourne, Doctor of Letters 16 de decembro). O 10 de marzo casa con Marina Castaño, xornalista que coñecía dende anos atrás. O día seguinte, coa presenza dos Reis de España, inaugúrase a Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia.
En 1992 recibe o premio Mariano de Cavia de xornalismo polo artigo "Soliloquio del joven artista", publicado no periódico El Independente o 18 de febreiro do ano anterior. Na Biblioteca Nacional de Madrid inaugúrase a exposición "50 anos de Pascual Duarte", con 187 edicións do libro, tanto en castelán coma nas numerosas linguas ás que foi traducido.
Nunha carpeta conservada na residencia parisina de Miguel Ángel Asturias aparece un soneto (con toda probabilidade inédito) escrito en Palma e dedicado a Camilo José Cela, co título de "Don Quimero".
Recibe os Doutorados Honoris Causa polas Universidades de Texas A&M (Doctor of Letters, 14 de agosto) e Saraxevo (Gradus Doktoris scientiarum honoris, concedido o 1 de novembro). Dado o conflito bélico existente en Bosnia e Hercegovina, o reitor da Universidade de Saraxevo, Jusuf Mulić, desprazouse a Iria Flavia o 14 de outubro de 1993 para facer entrega do título.
Tamén en 1993 publica o artigo "El huevo del juicio" e o libro de memorias Memorias, entendimientos y voluntades, escrito tras sufrir algún achaque de saúde. Preséntase en Madrid La sima de las penúltimas inocencias, obra de contos e fábulas con ilustracións de José María Subirachs. Coa asistencia dos Reis de España, inaugurouse na Universidade Complutense de Madrid unha estatua dedicada o escritor, realizada polo escultor Víctor Ochoa.
En 1994 recibe o Premio Planeta pola novela La cruz de San Andrés, relato minucioso da vida da protagonista, Matilde Verdú (uns dos pseudónimos usados por Cela nas súas primeiras publicacións), dende os pequenos acontecementos ate os sucesos máis dramáticos da súa existencia. Por esta obra, Cela, tivo que afrontar unha demanda de plaxio formulada por unha das concursantes. Tamén recibe a Medalla Picasso da UNESCO, e publica a novela El asesinato del perdedor, o artigo "A bote pronto" e o conto-fábula La dama pájara. Recibe os Doutorados Honoris Causa pola Universidade Católica Fu-Jen de Taipei (Doutoris in Litteratura, 1 de xullo) e a Universidade Moderna Mestre Catedrático de Lisboa (2 de novembro, recibido o 19 de xaneiro).
En marzo de 1995 sae do prelo o primeiro número da revista El Extramundi y los papeles de Iria Flavia, dirixida por cela e editada pola Fundación que leva o seu nome. O 10 de maio inaugura na torre da homenaxe do castelo de Torija (provincia de Guadalajara), o museo dedicado ao seu libro Viaje a Alcarria. Neste lugar están reunidas varias edicións da obra, así como utensilios da época na que foi escrita.
A súa produción literaria comenzou a minguar, e xa neste ano acusouse o seu declive nas publicacións. Recibe os Doutorados Honoris Causa pola Technische Universität de Dresde (Doctor philosophiae, 27 de abril) e a Universidade Pontificia Católica do Río Grande do Sul (Doutor en Letras, Porto Alegre, 8 de novembro). En decembro concédeselle o Premio Cervantes, o máis importante galardón que se outorga ás letras en lingua castelá. Trala alegría inicial pola concesión do premio, o escritor declara que "o meu oficio non é levar premios, é escribir; os premios son un engadido".
O 11 de maio de 1996, día do seu 80 aniversario, O Rei Xoán Carlos concédelle o marquesado de Iria Flavia. O lema que acompaña o escudo do marquesado é "El que resiste, gana". O 24 de maio recibe a Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo, canda a personalidades coma o humorista e escritor Antonio Mingote ou o poeta Rafael Alberti. O 26 de setembro Cela é nomeado académico de número da Real Academia Galega de Ciencias. Publica o libro Poesía completa (último libro seu de poesía) e o artigo "El color de la mañana". É nomeado Doutor Honoris Causa pola Florida International University (Doutor of Letters, Miami, 29 de abril).
