GALIZA

martes, 28 de febreiro de 2017

QUEN FOI ... CAMILO JOSE CELA ?

CAMILO JOSE CELA

Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.


Foi fillo de Camilo Crisanto Cela y Fernández e Camila Emanuela Trulock Bertorini, de ascendencia inglesa (filla de John Trulock) e italiana . Recibiu o bautismo cos nomes de Camilo José Manuel Juan Ramón Francisco de Jerónimo na Colexiata de Santa María a Maior de Adina. Entre 1921 e 1925 a familia viviu en Vigo, e despois instaláronse en Madrid, onde fora destinado seu pai. Camilo José asiste ao colexio dos Escolapios da rúa Xeneral Díaz Porlier.
Entre 1931 e 1932 ingresou varias veces no hospital das Navas (Guadarrama) a causa dunha tuberculose pulmonar, empregou eses períodos de repouso na lectura da obra completa de José Ortega y Gasset e as colección completas dos clásicos españois de Rivadeneira, Cervantes e Quevedo. En 1933 Cela concluíu os seus estudos secundarios. En 1934 inicia a carreira de Medicina na Universidade Complutense, pero moi pronto descoida estes estudos para asistir, na nova Facultade de Filosofía e Letras, ás clases de Literatura española contemporánea de Pedro Salinas, a quen confía os seus primeiros poemas. Alí faise amigo do escritor e filólogo Alonso Zamora Vicente. Tamén establece amizade con Miguel Hernández e María Zambrano, en cuxa casa da Praza do Conde de Barajas coñece en faladoiro a Max Aub e outros escritores e intelectuais.
1936-1950
En 1936 anunciara no xornal arxentino La Plata a súa novela de poesía Pisando la dudosa luz del día, que non foi publicada até 1945.
Nos anos da Guerra Civil Española, e durante o asedio de Madrid, o escritor, integrado no exército nacional, foi ferido no fronte e hospitalizado. Anos despois rexeitou a ditadura de Franco e mantivo unha actitude independente e provocativa.
En 1940 inicia os estudos de Dereito en Madrid. Empeza a publicar en España, entre elas unha hoxe desaparecida Biografía popular de San Juan de la Cruz que firma co pseudónimo de "Matilde Verdú", e o artigo "Fotografías de la Pardo Bazán", que aparece no número 25 da revista Y no febreiro de ese ano.
En xaneiro de 1942 conclúe La familia de Pascual Duarte, unha dura historia ambientada nunha aldea estremeña que reflicte o mundo popular e campesiño e uns seres primitivos, de instintos primarios e grandes paixóns, onde destacan o odio e a violencia. Escrita cunha prosa desgarrada e crúa, foi todo un acontecemento e deu lugar mesmo a unha corrente, coñecida como tremendismo. Custoulle encontrar un editor, tarefa na que conta co alento e a axuda do seu amigo José María de Cossío, ó que Cela lle fará regalo do manuscrito. A finais de ano a obra é editada por Aldecoa en Burgos. Pío Baroja, que xa non quixo meter o seu prólogo, asustado por mor do como se podería poñer-lo asunto, declara no xornal El español de 2 de xaneiro de 1943 que é unha novela moi boa.
En 1943, tralo éxito de La familia de Pascual Duarte, as revistas literarias do momento, entre elas El español e La Estafeta Literaria, aplauden a obra. Non obstante, é obxecto de efectivos ataques por parte de Ecclesia, voceiro da Xerarquía católica. Isto provoca que a segunda edición, sexa prohibida en novembro. Cela deixa os seus estudos de Dereito e o seu emprego para dedicarse por completo á literatura. A novela Pabellón de reposo, publicada no folletín El Español, fala sobre a vida solitaria dos tuberculosos internados nos lazaretos.
O 12 de marzo de 1944 Camilo José Cela casa con María del Rosario Conde Picavea, (Charo), falecida o 8 de febreiro do ano 2003. Publica a novela Nuevas andanzas y desventuras de Lazarillo de Tormes no semanario La Juventud, nun intento de actualizar o xénero picaresco que non tivo moito éxito.
En 1945 publícase en Buenos Aires a terceira edición de La familia de Pascual Duarte, ante a imposibilidade de reeditala en España. Tamén publica, como prometera no ano 1936, a novela de poesía Pisando la dudosa luz del día na que se denota a influencia de Rafael Alberti e Pablo Neruda e na cal manifesta unha tendencia surrealista de fondo que mantivo o longo da súa obra. A esta séguelle o seguinte libro de poesías, El monasterio y las palabras. Tamén neste ano publica o conto Esas nubes que pasan e o artigo "Mesa revuelta". Cela, visto o resultado das súas publicacións, comenza a escribir en Madrid La colmena, na que a longo de case tres días fala duns 296 personaxes imaxinarios e 50 reais, enfocando un a un dende varios ángulos nunha época da posguerra no café de dona Rosa.
O 17 de xaneiro de 1946 nace Camilo José Cela Conde, único fillo do matrimonio. Entre o 6 e o 15 de xuño o escritor viaxa a La Alcarria co fotógrafo Karl Wlasak e Conchita Stichaner. Cela escribe neste ano un guión para o cine: Consultaré a míster Brown.
En 1947 publica El bonito crimen del carabinero y otras invenciones, engaños y ofuscaciones. Admirador e, en parte debedor, de Pío Baroja, no ano anterior decidira facer a aventura paisaxística da Xeración do 98 e empezou a percorrer a pé paisaxes de Castela, experiencia que materializaría en varios libros de viaxes. Cela expón a súa pintura na galería Clan de Madrid e logo na sala coruñesa de Lino Pérez.
En 1948 publícase en Madrid o libros de viaxes Viaje a La Alcarria. Cela é o viaxeiro que vai contando pequenas anécdotas e describindo as paisaxes e as xentes das poboacións de La Alcarria por onde pasa. Co peto ás costas e a cantimplora suxeita ao cinto, o viaxeiro vai realizando o percorrido. Cando a viaxe remata o escritor deixa atrás a Alcarria coas súas notas a costas e un pouco de morriña. En San Sebastián saca á parte o Cancionero de la Alcarria, que a partir da edición de 1954, únense nunha mesma obra; tamén escribe e publica "El cuento de la buena pipa".
En 1949 publica o conto fabulista El gallego y su cuadrIlla e Otros apuntes carpetovetónicos, onde se acentúa a súa tendencia á esquematización psicolóxica e ó xogo formal.
En xaneiro de 1950 estréase no cine Coliseum de Madrid, a película de Jaime de Mayora, El sotano, con guión e actuación como actor do propio Cela, do que lle queda un bo recordo. Escribe outro guión: Facultad de Letras.
1951-1975
En 1951, logo dalgúns problemas coa censura do goberno de Perón, publícase en Buenos Aires La colmena, unha novela coral que reflicte a sociedade e a cultura española, na que se narra a vida malpocada duns seres no Madrid da posguerra. Por ese motivo, foi nun principio prohibida en España. Anos despois foi levada ao cine por Mario Camus, cunha actuación do propio autor.
En 1952 publica dúas novelas de viaxes (Ávila e Del Miño al Bidasoa), dúas novelas curtas (Timoteo el incomprendido e Santa Balbina 37, gas en cada piso) e o guión El cerco del demonio. En 1953 publica Mrs. Caldwell habla con su hijo, un alucinado monólogo dunha muller co seu fillo morto. Tamén publica as novelas curtas Café de artistas e Baralla de invencións, ademais do guión Manicomio.
En 1954 múdase de Madrid a Palma, e coñece a Ernest Hemingway. Ao ano seguinte publica La catira, unha novela ambientada nos círculos venezolanos. En abril de 1956 comeza a publicarse a revista mensual Papeles de Son Armadans, da que asume a dirección. Nela apareceron publicacións de moitos escritores españois do exilio durante a ditadura franquista. Ademais, publica Judíos, moros y cristianos (novela de viaxes) e El molino de viento (novela curta). Visita El Escorial con Hemingway, co que coincide de novo en outubro no enterro de Pío Baroja, sendo Cela unha das persoas que baixan o sarcófago.
O 21 de febreiro de 1957 é elixido para ocupar a cadeira Q da Real Academia Española, vacante tralo falecemento do Almirante Estrada. O día 26 de maio le o seu discurso de ingreso sobre a obra literaria do pintor Solana, sendo contestado por Gregorio Marañón. Ese mesmo ano publica Tres poemas gallegos (libro de poesías), Nuevo retablo de don Cristobita (conto e fábulas), Cajón de sastre e La rueda de los ocios (escolma de artigos). Comeza a adaptar e traducir o cantar I do Poema del Mio Cid, que remata dous anos máis tarde.
En 1958 viaxa por dúas veces a Francia e visita a Picasso na Californie. Durante o verán recibe en Mallorca a Américo Castro e Jorge Guillén. Nese ano publica tres libros: Historias de España, Los ciegos Los tontos e Don Pío Baroja.
En 1959 publica La Cucaña (se ben algúns fragmentos xa foran publicados en 1953 no Correo Literario). La verdadera historia de Gumersinda Cosculluela, chica que prefirió la muerte a la deshonra e Encarnación Toledano o la perdición de los hombres inauguran os chamados romances do cego. La rosa é un libro de memorias, e Primer viaje andaluz é unha novela de viaxes. Nela conta as notas dun vagabundo polas terras de Xaén, Córdoba, Sevilla e Huelva. En maio organiza e convoca dende Papeles de Son Armadans, as Conversaciones poéticas de Formentor, ás que acoden destacados poetas españois e estranxeiros.
En 1960 publica o conto fabulado Los viejos amigos, e en 1961 o artigo "Cuatro figuras del 98". En 1962 publica a novela Tobogán de hambrientos e o conto Gavilla de fábulas sin amor (contos e fábulas), na cal aparecen debuxos de Picasso. Aparecen publicados El solitario y los sueños de Quesada, Toreo de salón e Once contos de fútbol (contos e fábulas); Garito de hospicianos e Las compañías convenientes y otros fingimientos y cegueras (artigos).
O 7 de xuño de 1964 é investido Doutor Honoris Causa pola Syracuse University de Nova York. Trasládase á súa nova casa da Bonanova, sendo veciño de Joan Miró e Robert Graves. Ese mesmo ano publica Izas, rabizas e colipoterras (conto e fábula).
En 1965 publica Viaje a U.S.A., derradeiro libro de romances de cego publicado coas experiencias dos seus discursos en devandita Universidade. Tamén publica as novelas curtas La familia del héroe e El ciudadano Iscariote Reclús e os libros de viaxes Páginas de geografía errabunda e Viaje al Pirineo de Lérida (publicada no ABC).
O conto Nuevas escenas matritenses aparece escrito en 7 series, as tres primeiras publicadas en 1965 e o resto o ano seguinte. Tamén en 1966 publica o libro de viaxe Madrid. En 1967 fai o seu debut no teatro con María Sabina, e en 1968 publica o primeiro tomo do Diccionario secreto, catalogado coma traballo de erudición.
En 1969 publica Vísperas, festividad y octava de San Camilo del año 1936 en Madrid, novela ambientada no Madrid do xullo do ano do Alzamento Nacional. Tamén publica os artigos "El servicio de algo" e "Homenaje a El Bosco I. El carro del heno o El inventor de la guillotina", falando do seu cadro O xardín das delicias, exposto no Museo del Prado e transformado en apuntamento de teatro. Libro de guisados, manjares y potajes, de maese Ruperto de Nola (tradución e adaptación). No transcurso dun novo viaxe a Hispanoamérica, visita a Pablo Neruda na súa casa da Illa Negra.
En 1970 publica o libro de viaxes Barcelona, e en 1971 sae o 2º tomo do Diccionario secreto. En 1972 edita o artigo "La bola del mundo". En 1973 aparece a novela Oficio de tinieblas 5, na que toca unha linguaxe intelectual e técnica, sen pautas, signos de puntuación e sen capitais. Tamén nese ano publica a novela El tacatá oxidado.
En 1974 foi nomeado presidente do Ateneo de Madrid, pero non chega a ocupar o cargo. Ese ano traduce e adapta Lenny. En 1975 traduce e adapta La resistible ascensión de Arturo Ui, de Bertolt Brecht, e aproba a adaptación para o cinema da película Pascual Duarte, levada a cabo por Ricardo Franco.
1976-1990
En 1976 publica o conto Rol de cornudos. O 8 de xullo concédeselle o Doutorado Honoris Causa pola Birmingham University. Comeza a Enciclopedia del erotismo, que aparece o ano seguinte.