En 1997 participa, xunto a personalidades coma Gabriel García Márquez, no I Congreso Internacional da Lingua Española en Zacatecas (México), onde pronuncia un discurso no acto inaugural.
O 27 de febreiro de 1998 foi condecorado polo Xefe do Estado Maior do Exército do Aire coa Gran Cruz da Orde do Mérito Aeronáutico. O 11 de maio, coincidindo co seu aniversario, Cela é investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais de Buenos Aires. Despois dun ano de descanso, publica: Diccionario geográfico popular de España, catalogado coma traballo de erudición coa colaboración dun xove escritor e filólogo, Gaspar Sánchez Salas, que acode na súa axuda e, que posteriormente será o seu compañeiro e secretario de batallas ata a súa morte.
En xaneiro de 1999 recibe o Premio Anual da Asociación de Xornalistas de Galicia, e en febreiro, é condecorado coa Orde do Libertador San Martín da Arxentina. O 25 de maio inaugura o Museo do Ferrocarril John Trulock de Iria Flavia. Publica Historias familiares (derradeiro conto e fábula) e a súa derradeira novela, Madera de boj. Desde o lugar que os romanos entenderon coma o fin do mundo, o Finis Terrae, Cela olla cara á fachada marítima galega, converténdose nun puntual notario da capacidade destrutora da Costa da Morte, dando fe dos naufraxios porque "ó tempo pódeselle dar marcha atrás sempre con sabedoría e con cariño". A novela foi levada o cine con posterioridade. Concédenselle os Doutorados Honoris Causa pola Universidade de Filipinas (o 26 de xullo) e Kansai Gaidai (Xapón, o 23 de outubro).
No ano 2000 publica o libro-homenaxe El Bosco II. La extracción de la piedra de la locura o invención del garrote (derradeiro apunte de teatro). O 25 de maio os Duques de Lugo inauguran a aula de Macías o Namorado na Fundación Camilo José Cela. O 27 de maio é nomeado Académico de Honra da Real Academia Conquense de Artes e Letras. O 25 de setembro responde o discurso de ingreso de Carmela Arias Díaz de Rábago na Academia Galega das Ciencias.
En 2001 presenta a reedición do libro La rosa. O 20 de abril é nomeado Sátrapa do Colexio de Patafísica. Recibe na Coruña, o Premio Casino Atlántico e o 24 de setembro é nomeado "Galego do Mundo". O 24 de outubro, Manuel Fraga Iribarne e José María Aznar inauguran o aula de Nicasio Pajares na Fundación Camilo José Cela. O 14 de novembro recibe unha homenaxe na Biblioteca Nacional co motivo do cincuentenario da publicación da novela La colmena.
Finou na noite do 17 de xaneiro na clínica Centro de Madrid a causa dunha insuficiencia cardiorrespiratoria. A súa capela ardente foi visitada polos Reis, e o Presidente do Goberno, xunto con numerosas personalidades da vida cultural e política. A última hora do serán os seus restos mortais saíron por estrada cara á sede da Fundación do seu nome, en Iria Flavia, onde foi velado por familiares e veciños. O día 18 de xaneiro, tras unha misa corpore in sepulto na antiga Colexiata de Santa María (onde fora bautizado 85 anos antes), foi soterrado no cemiterio de Adina, ó pé dunha oliveira centenaria, baixo a cal xa pedira Rosalía de Castro ser soterrada en 1885.
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Aventureiro
e audaz, Alfonso Graña foi un de tantos galegos que emigraron en busca
de fortuna. Pero a súa historia é de cinema. Empezou como cauchero en
Iquitos (Perú), e cando morreu, en 1934, converteuse no rei Alfonso I e
reinaba sobre 5.000 indios xíbaros do Amazonas
DOCUMENTAL
Partiu analfabeto e aprendeu a ler e a escribir na selva,
onde ninguén lía e escribía. As tribos xíbaras huambisa e aguaruna do
alto Amazonas, coñecidas por guerrear sen pausa e reducir as cabezas dos
seus inimigos, executaban as súas ordes con respecto e certa
reverencia, pois aquel home branco, inmune ás febres, ao veleno das
tarántulas ou á furia dos rápidos, parecía ás veces inmortal. Como o
Kurtz de Conrad no corazón das tebras, tamén vivía río arriba, en
compañía dos salvaxes. Velaí, con todo, a única coincidencia co
personaxe literario. Graña foi un Kurtz bo que faleceu de morte natural
nalgún remoto lugar da xungla. Unha desaparición recollida por grandes
periódicos da época e evocada, como antes érao a súa vida, por
escritores e científicos dunha II República española que tamén pronto
morrería.
Nunha
casucha derruida da parroquia ourensá de Amiudal, pertencente ao
Concello de Avión, soado por ser a patria moza de adiñeirados emigrantes
como o magnate da prensa mexicana Mario Vázquez Raña, hai unha lápida
coa seguinte inscrición: "Casa natal de Alfonso Graña, rei dos xíbaros". "Está por aí arriba", di un ancián sinalando as ruínas co
seu bastón. E engade, mirándome con curiosidade: "De cando en vez veñen
algúns fanáticos para vela". No seu lugar natal non parece espertar
demasiado entusiasmo a figura de Alfonso Graña, pero o certo é que
comeza a cobrar caracteres de mito grazas a un puñado de entusiastas
investigadores que desde fai uns poucos anos afánanse en solicitar
información sobre un dos personaxes máis fascinantes que dese a
emigración galega. Un home que, partindo dunha aldea misérrima da
Galicia do século XIX, chegou a dominar sobre miles de indios amazónicos
e a ser respectado por quen lle coñeceu ou souberon del.
Maximino Fernández Sendín, ovetense de pais galegos e
apaixonado biógrafo de Graña, afirma no seu libro Alfonso I da Amazonia.
Rey dos xíbaros que "a finais do século XIX emigra ás Américas, recala
en Belén de Pará e un tempo despois trasládase a Iquitos (Perú), onde
está documentado que se atopa en 1910 e traballa en distintos oficios,
incluído o de cauchero".
En Iquitos, próspera cidade amazónica grazas á industria do
caucho, reside Alfonso Graña durante unha década e traba profunda
amizade con outro personaxe de novela: Cesáreo Mosquera. Orixinario
dunha parroquia próxima a Amiudal, Mosquera era un fervente republicano
que fixera a guerra en Filipinas antes de asentarse na capital do
departamento peruano de Loreto, onde formara unha familia e fundara a
soada librería Amigos do País, verdadeiro centro de reunión dunha
colonia española que acudía alí para decatarse das últimas novidades da
patria e ler con fruición as novidades do Xa ou O Sol.
Pero a prosperidade de Iquitos comeza a cambalearse coa
caída dos prezos do caucho natural nos mercados internacionais. Esta
crise vólvese virulenta ao redor de 1920, e é entón cando Alfonso Graña
penétrase río arriba en busca de novas oportunidades. Hai varias
versións sobre como acabou contactando cos xíbaros, pero moitas
coinciden en que houbo un enfrontamento cos indíxenas durante o cal o
home que lle acompañaba morreu e Graña salvouse de correr a mesma sorte
porque "se encaprichó con el a filla do xefe da tribo", segundo un dos
testemuños recolleitos por Fernández Sendín.
A Graña, alto e delgado, a apostura víñalle de familia,
coñecida na remota aldea natal polo alcume dos Chulos. Gustáballe -quizá
herdanza do pai, xastre- vestir elegantemente, e tocábase cunhas lentes
redondas que lle daban un aire intelectual. Esa imaxe, ao parecer,
libroulle de morrer a mans dos feroces xíbaros, e a súa audacia e
intelixencia serviríanlle para suceder ao seu sogro á morte deste.
O certo é que Graña desapareceu nos confíns da selva sen que
nin sequera o seu gran amigo libreiro tivese noticias del, pero cando
volve aparecer faio de forma espectacular. O xornalista e escritor
Víctor da Serna, o primeiro que utilizou o sobrenome de Alfonso I, Rey
da Amazonia, e quizá a persoa que máis contribuíu a enxalzar a figura de
Graña na España republicana, describiu así o momento: "Ao cabo duns
anos sóubose por uns indios xíbaros, da tribo dos huambisas, que alá
pola xigantesca greta que o Amazonas abre no Ande, cara ao Poño de
Manseriche, vivía e mandaba un home branco. Graña era o rei da Amazonia.