O 27 de marzo de 1977 responde na Real Academia Española o discurso de recepción do novelista Gonzalo Torrente Ballester, nunha disertación sobre a arte narrativo. Por designación Real, Cela é nomeado senador nas primeiras Cortes Xerais da transición democrática de España.
En 1978 toma parte activa na revisión que o Senado efectúa sobre o texto da Constitución Española de 1978 elaborado no Congreso dos Deputados. A súa emenda insiste en denominar a lingua oficial do Estado coma "castelán ou español". O 4 de xullo recibe o terceiro Doutorado Honoris Causa, nesta ocasión pola Universidad John F. Kennedy de Buenos Aires. No outono, a compañía Lope de Vega, dirixida por José Tamayo, estrea no Teatro de la Comedia a adaptación de La Celestina levada a cabo por Cela, con Irene Gutiérrez Caba, Teresa Rabal e Terele Pávez.
En 1979, coa convocatoria de novas eleccións xerais, Cela conclúe a súa etapa de Senador por designación real. Desaparece a publicación Papeles de Son Armadans co artigo "Breves palabras de despedida", tras vinte e tres anos de existencia. Escribe Los sueños vanos, los ángeles curiosos (conto e fábula, apunte ou divertimento) e La Celestina (traducida e adaptada o ano anterior, pero cuns matices un pouco máis atractivos no castelán moderno).
O 28 de xaneiro de 1980 é investido Doutor Honoris Causa pola Facultade de Filoloxía da USC. Nese mesmo ano concédeselle a Gran Cruz da Orde de Isabel La Católica. Tamén recibe outros dous Doutorados Honoris Causa, polas Universidades de Palma (o 22 de xaneiro) e Interamericana de San Juan de Puerto Rico (Doutor en Letras, o 1 de xuño).
En 1981 publica os libros de artigos Los vasos comunicantes e Vuelta de hoja, e a tradución e adaptación d' O Quixote.
O 18 de abril de 1982 recibe o título de Fillo Predilecto de Padrón, e o 22 é nomeado Académico de Honra da Real Academia Galega. No mes de maio, Camilo Xosé Cela recibirá o título de Fillo Adoptivo da cidade de Torremejía, poboación pacense onde transcorre a acción de La familia de Pascual Duarte. No Palacio de Marivent, o 24 de agosto é nomeado Carteiro Honorario polo rei Xoán Carlos. O 11 de outubro estréase en Madrid a película La colmena, dirixida por Mario Camus e con guión de José Luis Dibildos. Cela participa activamente no filme, interpretando un dos personaxes: Matías Martí, o inventor de palabras. Este mesmo ano empeza a ter problemas co seu primeiro matrimonio, do cal decide a separación.
En setembro de 1983 aparece a novela Mazurca para dos muertos (posteriormente levada ao cine), e o libro de artigos El juego de los tres albedros. En 1984 é nomeado "Forense de Honor" pola Asociación Nacional de Forenses, pola gran descrición dunha autopsia que fai na novela Mazurca para dos muertos. O 7 de decembro concédeselle o Premio Nacional de Literatura pola mesma novela.
En 1985 publica Las orejas del niño Raúl e Vocación de repartidor (engadidas en contos e fábulas). Neste ano, tras un tempo de distanciamento da separación do seu primeiro matrimonio, decidiu finalmente concederlle o divorcio a súa primeira muller.
En febreiro de 1986 publicou Nuevo viaje a La Alcarria (por contraste co orixinal, fixo a viaxe nun Rolls-Royce e cunha condutora de cor negra por acompañante). Recibiu a Creu de Sant Jordi e o Libro de Ouro dos Libreiros Españois (CEGAL). Tamén este ano publicou o artigo "O burro de Buridán". O 19 de xuño recibiu o Doutorado Honoris Causa en Filosofía da Universidade Hebrea de Xerusalén.
O 27 de marzo de 1987 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras "pola elevada calidade literaria da súa abundante e universalmente coñecida obra e pola súa significación singular dentro das letras hispanas deste século, nas que influíu considerablemente". É nomeado Cidadán de Honra de Tucson (Arizona), co motivo do viaxe que o escritor realizou na procura de datos e notas para unha novela, publicada un ano máis tarde co título de Cristo versus Arizona. Recibe, a medalla Castelao da Xunta de Galicia xunto a personalidades coma Torrente Ballester, Neira Vilas ou María Casares. Traballou no guión da serie que, baseada no Quixote, rodou Manuel Gutiérrez Aragón. Asumiu a presidencia da Fundación Cultural Rich, co obxectivo de fomentar a educación e a cultura mediante as axudas financeiras e a investigación. Publicou La bandada de palomas (conto e fábula ou apunte e divertimento).
En 1988 publícase Cristo versus Arizona, novela de narración caótica con centos de personaxes que se moven no primitivismo e na desolación. A novela é un longo monólogo, sen separación de parágrafos e sen puntos. O narrador, vai desfacendo na caótica asociación unhas anécdotas, e centos de personaxes. Todo enmarcado nun brutal Oeste americano, con obsesivos ingredientes de sexo e violencia o presidido por unha falta idea do mundo.
En 1989 publica o libro de poesía Reloj de arena, reloj de sol, reloj de sangre, e o conto Caprichos de Francisco de Goya y Lucientes. O 10 de decembro de 1989 recibe en Estocolmo o Premio Nobel de Literatura, lendo o discurso Elogio de la fábula.
A finais de abril de 1990 o director Manuel Gutiérrez Aragón inicia a rodaxe da película El Quijote, sobre os guións firmados por Cela. O autor retírase a escribir, como prometera, e o 4 de novembro inicia a súa colaboración diaria coa publicación El Independente, baixo o título de "El camaleón soltero". O 22 de decembro presenta en Santiago de Compostela Galicia, o seu derradeiro libro de viaxes, ilustrado polo pintor Laxeiro e con fotografías de Vítor Vaqueiro. Publica tamén nese ano o conto El hombre y el mar e recibiu seis doutorados Honoris Causa polas Universidades de Miami (Doctor of letters o 11 de maio), Tel-Aviv (doctor philosophiae, o 6 de xuño), Santo Domingo (Mestre Honorario da Facultade de Humanidades, 27 de xuño), San Marcos (Lima, 4 de xullo), Dowling College de Nova York (Doctor of Humane Letters, 25 de setembro) e Millersville (Pensilvania, Doctor of Humane Letters, 28 de setembro).
1991-2002
En 1991 publica Cachondeos, escarceos y otros meneos (conto e fábula) e "Desde el palomar de Hita" (artigo). Recibe os Doutorados Honoris Causa pola Universidade Complutense de Madrid (6 de xuño) e La Trobe (Melbourne, Doctor of Letters 16 de decembro). O 10 de marzo casa con Marina Castaño, xornalista que coñecía dende anos atrás. O día seguinte, coa presenza dos Reis de España, inaugúrase a Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia.
En 1992 recibe o premio Mariano de Cavia de xornalismo polo artigo "Soliloquio del joven artista", publicado no periódico El Independente o 18 de febreiro do ano anterior. Na Biblioteca Nacional de Madrid inaugúrase a exposición "50 anos de Pascual Duarte", con 187 edicións do libro, tanto en castelán coma nas numerosas linguas ás que foi traducido.
Nunha carpeta conservada na residencia parisina de Miguel Ángel Asturias aparece un soneto (con toda probabilidade inédito) escrito en Palma e dedicado a Camilo José Cela, co título de "Don Quimero".
Recibe os Doutorados Honoris Causa polas Universidades de Texas A&M (Doctor of Letters, 14 de agosto) e Saraxevo (Gradus Doktoris scientiarum honoris, concedido o 1 de novembro). Dado o conflito bélico existente en Bosnia e Hercegovina, o reitor da Universidade de Saraxevo, Jusuf Mulić, desprazouse a Iria Flavia o 14 de outubro de 1993 para facer entrega do título.
Tamén en 1993 publica o artigo "El huevo del juicio" e o libro de memorias Memorias, entendimientos y voluntades, escrito tras sufrir algún achaque de saúde. Preséntase en Madrid La sima de las penúltimas inocencias, obra de contos e fábulas con ilustracións de José María Subirachs. Coa asistencia dos Reis de España, inaugurouse na Universidade Complutense de Madrid unha estatua dedicada o escritor, realizada polo escultor Víctor Ochoa.
En 1994 recibe o Premio Planeta pola novela La cruz de San Andrés, relato minucioso da vida da protagonista, Matilde Verdú (uns dos pseudónimos usados por Cela nas súas primeiras publicacións), dende os pequenos acontecementos ate os sucesos máis dramáticos da súa existencia. Por esta obra, Cela, tivo que afrontar unha demanda de plaxio formulada por unha das concursantes. Tamén recibe a Medalla Picasso da UNESCO, e publica a novela El asesinato del perdedor, o artigo "A bote pronto" e o conto-fábula La dama pájara. Recibe os Doutorados Honoris Causa pola Universidade Católica Fu-Jen de Taipei (Doutoris in Litteratura, 1 de xullo) e a Universidade Moderna Mestre Catedrático de Lisboa (2 de novembro, recibido o 19 de xaneiro).
En marzo de 1995 sae do prelo o primeiro número da revista El Extramundi y los papeles de Iria Flavia, dirixida por cela e editada pola Fundación que leva o seu nome. O 10 de maio inaugura na torre da homenaxe do castelo de Torija (provincia de Guadalajara), o museo dedicado ao seu libro Viaje a Alcarria. Neste lugar están reunidas varias edicións da obra, así como utensilios da época na que foi escrita.
A súa produción literaria comenzou a minguar, e xa neste ano acusouse o seu declive nas publicacións. Recibe os Doutorados Honoris Causa pola Technische Universität de Dresde (Doctor philosophiae, 27 de abril) e a Universidade Pontificia Católica do Río Grande do Sul (Doutor en Letras, Porto Alegre, 8 de novembro). En decembro concédeselle o Premio Cervantes, o máis importante galardón que se outorga ás letras en lingua castelá. Trala alegría inicial pola concesión do premio, o escritor declara que "o meu oficio non é levar premios, é escribir; os premios son un engadido".
O 11 de maio de 1996, día do seu 80 aniversario, O Rei Xoán Carlos concédelle o marquesado de Iria Flavia. O lema que acompaña o escudo do marquesado é "El que resiste, gana". O 24 de maio recibe a Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo, canda a personalidades coma o humorista e escritor Antonio Mingote ou o poeta Rafael Alberti. O 26 de setembro Cela é nomeado académico de número da Real Academia Galega de Ciencias. Publica o libro Poesía completa (último libro seu de poesía) e o artigo "El color de la mañana". É nomeado Doutor Honoris Causa pola Florida International University (Doutor of Letters, Miami, 29 de abril).
En 1997 participa, xunto a personalidades coma Gabriel García Márquez, no I Congreso Internacional da Lingua Española en Zacatecas (México), onde pronuncia un discurso no acto inaugural.
O 27 de febreiro de 1998 foi condecorado polo Xefe do Estado Maior do Exército do Aire coa Gran Cruz da Orde do Mérito Aeronáutico. O 11 de maio, coincidindo co seu aniversario, Cela é investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais de Buenos Aires. Despois dun ano de descanso, publica: Diccionario geográfico popular de España, catalogado coma traballo de erudición coa colaboración dun xove escritor e filólogo, Gaspar Sánchez Salas, que acode na súa axuda e, que posteriormente será o seu compañeiro e secretario de batallas ata a súa morte.
En xaneiro de 1999 recibe o Premio Anual da Asociación de Xornalistas de Galicia, e en febreiro, é condecorado coa Orde do Libertador San Martín da Arxentina. O 25 de maio inaugura o Museo do Ferrocarril John Trulock de Iria Flavia. Publica Historias familiares (derradeiro conto e fábula) e a súa derradeira novela, Madera de boj. Desde o lugar que os romanos entenderon coma o fin do mundo, o Finis Terrae, Cela olla cara á fachada marítima galega, converténdose nun puntual notario da capacidade destrutora da Costa da Morte, dando fe dos naufraxios porque "ó tempo pódeselle dar marcha atrás sempre con sabedoría e con cariño". A novela foi levada o cine con posterioridade. Concédenselle os Doutorados Honoris Causa pola Universidade de Filipinas (o 26 de xullo) e Kansai Gaidai (Xapón, o 23 de outubro).