E entón un día, cara a Iquitos, avanzou polo río unha xangada con
indios xíbaros, moitas mercadorías (…) e Graña. Recoñecérono os seus
amigos e, sobre todo, con dobre alegría, Mosquera". "Os indíxenas adorábano e seguían a todas partes", conta o
editor e escritor Gonzalo Allegue, precursor no redescubrimiento deste
personaxe. "Na cidade curáballes as úlceras das pernas, cortáballes o
pelo, convidáballes a xeados e levábaos ao cinema. Polas tardes, os
huambisas vestíanse de frac e chapeu de copa dos masones da colonia
española e saían a pasear no Ford 18 convertible cedido por Cesáreo
Mosquera".
Máis aló destes divertimentos, Graña acudía á cidade para
facer negocios e despois íase. Aparecía unha ou dúas veces ao ano coas
balsas cargadas de carne curada, peixe salgado, monos, venados, bueyes e
tartarugas, sempre rodeado de xíbaros que mostraban ás asombradas
fillas de Mosquera as tzantzas ou cabezas reducidas. Ninguén sabía onde
vivía exactamente, pero movíase sobre todo na contorna do Poño de
Manseriche, o terrible rápido a 10 xornadas enteiras de canoa, río
arriba, desde Iquitos.
"Dez quilómetros de violentos remolinos, rocas, torrentes…".
Así describe Mario Vargas Llosa o Poño na súa novela A casa verde. Co
tempo, a xente foi relacionando a ascendencia de Graña sobre os xíbaros,
entre outras cousas, coa súa capacidade para atravesalo sen sequera
amarrarse ás balsas, como un tolo inmortal chegado doutro mundo. Non é
para menos, porque o Manseriche, onde as augas do Marañón se encajonan
nun angosto canón rochoso de só 25 metros de ancho e acaban
precipitándose sobre unha pedra de 30 metros de altura, era e segue
sendo un inferno de remolinos que se traga decenas de homes e barcos de
gran porte.
Só os xíbaros máis valentes atrevíanse a navegar o Poño… e
Graña. Segundo conta Allegue no seu libro Galegos: as mans de América,
cruzaba a torrentera agarrado tan só á súa pértega e encomendándose de
viva voz ao pai Rafel Ferrer, un sacerdote español que 100 anos antes
morrera no río e cuxo espírito, segundo o galego, protexíalle. Graña,
ademais, ensinara aos indios para aumentar a produción de sal,
indispensable para curar o peixe e a carne, e empregouse a fondo para
reducir os conflitos entre aguarunas e huambisas utilizando os seus
dotes de persuasión e a súa capacidade de mando.
A súa fama, co transcorrer dos anos, foi crecendo. Mosquera,
que, a pesar de aprender a ler xa maior, tiña unha irrefreable paixón
de cronista, sentáballe diante del cada vez que chegaba, instáballe a
contarlle as súas aventuras e, mentres tanto, reproducía a súa cháchara
tecleando compulsivamente na súa vella máquina de escribir. Esas
páxinas, redactadas con fluidez e gracejo, calladas de faltas de
ortografía e expresións en galego, representan hoxe un testemuño crave
para comprender a vida de Graña, a súa relación esporádica coa
civilización e o seu posterior contacto cun dos proxectos científicos
máis ambiciosos da II República.
"Acaba de chegar aquí o noso paisano Alfonso Graña da súa
tribo do río Santiago e Marañón con indios huambisas traendo unha balsa
con moita metralla para vender aquí", consigna nun deses escritos.
"Animais e aves curados e afumados, parece un necroterio (sic), que
diría Darwin". "Xa nos retratamos e todo con eles", engade noutro, "e
ata coa cachola dunha mociña que han escamochado saben eles por que".
A autoridade de Alfonso Graña sobre ese vasto territorio
selvático consolídase co tempo e chega mesmo a oídos dos homes máis
poderosos do planeta. "Cando en 1926 a Standard Oil [a petroleira
propiedade dos Rockefeller] quixo explotar os supostos pozos
petrolíferos do alto Amazonas", relata Lois Pérez Leira, responsable de
migración da Confederación Intersindical Galega e outro precursor nas
investigacións sobre o personaxe, "tivo que pactar con Graña, e grazas a
el puido facer as sondaxes". Só Graña podía evitar que as tribos
atacasen aos expedicionarios, só el podía provelos de víveres e, o que é
máis importante, só el coñecía onde brotaba o petróleo da terra coa
mesma naturalidade que a auga dunha fonte.
Mentres tanto, Cesáreo Mosquera decátase por un artigo de
Víctor da Serna de que o famoso aviador republicano Francisco Igrexas
Brage lidera en España una denominada Expedición Igrexas ao Amazonas, co
apoio do Goberno e de intelectuais da época como Gregorio Marañón ou
Ramón Menéndez Pidal. Sen pensarllo dúas veces, e aínda incrédulo,
Mosquera escríbelle a Brage: "Supoño que é unha broma [a noticia], pero
se non o é, aquí estamos Graña e eu".
O aviador, famoso por fazañas como o seu voo sen escalas de
Sevilla a Salvador de Baía en 1929, contéstalle de inmediato e a partir
dese momento o libreiro e o seu amigo Graña convértense en entusiastas
colaboradores do proxecto. Mosquera escribe decenas de cartas a Brage
con datos preciosos para os preparativos da expedición, "entrevista"
compulsivamente a Graña cando este achégase a Iquitos sobre todo de tipo
de aspectos relacionados coa vida na selva -costumes dos indios,
distancias, fauna, formas das embarcacións- e mesmo inquiere aos xíbaros
-coa axuda dun sospeitoso afillado de Graña, de gran parecido con este,
que facía de tradutor- sobre a técnica para reducir cabezas ou os
efectos da ayahuasca, a planta "que non se toma para curar, senón por
soñar".
Víctor da Serna comeza a facerse eco do poder de Graña nos
xornais e revistas da época, mentres a Expedición Igrexas ao Amazonas
alcanza velocidade de cruceiro. O 16 de xuño de 1932, as Cortes elaboran
unha lei para darlle o definitivo impulso e iníciase a construción do
Ártabro, un buque especialmente deseñado para ese efecto que contiña
desde un laboratorio ata pequenos avións de ás plegables cos que
realizar as exploracións.
Mentres tanto, Mosquera, que seguía de corrida a evolución
do proxecto, non só se limita a enviar datos por escrito, senón que lle
fai chegar a Igrexas Brage todo tipo de material traído por Graña:
botellitas con auga do río, con petróleo, monos afumados, paujiles,
paiches, capullos de crisálida e decenas de fotografías realizadas pola
galego selva dentro. Víctor da Serna divulga sen descanso os traballos. O
filósofo Ortega e Gasset súmase ao padroado da expedición e é entón
cando, de novo no Amazonas, un suceso acaba por asentar definitivamente o
reinado de Alfonso Graña.
Todo comeza cando en 1933 un avión de combate das Forzas
Aéreas peruanas que participaba na guerra entre Perú e Colombia
estrélase en plena selva. Falece o piloto, e o mecánico queda malferido.
Os indios, comandados por Graña, localizan os restos do aparello e
salvan a vida do ferido coidando del toda a noite.
Foi entón cando Graña toma unha decisión coa que alcanzaría
unha fama imperecedera. Embalsama o cadáver coa axuda dos indíxenas,
ordena recoller os restos do hidroavión e embárcaos xunto ao cadaleito
nunha balsa. Noutra, monta un segundo avión da mesma cuadrilla que
sufrira danos tras a amaraxe de emerxencia, aínda que sen vítimas. E con
esa fráxil frota disponse a facer o que parecía imposible: cruzar o
Poño de Manseriche.
Con axuda ou non do seu espírito protector, o certo é que
logra o seu obxectivo, e máis dunha semana despois chega a Iquitos, onde
lle recibe unha multitude impresionada ante a valentía dese home que se
xogou a vida para entregar o cadáver á familia do piloto. Unha familia
de gran alcurnia que, agradecida, contribuíu sen dúbida a que pouco
despois o Goberno peruano recoñecese oficialmente a soberanía de Alfonso
Graña sobre o territorio xíbaro e a explotación das súas salinas.
Alfonso I, Rey da Amazonia deixara de ser o alcume acuñado por Víctor da
Serna para converterse nunha realidade. Aquel piloto chamábase Alfredo
Rodríguez Ballón, e o aeroporto da cidade peruana de Arequipa leva hoxe o
seu nome.