No ano 2000 publica o libro-homenaxe El Bosco II. La extracción de la piedra de la locura o invención del garrote (derradeiro apunte de teatro). O 25 de maio os Duques de Lugo inauguran a aula de Macías o Namorado na Fundación Camilo José Cela. O 27 de maio é nomeado Académico de Honra da Real Academia Conquense de Artes e Letras. O 25 de setembro responde o discurso de ingreso de Carmela Arias Díaz de Rábago na Academia Galega das Ciencias.
En 2001 presenta a reedición do libro La rosa. O 20 de abril é nomeado Sátrapa do Colexio de Patafísica. Recibe na Coruña, o Premio Casino Atlántico e o 24 de setembro é nomeado "Galego do Mundo". O 24 de outubro, Manuel Fraga Iribarne e José María Aznar inauguran o aula de Nicasio Pajares na Fundación Camilo José Cela. O 14 de novembro recibe unha homenaxe na Biblioteca Nacional co motivo do cincuentenario da publicación da novela La colmena.
Finou na noite do 17 de xaneiro na clínica Centro de Madrid a causa dunha insuficiencia cardiorrespiratoria. A súa capela ardente foi visitada polos Reis, e o Presidente do Goberno, xunto con numerosas personalidades da vida cultural e política. A última hora do serán os seus restos mortais saíron por estrada cara á sede da Fundación do seu nome, en Iria Flavia, onde foi velado por familiares e veciños. O día 18 de xaneiro, tras unha misa corpore in sepulto na antiga Colexiata de Santa María (onde fora bautizado 85 anos antes), foi soterrado no cemiterio de Adina, ó pé dunha oliveira centenaria, baixo a cal xa pedira Rosalía de Castro ser soterrada en 1885.
SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/ E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

QUEN FOI .... ALFONSO GRAÑA ?

O rei galego dos xíbaros


Aventureiro e audaz, Alfonso Graña foi un de tantos galegos que emigraron en busca de fortuna. Pero a súa historia é de cinema. Empezou como cauchero en Iquitos (Perú), e cando morreu, en 1934, converteuse no rei Alfonso I e reinaba sobre 5.000 indios xíbaros do Amazonas

DOCUMENTAL

Partiu analfabeto e aprendeu a ler e a escribir na selva, onde ninguén lía e escribía. As tribos xíbaras huambisa e aguaruna do alto Amazonas, coñecidas por guerrear sen pausa e reducir as cabezas dos seus inimigos, executaban as súas ordes con respecto e certa reverencia, pois aquel home branco, inmune ás febres, ao veleno das tarántulas ou á furia dos rápidos, parecía ás veces inmortal. Como o Kurtz de Conrad no corazón das tebras, tamén vivía río arriba, en compañía dos salvaxes. Velaí, con todo, a única coincidencia co personaxe literario. Graña foi un Kurtz bo que faleceu de morte natural nalgún remoto lugar da xungla. Unha desaparición recollida por grandes periódicos da época e evocada, como antes érao a súa vida, por escritores e científicos dunha II República española que tamén pronto morrería.

Nunha casucha derruida da parroquia ourensá de Amiudal, pertencente ao Concello de Avión, soado por ser a patria moza de adiñeirados emigrantes como o magnate da prensa mexicana Mario Vázquez Raña, hai unha lápida coa seguinte inscrición: "Casa natal de Alfonso Graña, rei dos xíbaros".
"Está por aí arriba", di un ancián sinalando as ruínas co seu bastón. E engade, mirándome con curiosidade: "De cando en vez veñen algúns fanáticos para vela". No seu lugar natal non parece espertar demasiado entusiasmo a figura de Alfonso Graña, pero o certo é que comeza a cobrar caracteres de mito grazas a un puñado de entusiastas investigadores que desde fai uns poucos anos afánanse en solicitar información sobre un dos personaxes máis fascinantes que dese a emigración galega. Un home que, partindo dunha aldea misérrima da Galicia do século XIX, chegou a dominar sobre miles de indios amazónicos e a ser respectado por quen lle coñeceu ou souberon del.
Maximino Fernández Sendín, ovetense de pais galegos e apaixonado biógrafo de Graña, afirma no seu libro Alfonso I da Amazonia. Rey dos xíbaros que "a finais do século XIX emigra ás Américas, recala en Belén de Pará e un tempo despois trasládase a Iquitos (Perú), onde está documentado que se atopa en 1910 e traballa en distintos oficios, incluído o de cauchero".
En Iquitos, próspera cidade amazónica grazas á industria do caucho, reside Alfonso Graña durante unha década e traba profunda amizade con outro personaxe de novela: Cesáreo Mosquera. Orixinario dunha parroquia próxima a Amiudal, Mosquera era un fervente republicano que fixera a guerra en Filipinas antes de asentarse na capital do departamento peruano de Loreto, onde formara unha familia e fundara a soada librería Amigos do País, verdadeiro centro de reunión dunha colonia española que acudía alí para decatarse das últimas novidades da patria e ler con fruición as novidades do Xa ou O Sol.
Pero a prosperidade de Iquitos comeza a cambalearse coa caída dos prezos do caucho natural nos mercados internacionais. Esta crise vólvese virulenta ao redor de 1920, e é entón cando Alfonso Graña penétrase río arriba en busca de novas oportunidades. Hai varias versións sobre como acabou contactando cos xíbaros, pero moitas coinciden en que houbo un enfrontamento cos indíxenas durante o cal o home que lle acompañaba morreu e Graña salvouse de correr a mesma sorte porque "se encaprichó con el a filla do xefe da tribo", segundo un dos testemuños recolleitos por Fernández Sendín.
A Graña, alto e delgado, a apostura víñalle de familia, coñecida na remota aldea natal polo alcume dos Chulos. Gustáballe -quizá herdanza do pai, xastre- vestir elegantemente, e tocábase cunhas lentes redondas que lle daban un aire intelectual. Esa imaxe, ao parecer, libroulle de morrer a mans dos feroces xíbaros, e a súa audacia e intelixencia serviríanlle para suceder ao seu sogro á morte deste.
O certo é que Graña desapareceu nos confíns da selva sen que nin sequera o seu gran amigo libreiro tivese noticias del, pero cando volve aparecer faio de forma espectacular. O xornalista e escritor Víctor da Serna, o primeiro que utilizou o sobrenome de Alfonso I, Rey da Amazonia, e quizá a persoa que máis contribuíu a enxalzar a figura de Graña na España republicana, describiu así o momento: "Ao cabo duns anos sóubose por uns indios xíbaros, da tribo dos huambisas, que alá pola xigantesca greta que o Amazonas abre no Ande, cara ao Poño de Manseriche, vivía e mandaba un home branco. Graña era o rei da Amazonia. E entón un día, cara a Iquitos, avanzou polo río unha xangada con indios xíbaros, moitas mercadorías (…) e Graña. Recoñecérono os seus amigos e, sobre todo, con dobre alegría, Mosquera".
"Os indíxenas adorábano e seguían a todas partes", conta o editor e escritor Gonzalo Allegue, precursor no redescubrimiento deste personaxe. "Na cidade curáballes as úlceras das pernas, cortáballes o pelo, convidáballes a xeados e levábaos ao cinema. Polas tardes, os huambisas vestíanse de frac e chapeu de copa dos masones da colonia española e saían a pasear no Ford 18 convertible cedido por Cesáreo Mosquera".
Máis aló destes divertimentos, Graña acudía á cidade para facer negocios e despois íase. Aparecía unha ou dúas veces ao ano coas balsas cargadas de carne curada, peixe salgado, monos, venados, bueyes e tartarugas, sempre rodeado de xíbaros que mostraban ás asombradas fillas de Mosquera as tzantzas ou cabezas reducidas. Ninguén sabía onde vivía exactamente, pero movíase sobre todo na contorna do Poño de Manseriche, o terrible rápido a 10 xornadas enteiras de canoa, río arriba, desde Iquitos.
"Dez quilómetros de violentos remolinos, rocas, torrentes…". Así describe Mario Vargas Llosa o Poño na súa novela A casa verde. Co tempo, a xente foi relacionando a ascendencia de Graña sobre os xíbaros, entre outras cousas, coa súa capacidade para atravesalo sen sequera amarrarse ás balsas, como un tolo inmortal chegado doutro mundo. Non é para menos, porque o Manseriche, onde as augas do Marañón se encajonan nun angosto canón rochoso de só 25 metros de ancho e acaban precipitándose sobre unha pedra de 30 metros de altura, era e segue sendo un inferno de remolinos que se traga decenas de homes e barcos de gran porte.
Só os xíbaros máis valentes atrevíanse a navegar o Poño… e Graña. Segundo conta Allegue no seu libro Galegos: as mans de América, cruzaba a torrentera agarrado tan só á súa pértega e encomendándose de viva voz ao pai Rafel Ferrer, un sacerdote español que 100 anos antes morrera no río e cuxo espírito, segundo o galego, protexíalle. Graña, ademais, ensinara aos indios para aumentar a produción de sal, indispensable para curar o peixe e a carne, e empregouse a fondo para reducir os conflitos entre aguarunas e huambisas utilizando os seus dotes de persuasión e a súa capacidade de mando.
A súa fama, co transcorrer dos anos, foi crecendo. Mosquera, que, a pesar de aprender a ler xa maior, tiña unha irrefreable paixón de cronista, sentáballe diante del cada vez que chegaba, instáballe a contarlle as súas aventuras e, mentres tanto, reproducía a súa cháchara tecleando compulsivamente na súa vella máquina de escribir. Esas páxinas, redactadas con fluidez e gracejo, calladas de faltas de ortografía e expresións en galego, representan hoxe un testemuño crave para comprender a vida de Graña, a súa relación esporádica coa civilización e o seu posterior contacto cun dos proxectos científicos máis ambiciosos da II República.
"Acaba de chegar aquí o noso paisano Alfonso Graña da súa tribo do río Santiago e Marañón con indios huambisas traendo unha balsa con moita metralla para vender aquí", consigna nun deses escritos. "Animais e aves curados e afumados, parece un necroterio (sic), que diría Darwin". "Xa nos retratamos e todo con eles", engade noutro, "e ata coa cachola dunha mociña que han escamochado saben eles por que".
A autoridade de Alfonso Graña sobre ese vasto territorio selvático consolídase co tempo e chega mesmo a oídos dos homes máis poderosos do planeta. "Cando en 1926 a Standard Oil [a petroleira propiedade dos Rockefeller] quixo explotar os supostos pozos petrolíferos do alto Amazonas", relata Lois Pérez Leira, responsable de migración da Confederación Intersindical Galega e outro precursor nas investigacións sobre o personaxe, "tivo que pactar con Graña, e grazas a el puido facer as sondaxes". Só Graña podía evitar que as tribos atacasen aos expedicionarios, só el podía provelos de víveres e, o que é máis importante, só el coñecía onde brotaba o petróleo da terra coa mesma naturalidade que a auga dunha fonte.
Mentres tanto, Cesáreo Mosquera decátase por un artigo de Víctor da Serna de que o famoso aviador republicano Francisco Igrexas Brage lidera en España una denominada Expedición Igrexas ao Amazonas, co apoio do Goberno e de intelectuais da época como Gregorio Marañón ou Ramón Menéndez Pidal. Sen pensarllo dúas veces, e aínda incrédulo, Mosquera escríbelle a Brage: "Supoño que é unha broma [a noticia], pero se non o é, aquí estamos Graña e eu".
O aviador, famoso por fazañas como o seu voo sen escalas de Sevilla a Salvador de Baía en 1929, contéstalle de inmediato e a partir dese momento o libreiro e o seu amigo Graña convértense en entusiastas colaboradores do proxecto. Mosquera escribe decenas de cartas a Brage con datos preciosos para os preparativos da expedición, "entrevista" compulsivamente a Graña cando este achégase a Iquitos sobre todo de tipo de aspectos relacionados coa vida na selva -costumes dos indios, distancias, fauna, formas das embarcacións- e mesmo inquiere aos xíbaros -coa axuda dun sospeitoso afillado de Graña, de gran parecido con este, que facía de tradutor- sobre a técnica para reducir cabezas ou os efectos da ayahuasca, a planta "que non se toma para curar, senón por soñar".
Víctor da Serna comeza a facerse eco do poder de Graña nos xornais e revistas da época, mentres a Expedición Igrexas ao Amazonas alcanza velocidade de cruceiro. O 16 de xuño de 1932, as Cortes elaboran unha lei para darlle o definitivo impulso e iníciase a construción do Ártabro, un buque especialmente deseñado para ese efecto que contiña desde un laboratorio ata pequenos avións de ás plegables cos que realizar as exploracións.
Mentres tanto, Mosquera, que seguía de corrida a evolución do proxecto, non só se limita a enviar datos por escrito, senón que lle fai chegar a Igrexas Brage todo tipo de material traído por Graña: botellitas con auga do río, con petróleo, monos afumados, paujiles, paiches, capullos de crisálida e decenas de fotografías realizadas pola galego selva dentro. Víctor da Serna divulga sen descanso os traballos. O filósofo Ortega e Gasset súmase ao padroado da expedición e é entón cando, de novo no Amazonas, un suceso acaba por asentar definitivamente o reinado de Alfonso Graña.
Todo comeza cando en 1933 un avión de combate das Forzas Aéreas peruanas que participaba na guerra entre Perú e Colombia estrélase en plena selva. Falece o piloto, e o mecánico queda malferido. Os indios, comandados por Graña, localizan os restos do aparello e salvan a vida do ferido coidando del toda a noite.
Foi entón cando Graña toma unha decisión coa que alcanzaría unha fama imperecedera. Embalsama o cadáver coa axuda dos indíxenas, ordena recoller os restos do hidroavión e embárcaos xunto ao cadaleito nunha balsa. Noutra, monta un segundo avión da mesma cuadrilla que sufrira danos tras a amaraxe de emerxencia, aínda que sen vítimas. E con esa fráxil frota disponse a facer o que parecía imposible: cruzar o Poño de Manseriche.
Con axuda ou non do seu espírito protector, o certo é que logra o seu obxectivo, e máis dunha semana despois chega a Iquitos, onde lle recibe unha multitude impresionada ante a valentía dese home que se xogou a vida para entregar o cadáver á familia do piloto. Unha familia de gran alcurnia que, agradecida, contribuíu sen dúbida a que pouco despois o Goberno peruano recoñecese oficialmente a soberanía de Alfonso Graña sobre o territorio xíbaro e a explotación das súas salinas. Alfonso I, Rey da Amazonia deixara de ser o alcume acuñado por Víctor da Serna para converterse nunha realidade. Aquel piloto chamábase Alfredo Rodríguez Ballón, e o aeroporto da cidade peruana de Arequipa leva hoxe o seu nome.
Alfonso Graña non puido gozar moito da súa gloria. O misterio da causa e o momento da súa morte manteríase ata que Maximino Fernández localizou unha carta asinada por Luís Mairata, un español residente en Iquitos, e enviada ao capitán Igrexas Brage en decembro de 1934: "Supóñolle decatado de que o pobre Graña morreu o mes pasado", di, "cando se dirixía ao seu fundo do Marañón. O pobre padecía cancro de estómago e non tivo remedio".
Morreu en plena selva, e nunca se localizou o seu cadáver. O seu gran amigo Cesáreo Mosquera marchouse o mes de xuño dese mesmo ano a España, con intención de quedar. Da Serna dedicoulle en xaneiro de 1935, no xornal Xa, un inspirado obituario: "Detrás da súa alma en tránsito", escribiu; "detrás da súa alma simple, como a dunha criatura elemental, a selva pechouse nun deses estremecimientos indicibles do cosmos vexetal". Pouco despois, a Guerra Civil levou por diante, entre tantos soños, o da Expedición Igrexas ao Amazonas. E case leva tamén a Mosquera, que, republicano confeso, fuxiu a Portugal, e de aí, de novo, a Brasil. Nunca regresaría a España. Morreu en Iquitos en 1955. Hoxe, a súa librería segue aí, aínda que co nome cambiado. Chámase Tamara.
SUSCRIBETE A ESTA CANLE PARA VER MAIS VIDEOS SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/ E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

domingo, 26 de febreiro de 2017

QUEN FOI ... XOSE LUIS CASTRO VEIGA ''O PILOTO'' ?

 XOSE LUIS CASTRO VEIGA ''O PILOTO''

Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, nado en Boelle, Arxemil (O Corgo) o 11 de febreiro de 1915 e finado en San Fiz de Asma (Chantada) o 10 de marzo de 1965, foi o derradeiro guerrilleiro da loita antifranquista, morto pola Garda Civil preto do encoro de Belesar.



Aos 16 anos ingresou na Aviación militar española (o que lle valeu o alcume de "O Piloto") alcanzando o grado de cabo. Durante a Guerra Civil Española desertou do bando nacional para loitar no republicano. Capturado en Madrid ó fin da guerra, foi condenado a 30 anos de cadea, mais foi indultado tras cumprir catro, en 1943. Ó recuperar a liberdade agochouse baixo a aparencia dun traballador nun hospital ,até que en 1945 decidiu regresar a Galicia. Na clandestinidade continuou coa súa actividade política como militante do PCE. Á súa chegada a Galicia entrou deseguido en contacto cos guerrilleiros e botouse ó monte no verán de 1945. Deseguida formou a súa propia unidade xunto a Xosé Arias Fernández Cristo, composta de desertores do exército e da mariña franquista.

En 1946 baten unha zona amplísima da liña Castroverde-O Corgo-Sobrado que chegaba até Asturias e León, pola comarca dos Ancares (Pedrafita do Cebreiro, Paradela, Vilar de Frades, Becerreá, Toldaos, As Nogais, San Román de Cervantes, Noceda e Navia de Suarna). Por esta zona colaborou coa partida de Antonio Fernández Crespo Fuenteoliva. Neste ano, trala detención dun gran número de militantes lucenses da resistencia antifranquista, trasladou a súa zona de acción ó sur da provincia , cara á zona de Monforte de Lemos-Quiroga-río Sil, que atravesaban decote para atacar no norte da provincia de Ourense.

O 27 de maio de 1954, nun duro encontro, perdeu á meirande parte dos seus homes na zona de Paradela-Castro de Rei (ó norte de Monforte de Lemos), o que lle obrigou a estar inactivo entre 1955 e 1956. Despois estivo inactivo e á espera, facendo de cando en vez un golpe económico (atracos). Reapareceu na mesma zona en 1964, mais foi recoñecido por un antigo compañeiro do servizo militar no Saviñao, e foi denunciado. O 10 de marzo de 1965, preto do encoro de Belesar, foi abatido pola Garda civil de Chantada


SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

sábado, 25 de febreiro de 2017

QUEN FOI ... FOUCELLAS ?

FOUCELLAS 

Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT e guerilleiro anti-franquista. Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia.






Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, e tamén traballou nunha leitería. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada.

Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas.

Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a Guerra Civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.

O PENSAMENTO

 Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas.
Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.

Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Villar, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar de Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.

Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de San Amaro.

As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.
O Foucellas[3]

A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.


SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/ E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

QUEN FOI ...WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ ?

WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ


Wenceslao Fernández Flórez, nado na Coruña o 11 de febreiro de 1885 e finado en Madrid o 29 de abril de 1964, foi un narrador, xornalista e humorista galego.
Traxectoria
Fillo maior de Wenceslao Fernández e de Florentina López, quedou orfo de pai con quince anos, o que o obrigou a deixar os estudos e traballar como xornalista. Empezou no diario coruñés La Mañana e posteriormente colaborou en El Heraldo de Galicia, Diario de La Coruña e Tierra Gallega. Con 18 anos dirixiu Diario Ferrolano. Despois pasou a dirixir El Noroeste da Coruña. En 1914 foi a Madrid como empregado na Dirección General de Aduanas, pero abandonou ese cargo para traballar en El Imparcial e pouco despois en ABC, onde empezou a sección "Acotaciones de un oyente", unha serie de crónicas parlamentarias que o fixeron moi famoso, e que logo reunirá en Crónicas parlamentarias (1914-1936). Tamén escribiu en El Liberal e Tribuna.
Mantivo estreita amizade con dirixentes do nacionalismo galego, como Castelao, que foi un dos que máis frecuentemente ilustraron as súas obras. Logrou o premio do Círculo de Belas Artes coa súa novela Volvoreta (1917), que narra os amores prohibidos entre unha serventa e o seu mozo señor no marco da Galiza rural. En 1926 recibiu o Premio Nacional de Narrativa.
Aínda que de ideoloxía conservadora (seguidor e admirador da política de Antonio Maura), non escatimou críticas, ás veces acerbas, como nas súas obras "El secreto de Barba Azul", Las siete columnas ou El espejo irónico, a propósito da política e dos políticos do reinado de Alfonso XIII. Pese a ser condecorado en 1935 coa Banda da República, ó estallar a Guerra Civil foi inmediatamente obxecto de ameazas de morte, acusado de non mostrarse partidario do Goberno da Fronte Popular. Fuxindo pois das chamadas Milicias de Vigilancia de Retaguardia, atopou refuxio na Embaixada da República Arxentina de onde á súa vez, e baixo a invitación do Goberno dos Países Baixos, pasou a encontrar refuxio na Embaixada deste país. Fernández Flórez era en efecto moi apreciado nos Países Baixos polas admirativas descricións que de dito país fixera anos antes no seu libro de viaxes La conquista del horizonte. Baixo a protección da Embaixada de Holanda conseguiu saír para Valencia en marzo de 1937, como primeiro paso para saír de España. Porén, chegado a Valencia foille denegada a saída de España; produciuse entón un tenso incidente diplomático entre o Goberno de Holanda e o da República, durante o cal e ante a insistencia do Executivo holandés, o mesmo Ministro de Gobernación, Julián Zugazagoitia, consultou co entón Ministro de Defensa, Indalecio Prieto, que lle contestou literalmente "Si valiera mi voto lo emitiría en sentido favorable a las pretensiones del Gobierno holandés. No creo que merezca la pena producir un rozamiento con ese Gobierno..."[1]. Gracias a isto conseguiu saír de España en xullo de 1937. Anos despois (1940-1941) Fernández Flórez foi chamado a declarar ante o Consello Sumarísimo aberto contra Julián Zugazagoitia, presentándose a declarar na súa defensa. Ó parecer, a condena a morte e fusilamento de Zugazagoitia (feito que seica tivo lugar antes de que Fernández Flórez se presentara a declarar) produciulle un gran desgusto.
Sobre as súas experiencias na Embaixada de Holanda e no Madrid de 1936, escribiría dúas novelas, Una isla en el mar rojo (1938) e La novela número 13 (1941). En 1945 ingresou na Real Academia Española e en 1959 recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio. En 1951 adaptou El capitán Veneno de Pedro Antonio de Alarcón para o cine, con dirección de Luis Marquina. Posteriormente as súas propias obras serían obxecto de numerosas adaptacións cinematográficas, en especial por Rafael Gil (El hombre que se quiso matar, 1942 e 1970; Huella de luz, 1943; Camarote de lujo, 1959), así como por outros directores, como Jose Luis Cuerda.
Obra
Busto de Wenceslao Fernández Flórez na Praza do Humor da Coruña.
Tumba de Wenceslao Fernández Flórez no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Publicou unhas corenta novelas e libros de relatos de humor, caracterizados estes por un humor irónico con moita retranca, ás veces próximo ó fantástico. Amósase moi sensible á paisaxe galaica, que envolve nun profundo lirismo. Moitas das súas novelas e relatos posúen contidos simbólicos. Non é un gran innovador en canto ás formas e estruturas novelísticas, senón que segue academicamente os modos da narrativa tradicional. Existen nel reminiscencias de Stendhal e de Eça de Queirós, ó que traduciu. A súa obra transmite unha mensaxe de escepticismo cara a un mundo que cambia só superficialmente e descoida valores espirituais e morais permanentes. As súas personaxes móvense entre a frustración e o fracaso. Pese ó subversivo, ás veces, do seu conservadorismo, gozou de gran prestixio durante o franquismo, publicando con regularidade artigos de prensa, facendo edicións das súas "Obras Completas" e dando a luz numerosas obras. Os autores e críticos da esquerda literaria non lle perdoan o feito de que non compartise os seus puntos de vista políticos e de que se aliñara inequivocamente co bando oposto, e en consecuencia, pasaron a silenciar o seu nome e a súa obra.
As preocupacións morais e o pesimismo do autor maniféstanse en case todas as súas novelas. Así, en El secreto de Barba Azul (1923) intenta demostrar que as paixóns moven as accións humanas, tese que se repite en Las siete columnas (1926), onde os sete pecados capitais constitúense, paradoxalmente, nos piares da sociedade. Tamén se ironiza sobre a hipocrisía en Relato inmoral (1928) e en El malvado Carabel (1931), sempre ofrecendo unha visión desencantada da sociedade baixo a aparencia do humor.
Libros
    Luz de luna (1915)
    Acotaciones de un oyente (Crónicas parlamentarias, 1916)
    Las gafas del diablo (1918)
    Volvoreta (1917; adaptada ó cine por José Antonio Nieves Conde en 1976 co título de Volvoreta)
    Ha entrado un ladrón (1922)
    El secreto de Barba Azul (1923)
    Visiones de neurastehia (1924)
    Las siete columnas (1926)
    Relato inmoral (1927)
    Fantasmas (1930)
    Los que no fuimos a la guerra (1930)
    El malvado Carabel (1931; adaptada ó cine por Edgar Neville en 1935, por Fernando Fernán Gómez en 1956 e por Rafael Valedón en 1962)
    Aventuras del caballero Rogelio de Amaral (1933)
    Una isla en el Mar Rojo (1938)
    La novela número 13 (1941)
    O bosque animado (1943; adaptada ó cine por José Neches en 1945, por José Luis Cuerda en 1987 con guión de Rafael Azcona, e por Ángel de la Cruz e Manolo Gómez en filme de animación en 2001)
    El toro, el torero y el gato (1946)
    Fuegos artificiales (1954)

La procesión de los días (1915)
   La tristeza de la paz (1910)

O bosque animado (novela)

O bosque animado é unha novela de Wenceslao Fernández Flórez, publicada en 1943 en lingua castelá co título orixinal de El bosque animado. Foi traducida ao galego por Xela Arias e publicada en 1987 por Edicións Xerais.

Narra a vida dunha parroquia rural próxima á Coruña. Nela hai unha fraga atravesada por camiños húmidos e escuros por onde fuxían as criaturas que o habitaban, ao máis mínimo rumor da presenza humana. O bosque é animado non só pola animación da vida que o envolve, senón tamén polas ánimas dos seres que nela viven, as árbores que non deixan ver o bosque, os animais que se desenvolven entre eles, ou os vivos e mortos que viven nel ou ao seu redor. É a historia dun mundo que xa non é, e o autor describe un mundo poético das raíces de Galicia.

SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
 E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

QUEN FOI ... RAFAEL DIESTE ?


Rafael Dieste

 

O 29 de xaneiro de 1889 nacía na rúa de Abaixo de Rianxo Rafael Dieste Gonçalvez. Periodista, escritor, poeta, dramaturgo, ensaísta, editor, crítico de arte... Poucos ámbitos do coñecemento humano escaparon á súa curiosidade e caracterizouse por manter, ó longo de toda a súa vida, unha coherencia ética e intelectual paradigmática na historia contemporánea da Galiza.
Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e Galicia. Participou na experiencia de educación popular máis ambiciosa nunca realizada en España, as Misións Pedagóxicas, das que foi xefe de equipo e creador-director de Teatro Guiñol de Misiones, para o que escribiu numerosas farsas. Durante o seu labor neste proxecto coñece a Carmen Muñoz Manzano, cacereña, inspectora de Primeira Ensinanza e Misioneira, coa que casaría pouco despois. En 1935, e a través dunha beca, os problemas do teatro en Francia e Bélxica.

Na súa adolescencia emigrou a México. De volta á Galiza exerceu como xornalista colaborando con
En plena Guerra Civil, o matrimonio Dieste asume un compromiso activo coa causa republicana, materializado, entre outros ámbitos, na súa participación na organización e actividades da Alianza de Escritores Antifascistas. Neste periodo Rafael é nomeado director de Teatro Español de Madrid; funda, xunto con Sánchez Barbudo e Gil Albert, a revista Hora de España. Dirixe a publicación Nova Galicia e funda as revistas El mono azul e El buque rojo. En 1938 incorpórase á fronte do Leste onde, xunto con Sánchez Barbudo, é redactor da revista El combatiente del Este.
Rematada a Guerra, pasa un breve periodo nun campo de concentración francés do que sae para exiliarse, xunto con Carmen (convalecente nun hospital francés por mor das feridas que lle ocasionou o bombardeo de Figueres) en Bos Aires, vía Montevideo (onde reside o seu irmán, Eduardo). Nesta primeira estancia na Axentina desenvolve unha intensa actividade editorial, vencellado a proxectos como Atlántida, Emece, e revistas como Correo Literario, nos que tamén se atopan presentes Luis Seoane, o seu grande amigo, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, etc. Entre 1949 e 1952 foi lector de español en Cambridge e, no 1953 incorpórase ó Instituto Tecnolóxico de Monterrei (México) como profesor de Lingua e Literatura Española. No 1955 retorna o matrimonio Dieste a Bos Aires, dando así inicio á segunda etapa bonaerense no exilio, que durará ata o seu retorno a Galicia, no 1961, e que se caracteriza pola continuación do traballo editorial e a participación en actividades de carácter cultural íntimamente vencelladas coa Terra (colabora na posta en marcha do proxecto Sargadelos, o Laboratorio de Formas de Galicia e o Museo Carlos Maside, iniciativas de Isaac Díaz Pardo; participa en AGUEA, Agrupación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas, fundada en Bos Aires por Ramón Baltar, etc.).
A vontade de estilo na fala popular contestado por Domingo García Sabell. Morre Rafael Dieste en Rianxo, víctima dun accidente doméstico, o 15 de outubro do 1981.
En agosto do 1961 regresan definitivamente a Galicia, establecendo a súa residencia en Rianxo e A Coruña. No 1970 Rafael Dieste ingresa como membro na Real Academia Galega da Lingua, co discurso
Publicou, entre outras, as seguintes obras: En teatro: A fiestra valdeira (Santiago 1927), Viaje y fin de Don Frontan (Vilagarcía 1930), Quebranto de Doña Luparia y otras farsas (Madrid 1939), Viaje, duelo y perdición (Bos Aires 1945), Teatro I e Teatro II (Barcelona 1981, edición a cargo de Manuel Aznar Soler).
Rojo farol amante (Madrid 1933), así como unha morea de poemas non recollidos en libro.
En poesía:
En narrativa: Dos arquivos do trasno: contos do monte e do mar (Vigo 1926), Historias e invenciones de Felix Muriel (Bos Aires 1943), así como unha gran cantidade de relatos non recollidos en libro.
Como ensaios e tratados: La vieja piel de mundo: sobre el origen de la tragedia y la figura de la historia (Madrid 1936), Luchas con el desconfiado (Bos Aires 1948), Nuevo tratado del paralelismo (Bos Aires 1956), Pequena clave ortográfica (Bos Aires 1956), Diálogo de Manuel y David (Vigo 1965), Qué es un axioma?: Movilidad y semejanza (Vigo 1967), A vontade de estilo na fala popular: Discurso lido o día 18 de abril de 1970 na súa recepción pública... (A Coruña 1971), Testamento geométrico: Introducción a Euclides, Lobatchevski y Riemann. Los movimientos de Geometría. Tres demostraciones del V Postulado (A Coruña 1975), El alma y el espejo (Madrid, 1981), La isla: Tablas de un naufragio (Barcelona, Antrophos, 1985).
En periodismo: Entre a terra e o ceo: prosas de mocedade 1925-1927 (A Coruña 1981; edición a cargo de Manuel Aznar Soler).
Outras obras: Testimonio y Homenajes (Barcelona 1983), Encontros e vieiros: Once charlas sobre plástica, teatro e literatura (A Coruña 1990; edición a cargo de Arturo Casas), Guerra literaria (A Coruña, edición a cargo de Claudio Rodríguez Fer), Obra Galega Completa (Vigo 1995, edición a cargo de Xosé Luis Axeitos).



SIGUENOS NO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/ E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg

UNHA VIAXE POR GALIZA (1953-1958)

UNHA VIAXE POR GALIZA

Realizado en tres etapas, entre 1953 e 1958, na medida en que o autor viaxaba a Galicia e ía recompilando material. A película arranca en Bos Aires, sendo unha excursión polas catro provincias galegas, onde non faltan festas e romarías. Restaurado polo CGAI.
https://www.youtube.com/watch?v=dnnyICQQiSI
Manuel Arís Torres naceu en Poio o 26 de setembro de 1920, os nove anos emigra cos seus pais a Montevideo, fai estudos de torneiro e colabora no Centro Galego.Coñece ó cineasta uruguaio Daniel Spósito Pereira colaborando na realización de dúas películas: El pibe Carlitos (1950) e El desembarco de los treita y tres orientales (1952). Entre 1952 e 1973 coordinará o programa de radio “ Por los caminos de España”. Elabora documentais realizados nas viaxes a España e Galicia que terán grande éxito na poboación emigrante de Uruguai e Arxentina.Ten catalogadas preto de cincuenta documentais relacionados con Galicia. Os máis importantes son: CAMINO DE ESPAÑA EN EL URUGUAY(1954-1959) recolle actividades festivas dos emigrantes galegos en Montevideo, UN VIAJE POR GALICIA (1953-1958) guía audiovisual polas catro provincias con festas, romarías e espectáculos incluídos, POR LOS CAMINOS DE ESPAÑA (1959) escenas mariñeiras e agrícolas e vistas de distintas vilas comezando por Galicia e continuando por diversa provincias españolas, TIERRA DE NUESTROS MAYORES (1959) a película e un semidocumental, pois conta con varias escenas interpretadas por Amalia Sánchez Ariño e por Francisco Fernández.Ten como sipnose a chegada de América do fillo rico co obxecto de visitar a súa nai na Galicia, feito adornado con imaxes de paisaxes e vilas. O Concello de Poio fixo unha homenaxe a Manuel Arís consistente na proxección de dúas películas os días 10 e 11 de agosto de 1997.
No vídeo unha selección da longametraxe UNHA VIAXE POR GALIZA con imaxes da Lanzada, Portonovo, Sanxenxo e Combarro. É pena a mala calidade da copia.
 
NOSO FACEBOOK https://www.facebook.com/GalizaOficial/
E TAMEN EN YOUTUBE https://www.youtube.com/channel/UCNjvDj15Vlpio21zo7p8Efg