Alfonso Graña non puido gozar moito da súa gloria. O
misterio da causa e o momento da súa morte manteríase ata que Maximino
Fernández localizou unha carta asinada por Luís Mairata, un español
residente en Iquitos, e enviada ao capitán Igrexas Brage en decembro de
1934: "Supóñolle decatado de que o pobre Graña morreu o mes pasado", di,
"cando se dirixía ao seu fundo do Marañón. O pobre padecía cancro de
estómago e non tivo remedio".
Morreu en plena selva, e nunca se localizou o seu cadáver. O
seu gran amigo Cesáreo Mosquera marchouse o mes de xuño dese mesmo ano a
España, con intención de quedar. Da Serna dedicoulle en xaneiro de
1935, no xornal Xa, un inspirado obituario: "Detrás da súa alma en
tránsito", escribiu; "detrás da súa alma simple, como a dunha criatura
elemental, a selva pechouse nun deses estremecimientos indicibles do
cosmos vexetal". Pouco despois, a Guerra Civil levou por diante, entre
tantos soños, o da Expedición Igrexas ao Amazonas. E case leva tamén a
Mosquera, que, republicano confeso, fuxiu a Portugal, e de aí, de novo, a
Brasil. Nunca regresaría a España. Morreu en Iquitos en 1955. Hoxe, a
súa librería segue aí, aínda que co nome cambiado. Chámase Tamara.
SUSCRIBETE A ESTA CANLE PARA VER MAIS VIDEOS
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, nado en Boelle, Arxemil (O Corgo) o 11 de febreiro de 1915 e finado en San Fiz de Asma (Chantada) o 10 de marzo de 1965, foi o derradeiro guerrilleiro da loita antifranquista, morto pola Garda Civil preto do encoro de Belesar.
Aos 16 anos ingresou na Aviación militar española (o que lle valeu o alcume de "O Piloto") alcanzando o grado de cabo. Durante a Guerra Civil Española desertou do bando nacional para loitar no republicano. Capturado en Madrid ó fin da guerra, foi condenado a 30 anos de cadea, mais foi indultado tras cumprir catro, en 1943. Ó recuperar a liberdade agochouse baixo a aparencia dun traballador nun hospital ,até que en 1945 decidiu regresar a Galicia. Na clandestinidade continuou coa súa actividade política como militante do PCE. Á súa chegada a Galicia entrou deseguido en contacto cos guerrilleiros e botouse ó monte no verán de 1945. Deseguida formou a súa propia unidade xunto a Xosé Arias Fernández Cristo, composta de desertores do exército e da mariña franquista.
En 1946 baten unha zona amplísima da liña Castroverde-O Corgo-Sobrado que chegaba até Asturias e León, pola comarca dos Ancares (Pedrafita do Cebreiro, Paradela, Vilar de Frades, Becerreá, Toldaos, As Nogais, San Román de Cervantes, Noceda e Navia de Suarna). Por esta zona colaborou coa partida de Antonio Fernández Crespo Fuenteoliva. Neste ano, trala detención dun gran número de militantes lucenses da resistencia antifranquista, trasladou a súa zona de acción ó sur da provincia , cara á zona de Monforte de Lemos-Quiroga-río Sil, que atravesaban decote para atacar no norte da provincia de Ourense.
O 27 de maio de 1954, nun duro encontro, perdeu á meirande parte dos seus homes na zona de Paradela-Castro de Rei (ó norte de Monforte de Lemos), o que lle obrigou a estar inactivo entre 1955 e 1956. Despois estivo inactivo e á espera, facendo de cando en vez un golpe económico (atracos). Reapareceu na mesma zona en 1964, mais foi recoñecido por un antigo compañeiro do servizo militar no Saviñao, e foi denunciado. O 10 de marzo de 1965, preto do encoro de Belesar, foi abatido pola Garda civil de Chantada
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg
Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do
1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de
agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT
e guerilleiro anti-franquista. Benigno Andrade é un dos nomes míticos
do antifranquismo armado en Galicia.
Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, e tamén traballou nunha leitería. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada.
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas.
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a Guerra Civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
O PENSAMENTO
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas. Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.
Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Villar, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar de Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.
Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de San Amaro.
As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.
O Foucellas[3]
A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg